xoves, 21 de marzo de 2024

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA









Ola amiguiños e amiguiñas, e xa para despedir a semana, Herculina e máis eu, escollimos este poema cantado da poeta Gloria Fuertes, La pata mete la pata.

A cantar poesía!

Bicos Herculinos e boas vacacións!!!!





 

mércores, 20 de marzo de 2024

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA





Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe, como é o Día da Poesía, deixámosvos un vídeo dun poeta que é dos nosos favoritos, Antonio García Teijeiro. 

Escoitade moi ben o que di, porque tamén vós podedes participar!

Veña, a recitar!

Bicos Herculinos!!!!





 

domingo, 17 de marzo de 2024

21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA


 Ola amiguiños e amiguiñas, estou moi contento porque o xoves é o día da poesía, aínda que para Herculina e para min o é todos os días. Encántanos a poesía! E a vós?

Por iso, esta semana imos dedicala a..... xa sabedes, claro! Á poesía!!!

Aquí vos deixamos uns poemas animados de Gloria Fuertes!

Bicos Herculinos!!!!






xoves, 14 de marzo de 2024

VENRES DE CONTO


 Ola amiguiños e amiguiñas, neste venres de conto, Nicomedes o Pelado, da editorial Kalandraka! Por certo, leváchedes algunha vez un gato na cabeza?

Bicos Herculinos e boa fin de semana!




martes, 12 de marzo de 2024

TRABALLANDO NO NOSO PROXECTO. WORK IN PROGRESS.







Ola amiguiños e amiguiñas, pois enviáronme as vosas mestras unhas fotas chulísismas das cousas que estades a facer na escola, e como esta fin de semana choveu moito, entre Herculina e máis eu montamos este vídeo que vos enviamos con todo o noso cariño e esperamos que sexa do voso gusto.

Moitos bicos!




 

domingo, 10 de marzo de 2024

CONTOS ANIMADOS





Ola amiguiños e amiguiñas, moito me gustou este conto animado de , Margo e o ovo. No bosque, ás veces escoitamos sons que nos asustan, pero case sempre é por cousas boas, como lle pasou a Margo,

Espero que vos guste!

Bicos Herculinos!!!!





 

xoves, 7 de marzo de 2024

UN CONTO PARA O 8M



Ola amiguiños e amiguiñas, hoxe venres 8 de marzo, deixovos aquí o conto de Arturo e Clementina. Que menudo morro ten o Arturo este!!!
Boa fin de semana!
Bicos Herculinos!!!






 

martes, 5 de marzo de 2024









Ola amiguiños e amiguiñas, coñecedes a Pippi Calzaslongas? Pois é unha nena moi divertida á que non lle gusta ser princesa, o seu pelo é de cor cenoria que sempre o leva en dúas trenzas moi tesas, ten moitas pencas, leva un vestido feito con distintas teas, pero non o rematou porque que non lle quedaban máis anacos, os seus zapatos son o dobre ou o triple do tamaño do seu pé, ten un cabalo con lunares e un mono, o Señor Nilson que sempre vai no seu ombreiro.
Pipi é unha nena que vive soa, e que fai cousas incribles como atarse un cepillo de fregar en cada pé e comezar a patinar erguendo ondas ao seu paso!
De Pippi aprenderon moitas nenas que con pantalóns estaban máis cómodas. Ela quería ser forte, capaz, afouta e aventureira. E vaia se o conseguiu!
Espero que vos guste tanto como a min!
Bicos Herculinos!!!






 

domingo, 3 de marzo de 2024


 Ola amiguiños e amiguiñas, este venres 8 de marzo, conmemoramos o Día Internacional da Muller. E, aínda que xa sei que vós sabedes que todas as persoas somos iguais, hai algúns lugares no mundo e mulleres que seguen a conquistar os seus dereitos pola igualdade. 

Aquí vos deixamos Herculina e máis eu, un vídeo dunha nena que o explica moi ben, que agora vou planchar xa que nesta casa temos repartidas as tarefas. Como ten que ser!

Bicos Herculinos!!!!