xoves, 28 de outubro de 2021

O CONTO DOS VENRES

 



Ola amiguiñas e amiguiños, gústanvos os caracois? A min moito, ás veces quedo pampo mirando para eles. Son uns animais ben interesantes. Sabédes que canto máis grande é a cuncha do caracol, iso quere dicir que é moi maior, porque a súa cuncha vai medrando canda eles. E si, son lentos, camiñar un metro lévalles unha hora. Collede unha cinta e mirade canto é un metro.

De que vai o conto deste venres, pois dun caracol!

Bicos Herculinosssss!


CARACOL E SALTÓN



                                              Editorial OQO

martes, 26 de outubro de 2021

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, sabedes que teño unha formiguiña que non para de facerme cóxegas. E agora, vaia onde vaia, de súpeto, dame a risa e as amigas e amigos do bosque miran para min coma se estivese tolo, pero é que esta formiguiña é tremenda, ata  picoume no CU!!!

Bicos Herculinossssss!




domingo, 24 de outubro de 2021

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños! Que tal foi a fin de semana? Como xa estamos en outono, unha boa idea é ir recoller castañas, UMMMM que ricas! Tamén podedes recoller follas, agora as hai de tantos cores fermosos: marróns, verdes, amarelas, vermellas... é unha pasada.

Estes días estiven arranxando a cortiza do tellado da miña casa, así xa queda preparado para cando chegue o inverno e as choivas.

Falando de follas, seguro que sabedes que ás árbores saben cando as queremos e as tratramos ben. E se non, ollade este fermoso conto animado.


A CASA DA ÁRBORE





venres, 22 de outubro de 2021

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, o conto de hoxe é o dunha mosca que seguro xa oíchedes falar dela:

Bicos Herculinosssssss e boa fin de semana, compañeiras e compañeiros!


A CASA DA MOSCA CHOSCA




martes, 19 de outubro de 2021

CANTA COMIGO



Ola amiguiñas e amiguiños, non me esquezo do moito que gustades de cantar. A Herculina e a min tamén nos gusta moito e, como estamos no outono...

Bicos herculinossssssssssss

O OUTONO DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA



domingo, 17 de outubro de 2021

EMPEZAMOS!

 


Ola amiguiñas e amiguiños, como foi este verán? Seguro que o pasáchedes moi ben, pero eu xa tiña moitas ganas de comunicarme con vós, e a miña amiga Herculina tamén, que vos envía unha aperta moi grande, aínda que como xa sabedes somos pequenos pero damos unhas apertas cheas de cariño, por iso son tan grandes.

Herculina e máis eu fomos visitar as nosas amigas e amigos de Ourense e Pontevedra. En Ourense estivemos nun bosque que se chama Teixadal de Casaio, que é o bosque de teixos máis importante de Europa. Ten preto duns 300 teixos!!!

Ollade que fermoso...


Despois estivemos a visitar Pontevedra, e as amigas e amigos leváronnos ao Bosque Encantado de Aldán. Tedes que ir, porque hai un fermoso e diminuto castelo, e moitos muiños ao carón dun río que se chama Orxas.

Ollade...


Como vedes o pasamos moi ben, pero agora estamos moi contentos de estar na nosa casa e tamén con vós.
Empezamos! Aquí vos deixamos a noso primeiro conto animado. E xa que as horas de luz van sendo menos...

DÍA E NOITE