mércores, 29 de novembro de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Seguimos escoitando as fermosas cancións de Playing for change. 




DON'T WORRY BE HAPPY! XA SABEDES.

EU TEÑO ALGUÉN



TODOS E TODAS TEMOS (OU DEBERIAMOS TER) ALGUÉN. POIS ISO É O QUE NOS CONTA O TEMA DE MARÍA FUMAÇA. APROVEITANDO QUE ESTE DOMINGO TOCAN EN A CORUÑA CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL POLA DIVERSIDADE FUNCIONAL E SENSORIAL, HOXE COLGAMOS UN VÍDEO SEU. É UNHA CANCIÓN QUE SE VÉN TRABALLANDO NAS NOSAS AULAS HAI UNS DÍAS TRATANDO DE APRENDERMOS A COREOGRAFÍA EN LINGUAXE DE SIGNOS. TODO UN RETO!

mércores, 22 de novembro de 2017

E TI, QUE PINTAS?

Xa que temos que ir despedindo o noso proxecto sobre África e como temos a gran sorte de ser un colexio multicultural, que mellor que facelo coa música de Playing For Change, que nos acompañará ata o Nadal.
Playing for change é un movemento social que utiliza como vehículo a música para cambiar o mundo. De que xeito?
Conectando todo o planeta a través da música. Como metáfora desta unión, nas súas cancións participan músicos de todo o planeta.
Todo comezou cun grupo de mozos que querían realizar un documental sobre música rueira no mundo,  co obxectivo de gravar aos músicos no seu hábitat, xurdiu a idea de conectalos a todos. Percorreron practicamente todo o planeta, desde as rúas das cidades máis transitadas ata as máis deshabitadas aldeas de calquera lugar do mundo.
O proxecto acolle a músicos de todos os niveis desde os máis consagrados ata estudantes ou afeccionados ata chegar a máis de cen, pertencentes ás máis variadas nacionalidades.
Pero este proxecto non se conformou con conectar músicos, formaron unha fundación, a fundacion Playing for Change,  que creou multitude de escolas de música nos lugares máis desfavorecidos da terra, dando así a oportunidade de aprender a nenos que doutro xeito non puidesen facelo. The playing for change foundation aposta por unha educación para todos, un lugar onde os nenos poidan expresarse libremente a través dunha linguaxe universal, a música. 
A música, como a pintura, a literatura ... son a máis fermosa creación dos seres humanos, e son capaces de crear unha unión cuxos froitos son dunha grande riqueza. E se non que nolo digan a nós!!!


martes, 21 de novembro de 2017

ESTIVO CONNOSCO A ESCRITORA MARÍA CANOSA BLANCO.

Hoxe recibimos na nosa Biblioteca unha visita moi especial. A escritora María Canosa Blanco veu a falarnos de Megumi, a súa especial Cazadora de estrelas. Tamén nos contou a súa paixón pola escrita e polos libros; como foi o momento no que conseguiu publicar o seu primeiro libro ...
Esta é a maxía dos libros, poder compartir unha historia todos xuntos e saber como a autora argallou todo un mundo para a protagonista da historia.

Moitas grazas aos alumn@s das aulas de 5º polo seu interese e participación. A Brenda e Unai por ser, nesta ocasión, uns profesionais do xornalismo e a Carme e a Vanessa, as titoras, pola súa imprescindible colaboración.

O vendeiro día 30, teremos con nós á escritora Elí Ríos para falarnos de "Marta e a píntega".

Seguimos compartindo historias que farán de nós persoas capaces de pensar e de elexir por nos mesmas.











mércores, 15 de novembro de 2017

DEREITO A UNHA FAMILIA (PARTE I)



E, SEGURAMENTE, DEREITO A UNHA TÍA (OU TÍO, QUE MÁIS DÁ?). O 20 DE NOVEMBRO CONMEMÓRASE DO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA E NÓS, REVISANDO A CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO E DA NENA, DECIDIMOS INSISTIR NUN DELES: O DEREITO A VIVIR EN FAMILIA. HAI MOITOS TIPOS DE FAMILIAS (MIRADE, POR EXEMPLO, A PÁXINA 14 DESTE DOCUMENTO) E EN CASE TODAS HAI UNHA TÍA OU UN TÍO ENTRAÑABLE. POIS DISO TRATA A CANCIÓN DE HOXE, QUE SE TITULA A MIÑA TÍA E INTERPRÉTAA MAMÁ CABRA NO SEU ÁLBUM: BICOS DE MÚSICA.

IMAXE: CASA DEL LIBRO.

A LETRA PODÉDELA VER NESTE PDF. A BAILAR!

martes, 14 de novembro de 2017

HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA.

RÍO ARCO DA VELLA

.


O río Caño Cristais é un verdadeiro arcoíris fluvial. Atópase no medio dos Chairos orientais de Colombia, rodeado dunha flora e unha fauna exuberantes e extremadamente diversa (estímase que a biodiversidade ornitolóxica é a maior do mundo)

Este río tamén se coñece como «O río que se escapou do Paraíso», pois máis que auga, o río parece arrastrar o arco da vella misturando as súas cores co fluir da auga. 

O segredo das súas cores

.

Estas cores tan variadas prodúcense pola presenza dunha planta acuática chamada a Macarena Clavijera.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste fermoso e peculiar río.
Esperamos que vos guste!!!




luns, 13 de novembro de 2017

RECOMENDAMOS

HOXE NO RECOMENDAMOS...


 ¡MUCHO OJO CON LOS PIOJOS!




Resultado de imaxes para MUCHO OJO CON LOS PIOJOS




Cando Leo ráscase e vólvese a rascar a cabeza, é que os piollos 
están a xogar nela... pasouche algunha vez?

martes, 7 de novembro de 2017

A HERCULINO GUSTOULLE O CONTO








Ola nenas e nenos:

Canto me gustou o conto de “Os sete cabritiños” que contaron as vosas compañeiras.
Ejem… eu andaba agachadiño pola biblioteca, pero deume moita vergoña saír a saudarvos, érades tantosssss!!! e eu son tan tímido!!! O meu nariz empeza a poñerse de cor vermella e a sentir calor nas orellas… non o poido evitar, tedes que perdoar.
Pero quero dar a noraboa ás rapazas que contaron o conto, gustoume moito, moito.
Aquí vos deixo unhas fotografías que saquei, espero que vos gusssssten.

Bicos herculinos, sempre co nariz.

Herculino.





SILENCIO ESTAMOS LENDO!!!


AVISO PARA DEVORADR@S DE LIBROS




Todos os mércores, á hora do recreo, na nosa biblioteca teremos o pracer de gozar da lectura silenciosa. 
Se vos apetece ler sentados no sillón de brazos ou no chan en silencio, os mércores é o voso día.

ESPERÁMOSVOS!!!

luns, 6 de novembro de 2017

PARABÉNS!!!

Estamos outra vez de noraboa, o noso compañeiro Unai Cereijo García de 5ºB ven de gañar a Medalla de Ouro no Campionato de Europa de Patinaxe Artistico celebrado en Portugal.

Moitos parabéns Unai!!!

RECOMENDAMOS

No RECOMENDAMOS de hoxe temos algo moi especial... os relatos d@s gañador@s do Premio de Relato Curto "Dame medo".




















O BOLI PINCHÓN

Había unha vez un colexio no que os nenos e nenas de 2ºA traballaban nunha ficha de mates. De súpeto un rapaz notou un pinchazo nas costas, preguntou aos compañeiros se foram eles máis todos dixeron que non. Pero, pasados uns segundos todos empezaron a sentir os pinchazos ao tempo que vían como un boli saía correndo.

Intentaron atrapalo, pero o boli agachouse nunha clase que estaba a escuras. Dous rapaces cheia de afouteza entraron a buscalo, pero non o daban atopado. Non se podía mover, non vían nada, chocaban con todo por mor da escuridade. Un deles abriu unha ventá para ter algo de luz. Neste momento o boli pegou un gran chimpo e escapou pô-la ventá.
Tese coidado. Pode estar pô-la vosa clase!!!

DIEGO TORREN MARTIN 2º A


A OITRA HISTORIA DE SAMAÍN

Contan que o Samaín naceu a partir da crenza das personas de que os monstros existen e que disfrazábanse para camuflarse.
Pero... e se hai outra história , mais por medo ninguén o dixo?
Pode ser que nesa data acontecese algo espeluznante.
Esta é a verdadeira história:
Nese tempo empezaron a ocorrer desaparicións de persoas que tiñan preocupado a todo o mundo e iso non era o peor... tamén chegaban persoas con cortes as súa casas, e outras xa nin chegaban. 
Pero como eran moi teimudos e estaban moi preocupados, acabaron averiguando quen o facía. Quedaron todos sorprendidos coa resposta... eran Jack o destripador e Nina the Killer.
Ninguén se atrevía a sair das casas, máis eles dous sabían como entrar. Aparecían nenos con cortes que logo desaparecían .
Esta é a verdadeira história do Samaín. Tese tamén coidado co Venres 13.

SANDRA PRIGGIONE FERNANADEZ 4º B.



A CABAZA ERNESTA

Érase unha vez unha cabaza que vivía no campo entre moitas cabazas cultivadas por un campesino.
A cabaza chamábase Ernesta e era a máis pequena de todas as cabazas. Por esa razón o campesino a tirou ao tempo que dixo: Que cabaza máis pequena, non sirve para nada!.
Ernesta non daba crédito ao que estaba escoitando e parecía lle moi cruel. Púxose tan furiosa, que o seu aspecto cambiou. Saíronlle cicatrices e un aceno terrorífico.

Ernesta decidiu aparecerse todas as noites de Samaín para asustar aos fillos do vello campesino pô-la rúa.
Cando se enterou o campesino e comprendeu o que pasara, xa era tarde para pedir perdón.
Ernesta aínda anda solta pô-las rúas cada Samaín. Se a vedes avisade aos vossos pais para atrapala, e... procurar non cometer o mesmo erro que o campesino, xuzgando a alguém só pola súa apariencia.
Nerea Busto Pan 6ºA

A MÁSCARA ENCANTADA

Hai moitos anos nunha parte de África chamada Senegal, un home chamado Pap fixo unha máscara con cuns ósos e madeira de Baobab, follas de acacia e cordas. Pero aquela máscara non era como as demais... estaba encantada. A persoa que  puxese a máscara converteríase nun horrible, horripilante, grande e forte monstro . Pero ... por que?
Pap, o senegales quixo probar algo novo utilizando unha apócema máxica para facelo mais fermoso, pero por desgraza trabucouse de apócema e sucedeu algo...como unha explosión. Pap o senegalés morreu, pero a máscara quedou intacta.
Desde ese día, isto converteuse nunha lenda chamada A Máscara Encantada.
Pasaron os anos e un home moi curioso, chamado Estefan, que viu a Senegal en busca de cousas interesantes para as súas coleccións de arte e esculturas senegalesas, escoitou a lenda da Máscara Encantada e quixo facerse con ela. Para saber onde estaba preguntoulle a un senegalés que pasaba por alí. O senegalés díxolle: o xefe da miña tribo ten un mapa que di onde está a máscara. Estafan pediulle o mapa e o senegalés díxolle que si, que era unha gran idea que levara a máscara para que todos os que viven en Senegal esqueceran a lenda da máscara e xa non temesen máis aos seus poderes.
Pasaron dous ou tres días desde aquela conversación e Estefan recibiu o mapa e foi en busca da máscara.
Había tres camiños escritos: un era o gran bosque, outro o cemiterio e por último a cova na que estaba o que buscaba. 
Estefan empezou a camiñar polo bosque con precaución. De súpeto escoitou uns sons moi raros e apareceu unha pantera negra que lle rabuñou todo o brazo. El empezou a correr como nunca o fixera na súa vida e, cando parou todo dolorido, chegara ao segundo camiño. O do cemiterio.
Estefan entrou con valentía e de lonxe viu unha caveira arrastrándose  polo chan, Estefan quería saír do cementero , cada vez vía mais e mais caveiras arrastrándose cara el, comezou a correr e unha delas mordeulle no pescozo. Estefan aguantou a dor todo o que puido e saíu do cemiterio, alí estaba o camiño cara á cova.
Estaba aterrorizado, pero con todo o que soportara ata ise momento estaba disposto a entrar naquel lugar escuro. Ao fondo viu a máscara e xusto cando ía collela apareceu un león que lle mordeu na perna. Xa non podía máis con tanto dor, entón empezou un terremoto e a cova a  derrubarse con eles dentro. Estefan e o león morreron, e a máscara quedou destruída.
En Senegal decatáronse de todo o que lle ocorrera a Estefan  e fixeron unha nova lenda dedicada a el por destruír o medo en Senegal.

Brenda Nosa Enabulele 5ºA

domingo, 5 de novembro de 2017

VISITOUNOS UN DEBUXANTE.

O venres tivemos a sorte de recibir a visita dun debuxante, Juan Calviño, que ademáis é o pai dos nosos compañeiros Yassmine e Youssef. Estivo na biblioteca e contounos porque lle gusta debuxar no seu tempo libre, o importante que é ter unha afección e tamén  como temos que facer para empezar a realizar un debuxo.
Juan fixo como por arte de máxia un esbozo de Lady Bug, e nós quedamos moi content@s e agradecid@s.

Moitas grazas Juan por vir  iluminar con trazos de lapis a nosa biblioteca!!!








O PORTAL DAS PALABRAS

Preme para ver máis.

Curiosidade e aprendizaxe son os dous piares que definen a construción do Portal das Palabras. A iniciativa vai dirixida a moitos tipos de persoas, desde rapaces en idade escolar a persoas maiores que teñan interese polo noso idioma e o seu léxico. Tamén pode ser útil para xente que queira achegarse á nosa lingua aínda que sexa de xeito inicial. O que se precisa para aproveitar este Portal, repetimos, é que se teña curiosidade e ganas de aprender.
Tedes á dereita do blog un enlace para que entredes sempre que vos apeteza, é o primeiro.
Esperamos que vos guste!!!

CONTOS CURTOS

O avó, o fillo, o neto. A importancia da intuición, da inocencia.

THE MOON. A LÚA