xoves, 20 de maio de 2021

RAKONTO VERDE


Ola amiguiñas e amiguiños, esta cabeza miña de tantos anos anda un pouco despistada e xa esquecera escribir no Rakonto Verde, que tan importante é para min. Porque de que coidedes o noso planeta depende a supervivencia de todos nós, dos nosos bosques, do mar... 

Velaí van unhas recomendacións para que me axudedes:

O 17 de maio, ademáis de ser o Día das Letras Galegas, tamén foi o día de tres palabras que empezan pola mesma letra e, que como os libros, tamén melloran a vida do noso planeta.

Esas tres palabras xa son coñecidas por vós, pero a pregunta é: Estamos a utilizalas correctamente? Imos ver.

REDUCIR

     REUTILIZAR

 RECICLAR


Reciclar non é dabondo para parar a contaminación de plásticos que sofre o noso planeta. Temos que lembrar as outras dúas "erres": REDUCIR E REUTILIZAR.

A reciclaxe, que comezou como unha solución ao noso lixo, xa non é suficiente para loitar contra a contaminación plástica que está a invadirnos. Que podemos facer?

- sustituir os envases plásticos por bolsas de tea, evitar produtos envasados, botellas de plástico...

E, se xa fas isto, entón RECICLA, depositando no contedor amarelo.

Fixate nesta imaxe de Aurora Portillo, na que as froitas nos envían unha mensaxe moi clara!



Ningún comentario:

Publicar un comentario