xoves, 28 de novembro de 2019

luns, 25 de novembro de 2019

PALABRAS PARA UNHA IMAXE




Ola amiguiñas e amiguiños, onte foi o 25 de novembro, unha data moi importante todos os días, xa que a violencia non é boa nunca. No meu bosque todxs somos iguais e cando temos algunha diferencia a solucionamos falando.
Hoxe quero participar nesta entrada do blog poñendo eu a imaxe e que vos elixades a palabra.



martes, 19 de novembro de 2019

CANTAMOS?




Ola amiguiñas e amiguiños do Raquel Camacho, entereime que o venres estivestes de aniversario e que o voso colexio cumpliu 50 anos. Iso é moi pouco comparado cos meus 150 anos, xa sabedes que os gnomos somos moi lonxevos. 
Cando un colexio cumpre cincuenta anos, quere dicir que pasaron por el moitas alumnas e alumnos, mestras, mestres, familias ... e iso é un motivo de alegría.
Por iso vos deixo esta canción para que lla cantedes ao voso colexio.

Cincuenta bicos herculinossssss!!! MOITOS PARABÉNS!!!


domingo, 17 de novembro de 2019

PARABÉNS!!!

MOITOS PARANS!!!





Este venres 15 de novembro cumpriu cincuenta anos o noso colexio, e con el todas as persoas que fixeron e están a facer do Raquel Camacho un lugar de entendemento, de ilusión e desa palabra tan fermosa que é sororidade.
Nesas mesas e nesas cadeiras nas que vos sentades cada día estiveron, nalgúns casos, as vosas nais e os vosos pais; mestras e mestres que xa non están con nós e outros que están por vir; familias que colaboran día a día para que todo sexa máis doado para todas.
Entre toda a comunidade chegamos até aquí medrando, rindo, correndo, lendo, contando contos, xogando, e tamén, porque non, rifando en ocasións. Porque un colexio é o mais semellante a unha bola do mundo na que todas as persoas imos aportando algo para que cada día sexa mellor que o anterior; para aprender  xuntas e con todo iso construades e sumedes, os antónimos destas palabras non nos gustan no Raquel Camacho. 
Grazas a todas por chegar cada mañá cando soa a canción e encher de risas, frases inxeniosas e olladas curiosas, este espacio que sen vos non tería razón de existir.

Grazas por estes cincuenta anos!!!

E non esquezades que entre todas podemos facer un mundo...


CONTOS CURTOS




STICKS & STONES





xoves, 14 de novembro de 2019

VENRES DE CONTO





Ola amiguiña e amiguiños, e andando andando, chegamos ao venres de conto. Que aventura vivirán os sete cabritiños?

Bicos herculinossssss!!!



OS SETE CABRITIÑOS




mércores, 13 de novembro de 2019

CANTAMOS?





Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha canción que nos gustou moito a miña amiga Herculina e a min.
Que fermoso é saudar cando chegamos pola mañá!!!
Bicos herculinossssss!!!




OLA OLA




luns, 11 de novembro de 2019

MOITOS PARABÉNS!!!

Hoxe no Recomendamos, as gañadoras e gañadores do VI Concurso de relatos "Dame Medo".

MOITOS PARABÉNS  E MOITAS GRAZAS POR ESAS HISTORIAS TAN TERRORÍFICAS!!!

QUE MEDO PASOU O XURADO!!!


Aula 4º A de  EI polo relato: A momia Princesa e o vento

Aula 4º B de EI polo relato: A bruxa e o vampiro.

Santiago da aula de 2º A polo relato: O vampiro

Driannys da aula de 2º B polo relato: A noite tenebrosa de Samaín.

Bianca da aula de 3º A polo relato: O neno que salvou o seu país.

Gabriel da aula de 4º A polo relato: Os catro pantasmas.

Lucía da aula de 4º B polo relato: O reloxo.

Ángela da aula de 5º A polo relato: Atrapados no Samaín

Zaida da aula de 5º B polo relato: A cabaza máxica.

Miguel da aula de 6º A polo relato: O ascensor maldito

Noa. V de 6º B polo relato: O túnel do terror

domingo, 10 de novembro de 2019

xoves, 7 de novembro de 2019

VENRES DE CONTO




Ola amiguiñas e amiguiños, aqui vos deixo o conto: A castaña que rebentou de risa, e ides saber porque as castañas teñen dúas cores.

MOITOSSSS BICOSSSS E FELIZ MAGOSTO!!!








mércores, 6 de novembro de 2019

CANTAMOS?






Ola amiguiñas e amiguiños, xa chega o magosto e o bosque está cheo de ourizos que agochas ricas castañas. Fermoso agasallo o que nos fan os castiñeiros.
A Herculina e a min gústannos asadas, cocidas, en biscoito... e a vós?

Aquí vos deixo O RAP DO MAGOSTO, porque a min gústame tamén moito o rap.

Bicossss herculinossssssss!!!!



luns, 4 de novembro de 2019

SAMAÍN NA NOSA BIBLIOTECA


Este Samaín, visitaron a nosa biblioteca personaxes moi especiais.






Algúns agocháronse!



Tamén tivemos lecturas terroríficas!!!









E, un agasallo moi especial e que nos gustou MOITO!!!


CONTOS CURTOS







Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha curtametraxe que explica moi ben porque os plásticos nunca teñen un bo final na natureza.
Así que xa sabedes, NUNCA, NUNCA, tiredes plásticos ao mar.
Bicos herculinossssssss.