xoves, 27 de abril de 2023

VENRES DE CONTO

 




Ola amiguiños e amiguiñas, a ver se vos gusta esta conto dunha tartaruga e unhas burbullas de cores.

Que teñades unha feliz fin de semana!!!!

Bicos herculinossss!!!!!




martes, 25 de abril de 2023

CANTA COMIGO










Ola amiguiñas e amiguiños, mirade que canción atopei mentres merendaba!!! A min encántame o pan de millo e con marmelo, mmmmmmm, está riquísimo.

Xa me diredes se vos gusta. Probade!

Bicos Herculinossssss!!!!


 

domingo, 23 de abril de 2023


 Ola amiguiñas e amiguiños, cousa bonita a que fixestes no colexio o Día do Libro. Fixen este vídeo, espero que vos guste tanto como a min ver o que fixestes, lendo polas aulas.

Bicos Herculinosssss!!!




xoves, 20 de abril de 2023

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO


Ola amiguiñas e amiguiños, deixovos un conto que mola moito: O increible neno come libros. Porque hai moitos xeitos de devorar os libros, jeje!!!

E non vos esquezades esta fin de semana de ir a unha libraría a mercar un libro! Que mellor xeito de celebralo!!!

Bicos Herculinosssss!!!!





martes, 18 de abril de 2023

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO


 Ola amiguiñas e amiguiños, sabedes que Herculina e máis eu somos dous coleccionistas de marcapáxinas!

Pois atopei este vídeo dun marcapáxinas que quedou esquecido, e mirade que ben o pasou!

Bicos Herculinossssss!!!!




domingo, 16 de abril de 2023

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.


 Ola amiguiñas e amiguiños, xa sabedes que me pon moi contento que chegue a semana do libro. Aínda que para min, todos os días son o día do libro. Non podo durmir sen antes ler un anaco dunha das historias marabillosas que veñen nos libros.

Hoxe, deixovos unha curtametraxe que xa sabedes que me gusta moito: Los fantásticos libros voladores de Mr Morris Lessmore.

Empeza a aventura, como todos os días!

Bicos Herculinossssss!!!!




luns, 10 de abril de 2023

2 DE ABRIL. DÍA DE LA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL


Ola amiguiñas e amiguiños, xa sei que estivo con vós o Hematocrítico. Pero que sorte tedes!!! E moitas grazas por enviarme este vídeo, que quero compartir con todos e todas vós.

Moitas grazas e bicos herculinosssss!!!!