xoves, 31 de marzo de 2022

O CONTO DOS VENRES

 



Ola amiguiñas e amiguiños, e para despedir a semana, un conto que a Herculina e a min gústanos moito. Elmer.

Boa fin de semana e moitos moitos bicos herculinossssss!!!!




martes, 29 de marzo de 2022

ESPECIAL CANTA COMIGO




Ola, amiguiños e amiguiñas, xa que estamos na primavera, fágovos unha proposta. Primeiro teredes que escoitar en silencio e con moita atención, A primavera, de Vivaldi. Este músico compuxo a peza, As catro estacións, unha para cada unha delas. Foi un compositor do barroco, ao que chamaban en Italia, Il prete rosso, é dicir, o cura roxo, xa que era crego e pola cor do seu pelo.

Mentres a escoitades, teredes que facer un debuxo que teña relación coa primavera. Seguro que coa axuda de Vivaldi a inspiración será das boas!




domingo, 27 de marzo de 2022

CONTOS ANIMADOS


Hoxe quero deixarvos algo moi especial, unhas imaxes mois fermosas nas que poderedes observar como van abrindo as flores. 

Espero que vos guste tanto como a min.

Bicos Herculinosssss!





xoves, 24 de marzo de 2022

O CONTO DOS VENRES. O LIBRO DAS EMOCIÓNS.




Ola amiguiños e amiguiñas, que mellor que rematar esta semana co conto tan fermoso que fixeron os nenos e nenas da aula de 6ºB de Educación Infantil. 

Quero darlle as grazas a vosa mestra Bea por enviarmo. Canto o estou a gozar.

Moitos, moitos parabéns!!!

Hoxe con maiúscula....BICOS HERCULINOS!!!

 


martes, 22 de marzo de 2022

luns, 21 de marzo de 2022








Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe, 21 de marzo, é o Día da Poesía. A min gústame moito ler poesía, e a vós?

Pois aquí vos deixo uns poemas animados da poeta Gloria Fuertes, que sempren son moi divertidos. Espero que vos gusten!
Bicos Herculinos!!!!






 

xoves, 17 de marzo de 2022

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, moito gustei deste libro El hilo, este é un conto para nenas e nenos curiosos. E todo empeza tirando dun fío.

Boa fin de semana e moitos bicos herculinosssss!






martes, 15 de marzo de 2022

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, non sei a vós, pero a min encántame ollar para as nubes. Deitarme no chan e mirar as súas formas e ver como van viaxando. Pois aquí tedes unha canción dedicada ás nubes.

Bicos Herculinossssss!




domingo, 13 de marzo de 2022

CONTOS ANIMADOS


 Ola amiguiñas e amiguiños, unha pregunta: vos pensades que os gatos e os parrulos poden levarse ben?

Pois mirade ben este conto animado, que tamén podedes lelo en inglés, pois está baseado nos contos de David Lyon, e son divertidísimos. Espero que vos guste!!!

Bicos herculinossss!




xoves, 10 de marzo de 2022

O CONTO DOS VENRES

 


Hoxe deixovos algo especial... tachan... tachan... a película de Cocorico. Que xa sei que vos gusta moito o conto.

Que teñades unha boa fin de semana!

Bicos Herculinosssss!



martes, 8 de marzo de 2022

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, non me digades que cando escoitedes esta canción, non vos ides poñer a bailar!

Oh Muxía!!!

Veña a mover o esqueleto!!!

Bicos Herculinosssss!




domingo, 6 de marzo de 2022

CONTOS ANIMADOS


 Ola amiguiños e amiguiñas, encontrei esta historia animada que moita graza me fixo. Que listo o año, non si? Quen me derá ter un así na miña casa que me axudara a cociñar.

E a vós, gústavos cociñar?

Bicos Herculinossss e bo comezo de semana!!!