xoves, 25 de maio de 2023

DESPEDIDA DE VERÁN.


 Ola amiguiñas e amiguiños, chega o momento de despedirnos ata que empece o novo curso. Herculina e máis eu marchamos de vacacións. Imos visitar a uns amigos e amigas e tamén, algo que nos fai moita ilusión e ir facer surf á plaia dos gnomos.

Aqui vos deixamos unha fotografías da casa dos nosos amigos e da praia. Dexesamos que teñades unhas felices vacacións, e non esquezades ler. Sabedes que nunha cadeira na praia e cun bo libro, escoitando o mar, pode pasarse moi ben!

Bicos de verán de Herculina e Herculino!!!!


Esta é a casa dos nosos amigos e amigas.



Esta é a praia. Xa vedes que ao entrar hai unha escultura ben fermosa dun gnomo facendo surf!



martes, 23 de maio de 2023

CANTA COMIGO








Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo unha canción que titúlase GLU-GLU-GLU. A ver, pensade onde podemos facer ese son!

Bicos Herculinosssss!!!!!!






 

domingo, 21 de maio de 2023

CONTO ANIMADOS


 Ola amiguiñas e amiguiños, como xa están aí as vacacións de verán, recoméndovos que botedes protección solar para protexer a vosa pel, porque senon mirade o que pode pasar...

Bicos Herculinosss!!!!




xoves, 18 de maio de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. OS NOSOS CONTOS


 Ola amiguiños e amiguiñas, e xa para pechar a semana, outro favorito! Como mola a mosca chosca, non é?

Claro, xa sabedes a cal me refiro, A casa da mosca chosca!

Que teñades boa fin de semana e feliz Día das Letras Galegas!

Bicos Herculinosssss!!!!



domingo, 14 de maio de 2023

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. OS NOSOS CONTOS


 Ola amiguiñas e amiguiños, esta semana celebramos as Letras Galegas, e pensando, pensando, pensando, como compartir con vós esta celebración, ocorreuseme que podemos dedicala a contos galegos que nos gusten moito. 

Foi moi difícil escoller, porque hai tantos que me gustan, pero aquí vai o primeiro! A cebra Camila, da editorial Kalandraka.

Bicos Herculinosssss!!!!




xoves, 11 de maio de 2023

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiñas e amiguiños, vós sabedes de que cor é un bico? Espero que gustedes deste conto, a min moloume moito.

Boa din de semana!

Bicos Herculinossss!!!




domingo, 7 de maio de 2023

CONTOS ANIMADOS


Ola amiguiñas e amiguiños, aínda que eu vivo no bosque, tamén gusto moito do mar e de coidar o noso planeta. Por iso é importante non deixar lixo nos bosques, pero tampouco podemos tirar cousas ao mar, porque os animais mariños corren moito perigo cando se atopan con obxectos que non son do seu medio natural.

Aquí vos deixo a historia dunha cría de tartaruga, e o título é Hope, que xa sabedes que inglés significa, esperanza.

Bicos Herculinosssssss!!!!