domingo, 30 de maio de 2021

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños! Sabedes que en You Tube hai un canal sobre animais moi interesante? Pois eu vexo moitos dos seus vídeos porque son moi interesantes para coñecer o mundo animal dos máis diminutos.

O de hoxe é unha mostra de tenacidade e perseverancia, malia que o animal sexa tan minúsculo.

Bicos herculinosssss!





xoves, 27 de maio de 2021

O CONTO DOS VENRES.

 


Ola amiguiñas e amiguiños, coñecedes o xogo do "Veo Veo", pois para rematar a semana aquí vos deixo un conto que se títula...

VEO VEO.

                                                                                                    Edt.Kalandraka

Boa fin de semana e bicosssss herculinosssssssss!

martes, 25 de maio de 2021

CANTA COMIGO.

 


Ola amiguiñas e amiguiñas, penso que xa coñecedes está canción, pero gústame tanto que aquí vola deixo outra vez. Porque, a min e a Herculina, gústanos moito a lúa!
Bicos herculinosssssss!

LÚA.

                                                                                                            Sonárbore


domingo, 23 de maio de 2021

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, ollade que fermosa curtametraxe atopei! Títúlase " Surprise". Non teño máis que pedirvos que a vexades.

Bicos herculinosssssss!




xoves, 20 de maio de 2021

RAKONTO VERDE


Ola amiguiñas e amiguiños, esta cabeza miña de tantos anos anda un pouco despistada e xa esquecera escribir no Rakonto Verde, que tan importante é para min. Porque de que coidedes o noso planeta depende a supervivencia de todos nós, dos nosos bosques, do mar... 

Velaí van unhas recomendacións para que me axudedes:

O 17 de maio, ademáis de ser o Día das Letras Galegas, tamén foi o día de tres palabras que empezan pola mesma letra e, que como os libros, tamén melloran a vida do noso planeta.

Esas tres palabras xa son coñecidas por vós, pero a pregunta é: Estamos a utilizalas correctamente? Imos ver.

REDUCIR

     REUTILIZAR

 RECICLAR


Reciclar non é dabondo para parar a contaminación de plásticos que sofre o noso planeta. Temos que lembrar as outras dúas "erres": REDUCIR E REUTILIZAR.

A reciclaxe, que comezou como unha solución ao noso lixo, xa non é suficiente para loitar contra a contaminación plástica que está a invadirnos. Que podemos facer?

- sustituir os envases plásticos por bolsas de tea, evitar produtos envasados, botellas de plástico...

E, se xa fas isto, entón RECICLA, depositando no contedor amarelo.

Fixate nesta imaxe de Aurora Portillo, na que as froitas nos envían unha mensaxe moi clara!



VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe un conto titulado "Mago Rosa", con palabra máxica e todo!

Que teñades unha boa fin de semana!

Bicos herculinosssssssss!


MAGO ROSA


                  

                                                                                               OQO EDITORIAL

martes, 18 de maio de 2021

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, xa estamos de volta, aínda que esta semana é máis curta. Mais como é  mércores,  nós a empezamos cantando cunha canción de Sonárbore que se titula O semáforo.

Xa sabedes que hai que mirar ben os semáforos cando imos cruzar unha rúa, non si?

Espero que vos guste!

Bicos herculinosssssssssss




xoves, 13 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS

Con este traballo tan fermoso do alumnado de 6ºA e 6ºB, rematamos a semana dedicada ás Letras Galegas, mais o noso interese pola poesía e por Xela Arias, non esmorece hoxe.

Velaí a nosa homenaxe!

#XelaAriasLetrasGalegas21






martes, 11 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS

 


Ola amiguiños e amiguiños, aquí vos deixo unha canción "Canto sei" baseado nun poema do libro Darío a diario, feito polo alumnado de 4º a 6º de primaria do CEIP do Carballal de Marín.
Moitos parabéns a esta rapazada polo seu fermoso traballo!

Animádevos a bailar vos tamén!

Bicos herculinosssss!


CANTO SEI!


domingo, 9 de maio de 2021

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, xa quedan poucos días para celebrar as Letras Galegas, e este ano gústame moito a poeta á que están dedicadas, Xela Arias. O meu libro favorito é Darío a diario. 

Estou seguro de que xa sabedes unha morea de cousas sobre a poeta, pero atopei este vídeo e volo envío porque a min gustoume moito. O fixo o alumnado de 5º do Colexio San Pio X de Ourense. 

Moitos parabéns a esta rapazada  polo seu traballo!

Bicos herculinossssss!


VIDA E OBRA DE XELA ARIAS CASTAÑO








xoves, 6 de maio de 2021

VENRES DE CONTO


Ola amiguiños e amiguiñas! Xa quedan poucos días para rematar o curso e que disfrutedes dunhas merecidas vacacións.

Esta é a última entrada do blog ata que volva en outubro. Non esquezades pasear, ir á praia, xogar cos amigos e amigas, e ler moitos libros.

Tampouco vos esquezades de levar con vós un recipiente para gardar o lixo e non deixalo polos bosques, que xa sabedes que logo coa calor pode haber incendios, ou cando ides á praia para que logo os peixes non coman un plásticos, que xa sabedes que iso é terrible para eles.

Moitos, moitos bicos de Herculina e meus!

 Gozade das vacacións!!! Ah! E xa sabedes, hai que compartir as tarefas da casa.

MARUXA



VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiños e amiguiñas, gustoume moito o vídeo que fixestes para o Día do Libro e lembrei que a Carla gustoulle moito o conto Chibos chibóns.

Pois velaí o tedes! A que os bos contos nunca cansamos de escoitalos!

Boa fin de semana e bicos herculinosssssss!




martes, 4 de maio de 2021

CANTA COMIGO






Ola amiguiñas e amiguiños! Xa que vai chegando o verán e as vacacións, que mellor que esta canción. E ollade que vídeo máis chulo!

Bicos herculinosssss!




ESTAMOS NO VERÁN. Sonárbore.


 

CANTA COMIGO.


 Ola amiguiñas e amiguiños, gustoume moito esta canción de Pablo Díaz porque gústame moito viaxar. Hai moita formas de facelo, lendo, en coche, en bicicleta, camiñando, falando cos amigos e amigas.

Pois, ala, a cantar!

Bicos herculinosssssss!




luns, 3 de maio de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 


Ola amiguiñas e amiguiños, mirade que marabilloso traballo fixeron os vosos compañeiros e compañeira de 5ºA. Unha biografía sobre a autora do libro Vampira de biblioteca, Ledicia Costas.
Moitos parabéns! Encantoume!
Bicos herculinosssssssss!




domingo, 2 de maio de 2021

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe vos deixo unha curtametraxe que me fixo moita graza. Seguro que todas e todos sabedes o difícil que é meter un gol. Pois ollade, ollade....

Bicos herculinossssssss!