mércores, 30 de maio de 2018

PARABENS!!!

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO V FESTIVAL DE CURTAS ÓPERA PRIMA 2018 PARA O NOSO COLEXIO

O premio á mellor dirección nas curtametraxes foi para @s nos@s alumn@s de 5º e 6º.

MOITOS PARABÉNS!!!


martes, 29 de maio de 2018

xoves, 17 de maio de 2018

luns, 14 de maio de 2018

O NOSO RECOMENDAMOS DAS LETRAS GALEGAS

Como non podía ser doutro xeito, o Recomendamos desta semana esta dedicado ás obras de  María Victoria Moreno.


















LETRAS GALEGAS 2018
MARÍA VICTORIA MORENO.



mércores, 9 de maio de 2018

CARA AS NOSAS LETRAS. MARÍA VICTORIA MORENO

... continuamos na súa casa, María Victoria Moreno pide que asomemos ao balcón e di: "Esa que está aí fóra, diante do edificio de Sanidade, é a Teresita que a tantos sitios me acompaña. Púxolle o nome Begoña, a miña filla" Fala da adopción de Carlos e Begoña, de viaxes na súa Teresita... Onde, en principio, só viades un pequeno Daewoo Lanos vermello, de dúas portas, acabades contemplando un vehículo singular, con nome propio: a Teresita!

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. Fina Casalderrey/Marilar Aleixandre.


mércores, 2 de maio de 2018

COÑECENDO A MARÍA VICTORIA MORENO




A María Victoria Moreno non lle prestaba escribir directamente no ordenador. Primeiro baleiraba o que sentía en follas soltas, usadas, aproveitando a parte de atrás. non a asustaba enfrontarse a un folio en branco...ou reciclado, e comezar a enchelo a bolígrafo, case compulsivamente, coa idea que quería traducira palabras. Con todo parecíalle que nun folio de estrea, debería preocuparse por facer mellor letra e non podería concentrarse nas ideas que quería expresar. E só despois de verter todas esas ideas comezaba a clasificar as follas e a pasalas ao ordenador como o primeiro borrador dunha historia.
María Victoria durmía pouco e soñaba moito. Levantábase moi cedo para escribir, como di en Elexías de luz:

Gústame o cheiro a pan
dos amenceres,
e as andoriñas tolas,
e as luces febles...

Gústame a vida
cando xermola en gozo
ó abrir o día.

Do libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito" Fina Casalderrey/ Marilar Aleixandre"