viernes, 18 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA

Empezamos as vacacións de Semana Santa, cun poema do escritor das Letras Galegas 2016, Manuel María. Se xa coñecemos os poemas dedicados ao Sol e a Lúa, hoxe tócanos O Arco da Vella.




O arco da vella.

O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.


O arco da vella
con sete colores
que tejen, no ceo,
beleza de flores.


O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín
co seu colorado.


O arco da vella 
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.


O arco da vella
de luz feito é.
Resulta un milagre
que siga de pé.

                                          Manuel María.

No hay comentarios:

Publicar un comentario