mércores, 31 de outubro de 2018

CAMIÑO AO MAGOSTO: UNHA CANCIÓN



OUTRA NOVA ENTREGA DE RECURSOS PARA PREPARAR O MAGOSTO. DESTA VOLTA UNHA CANCIÓN BEN BONITA E CLÁSICA: NON CHAS QUERO. ENRIBA TENDES O VÍDEO CO KARAOKE INCLUÍDO. A COMER CASTAÑAS!

domingo, 28 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS DO NOSO AMIGO HERCULINO





Olaaaaaaaaaa:
Empezamos unha semana moi emocionante e moi terrorífica. Estou seguro que hai un conto que vos gusta especialmente, a que adiviño... empeza por... Corre, corre... a que xa sabedes a palabra que falta.

Pois a miña amiga Herculina non coñecía este conto e agora non para de lelo e de cantar a canción. 

Aquí vos deixo o conto, TERRORIFICAS E TERRORÍFICOS!!!

BICOSSSSSSSSS




mércores, 24 de outubro de 2018

CAMIÑO AO SAMAÍN: UN PAR DE CANCIÓNS QUE METEN MEDO


LOGO DA CANCIÓN DE CORRE CORRE, CABACIÑA, SEGUIMOS COA TEMÁTICA DO SAMAÍN. PREMEDE NO VÍDEO E PODEREDES ESCOITAR UNHA TERRORÍFICA CANCIÓN: O SAMAÍN DE MAMÁ CABRA. FORMA PARTE DO SEU DISCO PATATÍN PATATÁN DO ANO 2008 E PODEMOS AVENTURAR, SEN MEDO, QUE VOS VAI ARREPIAR. O VÍDEO AMOSA A LETRA COMO SE FOSE UN KARAOKE, ASÍ QUE VOS VAI RESULTAR DOADO CANTALA SENTINDO CALAFRÍOS!
A OUTRA CANCIÓN CÁNTAA UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA. TITÚLASE O SAMAÍN E SOA MOITO A ROCK BRAVÚ. VAIVOS GUSTAR SEGURO!

domingo, 21 de outubro de 2018

xoves, 18 de outubro de 2018

VENRES DE CONTO. A FIGUEIRA DE PELOSTORTOS







Ola amiguiñas e amiguiños:

Deixovos o conto "A figueira de Pelostortos", este conto gustoume moito e espero que a vós tamén. Rin un bo rato, je, je, je

Imos dicir todxs xuntxs como di Pelostortos:

Antes me leven as almas en pena, que darvos un figo da miña figueira!











martes, 16 de outubro de 2018

V CONCURSO DE RELATO BREVE "DÁME MEDO"

v Poderán participar todos os alumnos e alumnas que o desexen.

v Os relatos terán como extensión máxima un folio por unha cara.

v O tema terá relación coa festividade do Samaín.

v O prazo límite de presentación é o 5 de novembro.


v Os relatos entregaranse na Biblioteca en horario de recreo.

v A entrega de premios será na festa do Magosto. Os relatos premiados colgaránse no blog da biblioteca.








QUEN DIXO MEDO!!!

domingo, 14 de outubro de 2018

OUTONO





Ola queridas amigas e amigos:

Como xa sabedes estamos na estación do outono, unha das miñas favoritas.
—E sabedes porque?
— Polas cores do bosque. As árbores poden ser douradas, vermellas, marróns... o chan énchese de follas que fan crack, crack... cando as pisas e tamén hai castañas e cogumelossssss....Mmmmmm que saborosos.
Deixovos aquí un video coa música dun compositor que se chama Vivaldi que fixo música para as catro estacións do ano; esta é a que compuxo para o outono.
Ao mellor podedes probar a escoitala mentres facedes algunha tarefa ou ledes un conto.

Por certo, a miña amiga Herculina estivo collendo castañas, non tivo moito coidado e agora ten cravada a espiña dun ourizo na man. Está todo o día dicindo, UI, UI, UI... pero vai vir o meu amigo o doutor Crisanto e vailla quitar nun plis, plas.

Espero que vos guste a música de Vivaldi.

Bicos de gnómicos; sempre co nariz.

Herculino.







mércores, 10 de outubro de 2018

VENRES DE CONTO








Ola amigas e amigos:

Como todos os venres, hoxe imos ver un conto. Leichedes o conto de Cocorico, ese poliño que lle gusta axudar a todas as persoas? Seguro que a vos tamén gozades axudando ás vosas compañeiras e compañeiros.

Con este conto quero desexarvos unha feliz fin de semana longa!!!

Bicos herculinos. Sempre co nariz.


COCORICO





CAMIÑO AO SAMAÍN: UN CONTO CANTADO

IMAXE: OQO.
UNHA LECTURA XA CLÁSICA NAS AULAS DE INFANTIL DURANTE O SAMAÍN É CORRE CORRE, CABACIÑA. ESCRIBIUNO EVA MEJUTO E ILUSTROUNO ANDRÉ LETRIA. AQUÍ O TENDES EN VERSIÓN PELÍCULA.



PERO, OLLO, ESTE NON SÓ É UN LIBRO PARA LER! GRAZAS A ALMUDENA JANEIRO, NO SEU DISCO CONTOS EN CANTOS, PODEMOS GOZAR DUNHA CANCIÓN SOBRE O CONTO. AQUÍ TENDES A LETRA E O VÍDEO.



ERA UNHA VELLIÑAQUE FOI CONVIDADA 
Á VODA DUNHA NETA: 
XA ESTOU PREPARADA!
E TOPOU CUN LOBO:
QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, LOBO,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O LOBO, QUE É BOBO
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
ANDOU POLO CARREIRO.
E TOPOU CUN OSO: QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, OSO,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O OSO ORGULLOSO,
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”.
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
ANDOU POLO CARREIRO.
E TOPOU CUN LEÓN:
QUÉROTE PAPAR!
NON ME COMAS, NON,
TEÑO QUE ENGORDAR! 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

O LEÓN LAMBÓN,
DIXO “AQUÍ TE ESPERO”
E A VELLIÑA ANDOU, ANDOU,
CHEGOU POLO CARREIRO.
AO DÍA SEGUINTE,VODA E XANTAR
A FESTA RACHADA
VAI COMEZAR. 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

A NOIVA QUE É LISTA,
FOI CORRENDO Á HORTA.
E Á CABAZA GRANDE,
ABRIULLE UNHA PORTA.
A AVOA QUE É LISTA,
BOTOUSE A RODAR
E AOS TRES FAMENTOS
CONSEGUIU BURLAR. 

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

NON VIN VELLA, NIN VELLIÑA,
NIN VELLIÑA, NIN VELLÓN.
CORRE, CORRE, CABACIÑA,
CORRE, CORRE, CABAZÓN.

domingo, 7 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS DO NOSO AMIGO HERCULINO





Ola amigas e amigos:

Onte pola noite estiven vendo este corto coa miña amiga Herculina e gustounos moito. Sabedes por que? Pois porque ten moita razón o que nos contan nesta historia; cando somos amables e educadas coas compañeiras e compañeiros o mundo énchese de cores.

Esperamos que vos guste tanto como a nós!

Bicos herculinos. Sempre co nariz!!!


Color Your World With Kindness










martes, 2 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS





Ola amigas e amigos!!!

Hoxe déixovos esta curta de animación que espero vos guste; pois para min tamén é moi importante a amizade.

Bicos herculinos. Xa sabedes, sempre con nariz!!!

"MONSTERBOX"

A importancia de coidar as nosas amigas e amigos, cada día, igual que coidamos as plantas, os xoguetes, os libros...