mércores, 27 de abril de 2022

luns, 25 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA


Ola amiguiñas e amiguiños, que xa me enterei de quen andivo polo voso colexio! E que boa idea, porque ...

Que mellor que para celebrar os libros que recibir a visita dunha autora, e se ademais esa autora é María Reimóndez e ben na compaña dunha formiga destemida, nós xa somos felices.

Encántanme as formigas, e máis se son destemidas!

Bicos Herculinosssss!





domingo, 24 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA




Ola amiguiñas e amiguiños, que ben o pasei o sábado, fun coa miña amiga Herculina a mercar un feixe de libros, e sabedes por que? Pois, porque...

O sábado 23 de abril, foi o Día do Libro, aínda que para nós todos os días o son, sen dúbida sabemos que ben merece un día especial. Como non merecer un día así, ese obxecto que nos acompaña en viaxes, coas emocións, en aventuras que nos levan a illas descoñecidas, a coñecer o esforzo de corredoras que loitan pola igualdade e pola paixón, saber que aínda que sexas tan pequena como una formiga, podes descubrir mundos novos e vivir experiencias interesantes sempre que teñas a curiosidade de aprender. Isto e moito máis aprendemos nos libros, pero o máis importante é, que grazas a eles, podemos converternos en persoas máis libres que saben respectar as opinións doutras persoas aínda que non coincidan coas nosas e que cando lemos información sobre diferentes temas somos quen de distinguir a que é verdade da que pode ter erros.

Os libros, son os compañeiros da nosa imaxinación de da nosa liberdade. Velaquí un vídeo dalgúns compañeiros e compañeiras que falan da súa experiencia no noso Club Lector, Tusitalas, da visita á Biblioteca Ágora e da presenza de autoras e autores na nosa biblioteca.

Moito me gustou o vídeo!

Bicos Herculinossssssss!

Moitas grazas polas vosas xenerosas e interesantes aportacións!!! 






xoves, 21 de abril de 2022

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, xa que mañá é o Día do Libro, hoxe vou deixarvos varios contos para que os escoitedes no colexio ou na casa, e espero que leades moito. Seguro que xa os coñecedes, pero os contos que nos gustan os lemos moitas veces, non si?

Bicos Herculinossssss!

A CASA DA MOSCA CHOSCA




COCORICO



A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA



martes, 19 de abril de 2022

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiños e amiguiñas, e vós, tedes libros que voan, que viaxan, que teñen monstros, dinosaurios...? Pois escoitade esta canción!

Bicos Herculinosssss!




luns, 18 de abril de 2022

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiñas, empeza unha semana moi emocionante para min xa que o sábado 23 é o Día do Libro, aínda que para min todos os días están cheos de libros que vou lendo. Xa sabedes que me gusta moito ler.

Aquí vos deixo un conto animado sobre libros que disfruto moito sempre que o vexo!

Bicos Herculinosssssss!


OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES



xoves, 7 de abril de 2022

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, a ver se vos gusta este conto dun rato que quería percorrer mundo. Deixaranlle os gatos e demais atrancos que poida atopar polo camiño? Pois si queredes sabelo, non tedes máis que escoitalo. Titúlase Ollobrusco e é da editorial OQO.

Bicos Herculinossss e que pasedes unhas felices vacións!!!




martes, 5 de abril de 2022

CANTA COMIGO





Ola amiguiñas e amiguiños, que mellor canción para esta semana que a de Pablo Díaz, Imos contar un conto.




 

domingo, 3 de abril de 2022

2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL.


Ola amiguiños e amiguiñas, como me gustaron estas lecturas que fixestes, e canta alegría ao recibir este vídeo. Que saibades que Herculina e máis eu, preparamos unha cea especial para velo e o pasamos xenial, ademais de emocionarnos moito. Por iso queremos contarvos que...

Os libros e as historias que hai neles, forman parte da nosa vida desde que nacemos. Ao principio, son os arrolos que nos cantan para durmir as nosas mais, pais, avoas, avos... logo veñen os contos antes de durmir, e máis tarde ese feito marabilloso, case máxico, cando entendemos as palabras desas historias, cando aprendemos a ler e metémonos na aventura como se fósemos nós as protagonistas.

Sempre hai libros que nunca esquecéremos, e seguro que algo deles quedou en nós. Hai persoas que grazas á lectura dunha historia, decidiron ser arqueólogas, científicas, carpinteiras... coa idade, hai libros que, cando os vemos, traen a nosa memoria lembranzas de momentos, de amigas e amigos, de lugares. 

E, non esquezades nunca, que os libros, faran de vós persoas máis libres e moito máis felices.

Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que participastes neste vídeo!

E moitas grazas a todos e todas por facer da nosa biblioteca un lugar especial!