martes, 31 de xaneiro de 2023

CANTA COMIGO


 Ola amiguiñas e amiguiños, aqui vos deixo o Baile da Paz, do grupo Mamá Cabra.

Veña a bailar e cantar!

Bicos herculinos!!!




domingo, 29 de xaneiro de 2023

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe celebramos o Día da Paz coa intención de que así sexa todos os días. Non hai nada máis fermoso que ser quen de falar e chegar a acordos sen berros, discusións e xa non digamos guerras.

Así que espero que o celebredes con alegría, seguro que será un día ben fermoso no colexio. Xa mirarei as vosas fotos!

E aquí vos deixo un corto animado que ten moito que ver co Día da Paz e a non violencia.

Bicos herculinossss!




xoves, 26 de xaneiro de 2023

VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe o conto do Veo Veo. Que teñades unha boa fin de semana!

Bicos herculinosssssss!





martes, 24 de xaneiro de 2023

CANTA COMIGO


 Ola amiguiñas e amiguiños, a min todas as mañás espértame o galo da miña veciña, por iso vos deixo esta canción, que ao mellor xa coñecedes, pero a min gústame moito.

Agora a cantar!!!

Bicos herculinos!




luns, 23 de xaneiro de 2023

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, moito me gustou a recomendación que fixo a vosa compañeira Frainely de 3ºA. Por iso a comparto con vós!

Bicos herculinosssss!!!




domingo, 22 de xaneiro de 2023

CONTOS ANIMADOS


Ola amiguiñas e amiguiños, xa que estamos preto de celebrar o Día da Paz, aínda que debería ser todos os días, deixovos un conto animado que fala do importante que é entender as nosas amigas e amigos.

Bicos herculinosssss!!!





 

xoves, 19 de xaneiro de 2023

VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe un conto dunha vaca que subiu a unha árbore. Espero que o desfrutedes!!!

Moitos bicos herculinosssss e boa fin de semana!




martes, 17 de xaneiro de 2023



 Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe vos deixo esta recomendación da vosa compañeira Nora, de 3ºA, que moito me gustou.

Bicos Herculinosssssss, Nora!!!




CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, imos cantar que sempre causa felicidade. Gústame moito esta da Miña Abuela Manuela. Que importantes son as avoas!!!

Veña a cantar!!!

Bicos Herculinosssssss!!!



domingo, 15 de xaneiro de 2023

CONTOS ANIMADOS


 Ola amiguiñas e amiguiños, seguro que o pasáchedes moi ben nestas vacacións de Nadal. Herculina e máis eu pasámolo moi ben. Estivemos con amigas e amigos, limos moitos libros e vimos moitas películas. Tamén xogamos ao Trivial, e comimos moitísimo. Creo que engordei un pouco de tantos doces, pero xa empecei a camiñar todos os días polo bosque, que é moi importante facer exercicio.

Estou moi contento de volver a comunicarme con vós, asi que empezamos cos nosos contos animados. Mirade que fermoso!!!

Bicos Herculinooooooosssss!!!