domingo, 18 de decembro de 2022

FELICES FESTES!!!






Nós xa estamos preparados, o bosque está cheo de lazos con cores, temos leña para encender a cheminea e non pasar frío e, o máis importante, xa escribimos a carta dos agasallos. Pero, polo de agora é un segredo, cando volvamos xa vos contarei se me trouxeron todo o que pedín, aínda que só son tres cousas.
Herculina e máis eu queremos desexarvos unhas Felices Festas e un 2023 cheo de lecturas e encontros felices.


UNHA MOREA DE BICOS!!!



xoves, 15 de decembro de 2022

VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe o conto de 5ºB EI, Don Vampiro e Dona Bruxa. Que medo pasei con esa momia, agora ando a mirar que non haxa ningunha polo meu bosque.

Moitos parabéns!!!

Bicos Herculinosssss!!!













martes, 13 de decembro de 2022

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, seguro que xa estades a decorar a vosa aula e o colexio con adornos de Nadal. Pois aquí vos deixo esta canción para que o fagades cantando!

Bicos Herculinossss!!!



domingo, 11 de decembro de 2022

CONTOS ANIMADOS


 Ola amiguiños e amiguiñas, xa estou contando os días para as festas de Nadal, e vós? Herculina e máis eu xa temos decorada a nosa casa e estamos a poñer pequenas luces polo bosque. 

Pois aqui vos deixo A noite máxica de Noa.

Bicos Herculinossss!!!



xoves, 8 de decembro de 2022

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiños e amiguiñas, si, xa sei que vos puxen este conto noutras ocasións, pero é que gústame tanto ...

Bicos Herculinosssssss!!! Boa fin de semana!!!




martes, 6 de decembro de 2022

CANTA COMIGO


 Ola amiguiñas e amiguiños, veña imos bailar ao ritmo da canción "De Festa" de Uxía Lambona e a Banda Molona.

Unha man á esquerda e outra á dereita ... hoxe estamos de festa e todos xuntos queremos bailar a danza da alegría...

Bicos Herculinossssss!!!




domingo, 4 de decembro de 2022

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiños e amiguiñas, alguén de vós conta ovellas para durmir? Pois aquí vos deixo un conto animado moi divertido, The counting sheep, que xa sei que contades moi ben os números en inglés.

Bicos Herculinosssss!!!




xoves, 1 de decembro de 2022

OS CONTOS DO CONCURSO DE RELATOS DAME MEDO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, canto estou disfrutando dos contos do Concurso de relatos "Dame Medo". Que tremendo este Lobo Bartolo, con eses ollos de cor verde e cheos de sangue, da aula de 5ºA de EI.

Moitos parabéns!!!

Bicos Herculinos!!!