martes, 29 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ

DECÁLOGO PARA O DÍA DA PAZ


Resultado de imaxes para imagen para el día de la paz




Ti, es alguén moi importante. Quérete

Valora as túas amigas e amigos. Daraslles seguridade.

Descobre todo o que te une aos demais por riba do que te separa.

Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.

Aprende a escoitar. Comprenderás mellor as todas as persoas.

Cumpre coas túas obrigas. As demais persoas o precisan.

Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todxs xuntxs.

Comparte. Serás máis feliz.

Pon PAZ dentro de ti, deste xeito tamén a estarás poñendo ao teu redor.


luns, 28 de xaneiro de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe a nosa entrada é moi especial. Tivemos a sorte de que Xiana, Paula e Olga, de 5º, contárannos o conto "O monstro de cores"; e despois todas e todos xuntos, cantamos unha canción sobre as emocións.

Moitas grazas ás conta contos, e as nenas e nenos de EI, polo seu entusiasmo e a atención que prestaron ao conto.

SODES FANTÁSTIC@S!!!


As fotografías:










O vídeo:




xoves, 10 de xaneiro de 2019

VENRES DE CONTO






Ola amiguiñas e amiguiños, como vos foi no Nadal? Seguro que os pasáchedes xenial. Eu teño o bandullo cheo de comer tantas larpeiradas, pero agora vou empezar a facer exercicio e camiñar polo bosque.

Andiven estes días vendo os contos que tedes pola biblioteca e gustei moito deste que vos deixo aquí, espero que vos tamén  gocedes desta historia.

Bicos herculinosssss!!!!!



AS PRINCESAS TAMÉN SE TIRAN PEIDOS



martes, 8 de xaneiro de 2019

CANCIÓNS DE ANIVERSARIO EN GALEGO

IMAXE: ARASAAC.

CANCIÓNS PARA CELEBRAR O CUMPRE HAI MOITAS E ALGUNHAS DELAS ESTÁN NA NOSA LINGUA. NESTE ARTIGO, OFRECÉMOSVOS TRES TEMAZOS PARA FESTEXAR ESE DÍA AO GRANDE.
ESTA PRIMEIRA É A VERSIÓN CLÁSICA INTERPRETADA POLA TROPA DE TRAPO:



A SEGUNDA, UNHA VERSIÓN MÁIS FESTEIRA E MOVIDA PUBLICADA POLA MESA POLA NORMALIZACIÓN:


E PARA DERRADEIRA ELIXIMOS A VERSIÓN MÁIS ROCKANDROLLEIRA DO MÍTICO PROGRAMA DA TVG XABARÍN CLUB: