mércores, 2 de maio de 2018

COÑECENDO A MARÍA VICTORIA MORENO




A María Victoria Moreno non lle prestaba escribir directamente no ordenador. Primeiro baleiraba o que sentía en follas soltas, usadas, aproveitando a parte de atrás. non a asustaba enfrontarse a un folio en branco...ou reciclado, e comezar a enchelo a bolígrafo, case compulsivamente, coa idea que quería traducira palabras. Con todo parecíalle que nun folio de estrea, debería preocuparse por facer mellor letra e non podería concentrarse nas ideas que quería expresar. E só despois de verter todas esas ideas comezaba a clasificar as follas e a pasalas ao ordenador como o primeiro borrador dunha historia.
María Victoria durmía pouco e soñaba moito. Levantábase moi cedo para escribir, como di en Elexías de luz:

Gústame o cheiro a pan
dos amenceres,
e as andoriñas tolas,
e as luces febles...

Gústame a vida
cando xermola en gozo
ó abrir o día.

Do libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito" Fina Casalderrey/ Marilar Aleixandre"

Ningún comentario:

Publicar un comentario