luns, 29 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

O alumnado de 6ºC de E. Primaria, representou para todas as compañeiras e compañeiros de Educación Infantil, o conto, O coelliño branco.


Moitas grazas!!!




domingo, 28 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

 O alumnado da aula de 3ºB, preparou unha interesante exposición na que relacionou o libro, Jurassic Park, escritor Michael Crichton e a película do mesmo nome, dirixida por Steven Spielberg.

Velaquí o seu marabilloso traballo!!

Moitas grazas a Natalia, Dubraska e Mohamed!!!



martes, 23 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Que mellor forma de celebrar o Día do Libro que..., Caendo de cu polo universo, coa escritora Estíbaliz Espinosa!!!

Moitas grazas, Estíbaliz!

e

Moitas grazas aos nenos e nenas de 1º e 2º por eses fermosos debuxos que encheron a biblioteca de estrelas e planetas!!!!




SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Que mellor forma de celebrar o Día do Libro que..., Caendo de cu polo universo, coa escritora Estíbaliz Espinosa!!!

Moitas grazas, Estíbaliz!

e

Moitas grazas aos nenos e nenas de 1º e 2º por eses fermosos debuxos que encheron a biblioteca de estrelas e planetas!!!!




xoves, 18 de abril de 2024

VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiños e amiguiñas, e xa para despedir a semana, o noso conto do venres! Hoxe un dos nosos favoritos..., O Grúfalo.

Gozade da fin de semana.

Bicos Herculinos!!!!



martes, 16 de abril de 2024

LIBROS E CINE

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe vos deixamos un clásico da literatura, a película basada no conto "Alicia en el país de las maravillas". 

Esperamos que vos guste!

Bicos Herculinos!!!







domingo, 14 de abril de 2024

LIBROS E CINE

 


Ola amiguiños e amiguiñas, seguimos coñecendo libros que logo levaron ao cine? Hoxe imos coñecer a " Gordon y Paddy". Gordon é detective, e tamén un vello sapo con ganas de xubilarse. A súa mellor amiga é unha ratiña chamada Paddy, que é a que vai a sustituir a Gordon como detective cando este se xubile. 

Xuntos terán que resolver o útimo caso de Gordon, o misterio das landras do esquío desparecido. A Herculina e a min encantounos o conto e temos moitas ganas de ver a película. Se a vedes, xa nos contades!

Bicos Herculinosssss!!!!



xoves, 11 de abril de 2024

VENRES DE CONTO

 


Ola amiguiños e amiguiños, non quero despedir a semana sen un conto, que xa sabedes canto nos gusta ler. Aquí vos deixo un dos meus favoritos, Elmer.

Gozade moito da fin de semana!

Bicos Herculinos!!!




martes, 9 de abril de 2024

LIBROS E CINE

 


Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe traio o conto, James y el melocotón gigante. James é un neno que vive cunha tías que son moi moi severas e que lle fan a vida imposible. Pero un día, un extraño personaxe lle agasalla un cornete de boliñas máxicas que fan medrar dun xeito asombroso ao vello pexegueiro do patio, e James, montado nesa inmensa árbore, realiza unha marabillosa viaxe polo mundo enteiro.

Bicos Herculinos!!!!



domingo, 7 de abril de 2024

LIBROS E CINE.


  Ola amiguiños e amiguiñas, perdoade que esta semana pasada non fixen ningunha entrada, pero tiven unha viaxe moi importante para ver unhas amigas que temos en Islandia e como xa sabedes que nese país hai meses con moi pouca luz, pois fomos en marzo que xa teñen once horas de luz. 
Mirade que fermosura a aurora boreal!!!



Pero como xa estamos preto da semana do libro e este curso tamén estamos moi cinematográficos, imos coñecer libros que logo convertéronse en películas.
El bosque de Haquivaqui, é un dos meus contos favoritos e a película gustoume moito. É unha adaptación do conto preferido polos nenos e nenas noruegueses, e trata sobre a vida no bosque, xa entendedes porque me gusta tanto. Coa película fixeron un musical, así que tamén podedes aprender cancións. 

Bicos Herculinos!!!