luns, 30 de outubro de 2017

TACHAN TACHAN

O fallo do xurado do concurso de relatos "DAME MEDO" , composto por mestras, mestres e Herculino, decidiu por unanimidade conceder os seguintes premios:

Imagen relacionada


* A aula de 1ºB polo relato "A Meiga Encantada". Destaca a boa presentación, as fermosas ilustracións e o sentido de humor da historia.

Resultado de imagen de meigas gallegas


* A Diego Torren Martín de 2º A, polo relato " O Boli Pinchón", pola orixinalidade da historia e ser quen de contar un conto de Samaín sen cabazas e bruxas.

Resultado de imagen de boligrafo de  halloween



* A Sandra Priggione Fernández de 4ºB, polo relato " A outra historia do Samáin" pola  orixinalidade do plantexamento e pola incorporación doutros libros relacionados coa temática do medo.

Resultado de imagen de samain



* A Brenda Nosa Enabulele de 5ºA, polo relato "A máscara encantada". Destaca neste relato a capacidade para alonxarse da temática típica do Samaín e relacionar esta festividade coas máscaras africanas, así como pola orixinal estructura do relato.

Resultado de imagen de mascara africana de halloween




* A Nerea Busto Pan de 6ºA, polo relato "A Cabaza Ernesta". Destaca neste relato a capacidade para conxugar a temática do Samaín cunha intencionalidade didáctica por parte da autora.


Resultado de imagen de calabazas de samain simpáticas


* A aula de 4ºA EI, polo seu relato "A Bruxa e os Parrulos", no que destacan as virtudes do chocolate nestas datas tan meigas.


Resultado de imagen de bruxa  de samaín


*A aula de 4ºB EI, polo seu relato "Un Parrulo Malísimo", agradecemos a lembranza máxica que se fai dos esqueletos neste relato.    
Resultado de imagen de un pato con cara de malo



* A aula de 5ºA EI, polo relato "A Bruxa e o Vampiro", destaca neste relato unha fermosa ilustración que nos describe con exactitude a historia que imos ler e o final feliz.

Resultado de imagen de vampiro


*A aula de 5ºB EI  polo relato " O Conxuro Máxico" e por lembrarnos a dous personaxes tan importantes nestas datas com Drácula e a Bruxa Piruxa.

Resultado de imagen de conxuro de samaín

  
* A aula de 6ºA EI polo relato "Samaín na aula" que destaca pola súa orixinalidade na narración da historia, a combinación de texto e narración ao mesmo tempo que o relato terrorífico na aula.
   
Resultado de imagen de samaín na aula



*A aula de 6ºB EI polo relato " A Cabaza Terrorífica". Destaca o gran protagonismo dun personaxe fundamental no Samaín como é a cabaza, e o ritmo trepidante da historia. Así como o traballo d@s ilustrador@s.

Resultado de imagen de calabaza terrorífica


MOTÍSIMAS GRAZAS A TOD@ POLOS VOSOS RELATOS, SODES TERRORÍFIC@S.


PD: Os premios seran entregados na Festa do Magosto.

DISEÑO DESTA ENTRADA FEITO POR HERCULINO, QUE TIÑA UN DÍA TERRORÍFICO COMA VÓS.

GRRRRRRRRRRRR!!!!!!

CORRE, CORRE ...

Este conto xa é un clásico do Samaín por iso, non podíamos esquecernos de poñelo no noso blog.




venres, 27 de outubro de 2017

mércores, 25 de outubro de 2017

luns, 23 de outubro de 2017

A ACTUACIÓN DO NOSO COMPAÑEIRO UNAI CEREIJO GARCÍA DE 5ºB

Vos deixamos nesta entrada o video no que poderedes ver ao noso compañeiro Unai Cereijo García de 5ºB, na actuación que lle deu a Medalla de ouro de España no Campeonato de Patinaxe Artístico Alevín e Infantil 2017.


Gozade da fermosa composición que fixo Unai coa música de Gladiator.

(Tedes que avanzar o video ata o tempo 2:37:43)

Unha vez máis... Parabéns!!!




HERCULINO.






Hola a tod@sss:
Xa que estamos chegando ao Samaín que mellor que xogar para aprender. A ver canto sabedes!
Só tedes que facer click no enlace que está ao final. Como vedes estou aprendendo moito de informática, jejejeje

Espero que vos guste o meu xogo. Bicos gnómicos. Xa sabesdesssss sempre co nariz.

Herculino.

http://centros.edu.xunta.es/ceip.manuel.fraga/unidades/samain/xogosamain.html


CONTOS CURTOS

"LÉVAME CONTIGO"


domingo, 22 de outubro de 2017

UNHA DÉBEDA.

ESTA ENTRADA É PARA OS NENOS E NENAS DA AULA DE 6ºB DE EI.

EL@S XA SABEN



VOS PIDO DISCULPAS POLO DESPISTE, ESTES DÍAS ANDO MOI ATAREFADO.

BICOS GNÓMICOS DE HÉRCULINO. XA SABEDES SEMPRE CO NARIZ.


xoves, 19 de outubro de 2017

martes, 17 de outubro de 2017

UNHA ENTRADA MOI ESPECIAL

Hoxe temos unha entrada da que nos sentimos moi orgullos@s.
O noso compañeiro Unai Cereijo García de 5ºB, ven de gañar a Medalla de Ouro de España no Campionato de Patinaxe Artístico.

Quedas parabenizado Unai!!!





Estamos moi contentos e desexamos que o vindeiro 1 de novembro, na Copa de Europa, teñas a mesma sorte. En calquera caso o máis importante é participar e chegar ata aí.

Moita sorte Unai!!!

CARTA DE HERCULINO










Queridas amiguiñas e amiguiños:

Sei que estaredes preocupados por que o luns non vos mandei unha carta, pero estou moi tristeiro y non podía escribir nada.
Seguro que xa sabedes porque poño esta fotografía. Esta fin de semana houbo moitos incendios en Galicia. Arderon moitos bosques e morreron moitos animais. Aos gnomos, que como sabedes, vivimos nos bosques, isto ponnos moi tristes xa que é o noso fogar.

Os bosques son moi importantes para todos nós, sin eles non poderíamos respirar, son como os nosos pulmóns. Por iso, temos que querelos e coidalos moito.

Cando vaiades a pasear polo campo ou por un bosque, nunca prendades lume, vixiade que os maiores non tiren gabichas e se ides a comer, non tiredes papeis no chan, gardadeos nunha bolsa e despois tirades o lixo nun contenedor.
Tamén é moi importante que os maiores coiden e manteñan limpo o campo, e que non se planten tantos eucaliptos que non son bos para a nosa terra e arden con moita facilidade.

Xa sabedessssss… COIDADE OS BOSQUES.
BICOS GNOMICOS SEMPRE CO NARIZ.


HERCULINO.

luns, 16 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS



Resultado de imagen de Antonio García Teijeiro

Hoxe temos unha recomendación moi especial. Un dos mellores poetas galegos, Antonio García Teijeiro, ven de recibir o Premio Nacional de Poesía Infantil e Xuvenil, polo seu libro "Poemando o mar".
Desde a nosa biblioteca queremos celebralo cun dos poemas do seu libro e recomendandovos que o leades. Só tedes que pasar pola biblioteca a collelo e despois navegar polo mar a traves dos seus poemas.

Resultado de imagen de poemar o mar


Era un meniño algo rao
porque falaba co mar
dende un barco de papel
no que andaba a navegar.

Palabras azul celeste.
Palabras verde esmeralda.
Palabras de maruxía.
Palabras de area branca.

Din que o neno era algo raro
porque falaba co mar,
pero o barco que o levaba
ninguén o viu naufragar




MOITOS PARABÉNS A ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO!!!

CONTOS CURTOS



PIGEONS




xoves, 12 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN DE ARTE AFRICANA NA NOSA BIBLIOTECA

Queremos desde o noso blog da Biblioteca agradecer con cariño a xenerosidade de Salvador Corroto, dono de Atlántica Centro Arte, e de María, por agasallarnos cunha fermosa e interesante despedida para o noso proxecto “E ti, que pintas? África.
Encheu a nosa biblioteca de máscaras e esculturas de África. Con Salvador aprendimos o poder que poden ter os caracois de mar nunha máscara dun rei; o mismo poder que  poden ter para que Pablo Picasso crease o cubismo; que as moedas non parecen moedas; que as portas de madeira contan historias e moitas, moitas cousas máis. 



O seu lugar de traballo, Atlántica Centro de Arte, é unha empresa que traballa coa cultura e a arte como ferramenta de desenvolvemento social. Entre as súas instalacións conta cunha galería de arte contemporánea no circuíto nacional, e un taller de desenvolvemento creativo.

E agora imos coñecer algo máis de Salvador.








Ten 43 anos. Gústalle navegar e tamén andar en bicicleta, aínda que practica menos deporte do que lle gustaría. Está casado e é pai dunha nena de 7 anos, Carla. Cáeselle a baba cando fala dela. Salva, ou Salvador, naceu en Madrid, pero aos 9 anos a familia instalouse na Coruña. Estudou no Obradoiro, Salesianos, Liceo... «Era un pouco cafre. Bo, pero vago», lembra. Matriculouse en Turismo no Centro Español de Novas Profesións, que entón estaba en Zalaeta. «Quería ser hostaleiro», apunta este coruñés que tiña na seu cuarto infantil cadros de Peteiro e Vázquez Cereijo. «Un dos meus primeiros recordos deste mundo da arte é cando o meu pai quixo comprar unha peza de Luís Seoane e foi ao banco para pedir un crédito», rememora. Pero ata retomar a tarefa do proxenitor cursou un máster de dirección hostaleira en Madrid e durante 5 anos viviu en Honduras liderando un proxecto de cooperación para desenvolver un hotel-escola que xurdiu por mor da traxedia do furacán Mitch. «Foi unha experiencia única. Polas mañás podías estar con políticos e empresarios importantes e polas tardes buscando rapaces polas maras e barrios marxinais».

Gústalle viaxar. Da Coruña queda coa plazuela das Bárbaras, «ou calquera punto desde o que se vexa o mar». Declárase comilón e o seu prato favorito é a robaliza ao sal. Di que a súa principal virtude é a honestidade e a sinceridade. «Cada vez córtome menos», comenta. E o seu defecto máis destacado é que «me apaixono demasiado coas cousas, e iso no mundo da arte pode ser un problema». «Se me toca a primitiva cómprome un Picasso», asegura riseiro. Cada vez parécese máis ao seu pai. «A arte non é para as elites. Comprar unha obra non está ao alcance de calquera, pero ler sobre Picasso ou ir a un museo é gratis», sentenza.


MOITÍSIMAS GRAZAS SALVADOR.

Aquí tedes o video da exposición:



martes, 10 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS



Ola amigas e amigos:

Hoxe vos quero recomendar un conto que a min gustoume moito, titúlase "Orellas de bolboreta".

A nena do conto, chámase Mara e aínda que hai quen lle dí cousas pouco agradables, ela sempre ten un resposta fermosa. Eu tamén penso que é mellor cando nos dín cousas que non nos gustan, responder con frases fermosas.
Probade, xa veredes como da bo resultado!

Esta é a portada do libro e o tedes na biblioteca.

Resultado de imagen de orellas de bolboreta kalandraka



Espero que vos guste a miña recomendación!!! Bicos gnomicos, sempre co nariz.

xoves, 5 de outubro de 2017

EXPOSICIÓN DE ARTE AFRICANO NA NOSA BIBLIOTECA

 http://angata.net/wp-content/uploads/2016/10/Maternidad-Baul%C3%A9-con-3-ni%C3%B1os-268x268.jpg


A vindeira semana teremos unha fermosa exposición de Arte Africano na nosa biblioteca "Nai África -  A Orixe".
Organizaremos visitas para todos os cursos e tamén as vosas familias poderan visitala o martes pola tarde de 16:00 a 18:00. Tamén teremos un guía moi especial Salvador Corroto, Director de a Galeria de Arte Atlántica.
Estamos desexando vela!!!

martes, 3 de outubro de 2017

RECOMENDAMOS

TAM, TIM E TOM


Resultado de imagen de TAM TIM E TOM 


Tam, Tim e Tom...
que desastrados son!

O pequeno erguíase cedo e pasaba as mañás traballando no bosque;
o mediano erguíase máis tarde e só coidaba da horta e das galiñas;
o maior durmía ata que o corpo llo pedía e só se erguía para acender o lume e xogar...

A aparición do animal (un corvo) será decisiva para resolver unha situación tan incoherente,
para que as augas volvan ao seu sitio, as actividades se organicen de forma razoable,
e aínda quede tempo para o descanso e o lecer.

domingo, 1 de outubro de 2017

BENVIDA DE HERCULINO





Ola a tod@s:

Cantas ganasssss tiña xa de empezar a partillar con vós. Supoño que pasáchedesssss unhas estupendas vacacións, agora toca divertirse no colexio.
Este verán estiven facendo un cursiño de informática e a partir de agora vou comunicarme con vós polo blog da biblioteca, pero non vos descuidedes por que na miña caixiña atoperedes agasallos e tamén podedes deixarme todas as mensaxes que queirades.

Xa empezou o outono e o meu bosque está moi fermoso, aquí tedes unha fotografía:


Fermoso, non si?  Por este camiño vou todos os días  a visitar a miña avoa, a pobre xa ten cento cincuenta anos e cóstalle un pouco camiñar.
Como vedes xa está cheo de follas e as cores das árbores son douradas. Tamén empezan a caer castañas dos castiñeirosssssss. Mmmmm canto me gustan!!! E os cogumelos, que me decidesssss!!! A que son fermosos.
Como estou moi ilusionado con isto da informática vou  probar a ver se podo deixarvossss un video do outono no meu bosque:


Creo que o conseguín!!!!

E agora ides a coñecer a miña casa. A que tamén semella un cogumelo...


Adiviña de outono!!!

ALTA ESTOU

LADRÓN VEXO VIR

DO MEU CARAPUCHO

NON PODO FUXIR.

Que será, será!!! Deixádeme a resposta no cofre.

E, xa sabedes.... Bicossss gnomicos, ssssempre co nariz.


HERCULINO.