xoves, 27 de outubro de 2022

CONTO DOS VENRES


Ola amiguiñas e amiguiños, este venres non podía faltar un dos meus contos favoritos nestas datas do Samaín... Corre Corre Cabaciña.

Que teñades unha fin de semana TEEERRRRORÍÍÍÍFICAAAAA!!!

Bicos Herculinos!!!





martes, 25 de outubro de 2022

CANTA COMIGO!

 


Ola amiguiños e amiguiñas, seguro que xa sabedes esta canción das emocións en inglés, pero animádevos a cantala con estas rapazas tan divertidas.

Bicos herculinos!!!



domingo, 23 de outubro de 2022

24 DE OUTRUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS



Ola amiguiñas e amiguiños, que fermoso o vídeo que fixestes para celebrar o Día das Bibliotecas. Moitas grazas a todos e a todas as que participades neste vídeo, e a todo o alumnado que cada recreo, conta contos, visita de autoras, clubs lectores ... enchedes a biblioteca coa forza da vosa imaxinación e da tan importante colaboración.

Que alegría máis grande escoitarvos!!!

Bicos Herculinos!!!!!




xoves, 20 de outubro de 2022

VENRES DE CONTO


Ola amiguiñas e amiguiños,  aquí vos deixo un conto sorprendente, o dunha vaca que puxo un ovo. Espero que teñades un feliz fin de semana de outono.

Bicos herculinos!!!



 

martes, 18 de outubro de 2022

CANTA COMIGO.

 


Ola amiguiñas e amiguiños, xa estamos coas emcoións, aquí vos deixo unha canción: El rock de las emociones. Espero que bailedes e cantedes moito.




CANTA COMIGO



Ola amiguiñas e amiguiños, o outono xa chegou! A min gústame moito xogar coas follas, e a vós? Pois aíd vos deixo unha canción de Uxía Lambona e a Banda Molona, por si queredes enredar coas follas.
Bicos herculinos!!!!






 

luns, 17 de outubro de 2022

CAL É A EMOCIÓN DE CADA UN DESTES PERSONAXES?

 


Ola amiguiñas e amiguiños, como sei que estades moi emocionados coas emocións, a ver se sabedes cal é a emoción que sinte cada un destes personaxes?

Bicos herculinos!!!!




domingo, 16 de outubro de 2022

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiños e amiguiñas, sabedes que hai cans que van á escola para aprender a axudar ás persoas que non poden ver. Pois mirade esta curta...

Bicos herculinos!!!



xoves, 13 de outubro de 2022

VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe un conto que ao mellor coñecedes, pero que mola moito... o conto de A mosca chosca.

Boa fin de semana e bicos herculinos!!!




martes, 11 de outubro de 2022

CONTOS ANIMADOS





Ola amiguiñas e amiguiños, perdoade que non vos deixara onte o conto animado, pero é que teño un catarro moi grande, ata tiven algo de febre, pero con leite e mel quentes xa estou moito mellor. Aquí vos deixo unha historia do importante que é axudarnos e traballar en equipo.

Bicos herculinos!!!! aaaaaaachiiiiiiisssss!!!! Perdode!!!






 

xoves, 6 de outubro de 2022

VENRES DE CONTO





Pois, xa que vai de ratos esta semana, aqui vos deixamos este conto, Frederick. Que familia máis traballadora, pero este Frederick, imos escoitar...

Boa fin de semana e bicos herculinos!!!!









luns, 3 de outubro de 2022

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiños e amiguiñas, como xa vos dixen, Herculina e máis eu estamos felices de volver a escribir estas entradas no voso blog que con tanta ilusión e alegría compartimos.

Hoxe un conto animado dun zorro e un rato, unha historia ben fermosa de solidariedade. Esperamos que vos guste!!!

Bicos Herculinos!!!

ç


VOLVEMOS!!!



Ola amiguiños e amiguiñas, que ganiñas xa de empezar! Este luns ábrense as portas da biblioteca para enchela de historias, xogos, aventuras... o voluntariado xa está a prepararse, as e os Tusitalas tamén, pero agárdannos máis sorpresas.

Xa me tardaba moito poder comunicarme con vós! Que tal foron esas vacacións? Herculina e máis eu pasámolo moi ben visitando a amigas e amigos doutros bosques, e tamén recibindo no noso a compañeiras e compañeiros doutros lugares.

Pero sempre con tempo para ler libros, que xa sabedes que é o que máis nos gusta.

Despois de dous cursos se poder desfrutar da biblioteca coma sempre... VOLVEMOS!!!

Deixovos un vídeo de benvida!!!

Bicos Herculinos!!!!