domingo, 31 de marzo de 2019

CONTOS CURTOS. SEMANA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Desde o ano 1967, o 2 de abril, a Organización Internacional para o libro xuvenil, celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Esta data coincide coa do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos como O soldadiño de chumbo, A serea, A raíña das neves...

Esta semana o noso blog estará dedicado a un dos mellores acontecementos da nosa vida, ler un libro, ou escoitar como alguén o le para ti.

Moitas e moitos de vós xa coñecedes esta curta, mais nunha semana tan especial paga a pena volver a velo.

Os fantásticos libros voadores do Señor Morris Lessmore



xoves, 28 de marzo de 2019

VENRES DE CONTO





Ola amiguiñas e amiguiños, este venres vos deixo un conto cun sabor moi doce. E que estou aprendendo a facer biscoitos de chocolate e por iso lembrei este conto. 
Xa sei que estades a facer batidos de plátano e que tamén ides a dar unha volta ao mundo. Por certo, gustoume moito ver os amorodos que tedes plantados. 

Cando saian, xa pasarei a comer algún.

Moitos bicos herculinos, sempre co nariz!!!






martes, 26 de marzo de 2019

domingo, 24 de marzo de 2019

ESTAMOS DE ANIVERSARIO NO COLEXIO. PARABÉNS A RAQUEL!!!


A nosa compañeira Raquel Dominguez Senin, de 5º B, é a creadora e gañadora do logotipo para celebrar o 50 aniversario do noso colexio, do que cada día estamos máis orgullosxs, grazas a todxs xs que o facedes posible.

Moitos parabéns Raquel e o nos agradecemento por un logo tan fermoso e inspirador!!!







VELAÍ O LOGOTIPO!!!



CONTOS CURTOS



PIPER











xoves, 21 de marzo de 2019

VENRES DE CONTO













Ola amiguiñas e amiguiños, estes días non vos escribín ningunha carta porque estiven con moito catarro. Cada vez que estornudo móvese toda a casa, pero agora xa estou mellor e quero deixarvos este conto con canción que tanto me animou mentres estiven enfermo.
Espero que vos guste este pitiño que vive feliz coa súa nai, mais un día que felices van facer un biscoito e Cocorico ofrécese para ir pola leña a acender o forno, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. Pero...

Moitos bicos herculinos... achissssssss!!!









martes, 19 de marzo de 2019

ASÍ APRENDEMOS NO RAQUEL CAMACHO

Na aula de 4 anos, constrúen as súas aprendizaxes manipulativamente antes de pasar a representación en papel. Sen dúbida, esta aprendizaxe previa é de gran axuda para as nenas e nenos, ademais de gozar aprendendo.









E o máis fantástico, están cun proxecto marabilloso: A volta ao mundo. Comezamos en Francia e descubrimos as froitas  en francés... Mmmmmmm














domingo, 17 de marzo de 2019

CONTOS CURTOS I

Hoxe, como ides ver, temos dúas entradas de Contos Curtos.

O venres 15 pola tarde estivemos contando un conto no noso barrio, na Libraría Suevia: Hai algo maís aburrido que ser unha princesa rosa?. A actividade foi anunciada en prensa, como podedes ver: 


 Este foi o marabilloso público:






Ei aquí as fantásticas e fantásticos conta contos:












Moitísimas grazas a todas pola vosa presenza. A Paula, Sheila, Sabela, Bruno, Gabi, Gari, Raquel, Yaiza, Amanda, Noa.V e Noa.B; polo seu traballo tan profesional, o esforzo e a ilusión.
E moitas grazas á Libraría Suevia, por acollernos con tanto cariño nese espazo no que as historias son o alicerce que move o mundo.



PARABÉNS!!!

CONTOS CURTOS II





MOBILE ANIMATION



luns, 11 de marzo de 2019

ASÍ TRABALLAMOS NO RAQUEL CAMACHO

Abrimos esta nova sección no noso blog, para que coñezades momentos do noso día a día no colexio. Eses, non que os vosos fillos e fillas aprenden involucrándose no proceso de aprendizaxe. E, nós, felices de participar e medrar con elas e eles.

Empezamos hoxe coa aula de 4ºB de EI, que estiveron compoñendo o nome da nosa autora, Rosalía de Castro.














xoves, 7 de marzo de 2019