luns, 29 de abril de 2019

ASÍ FOI A NOSA SEMANA DO LIBRO






MÉRCORES

O mércores tivemos Captura un libro. Esta actividade a organizou o Club Lector "Tusitalas". Elas e eles crearon unha serie de pistas e tivemos que mergullarnos nos andeis para atopalos. Mais ao final o conseguimos!!!


MOITAS GRAZAS, TUSITALAS!!!

domingo, 28 de abril de 2019

ASÍ FOI A NOSA SEMANA DO LIBRO

MARTES 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Tivemos a sorte de gozar da compañía e da palabra da autora Emma Pedreira que, como prometeu, trouxo unha maleta chea de sorpresas. Mais tamén de historias sobre o papel, o libro máis grande, o máis pequeno; os diferentes tipos de libros...

Velaí o fermoso segredo en imaxes e un vídeo...
















Libros fermosos que trouxo na súa maleta máxica!!!










MOITAS GRAZAS EMMA, POR COMPARTIR CON NÓS OS TEUS LIBROS E TODO O QUE SABES SOBRE ELES. QUE É MOITO!!!




xoves, 25 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA




Moi ben, amiguiñas e amiguiños! Remata esta semana festexando a maxía dos libros, mais seguiremos lendo e preparándonos para a seguinte. Mentres lede moito e imaxinade historias, soñade con elas; e sobre todo, compartídeas.

E para rematar a festa, que mellor que unha canción que conta un conto moi disparatado. O cantan as miñas amigas As Lingoreteiras, e a canción titúlase Heiche de contar un conto.

Veña, todas e todos a cantar un conto de vintecinco mentiras!!!

Bicos Herculinossssssss



mércores, 24 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA



Contáronme con moito segredo que hoxe ven á nosa biblioteca unha conta contos que se chama Charo Pita, e que conta os contos SUPER, SUPER, XENIAL!!!

Andiven investigando, e mirade que atipei desta rapaza que conta tan ben as historias:



Resultado de imaxes para charo pita


CHARO PITA

Que historias vira a contarnos?

Xa me contaredes...

Bicos Herculinossssssss

martes, 23 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA




Hoxe vos deixo un conto, que moita graza me fixo!!!


A VACA QUE PUXO UN OVO

(Autor: Andy Cutbill; Ilustración Russell Ayto)



luns, 22 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA




Ola amiguiñas e amiguiños! Esta semana esto moi contento. Xa sabedes que me encanta ler, e tamén comer chocolate. Ás veces fago as dúas cousas xuntas, pero se o libro me gusta moito, esquezo o chocolate e é a miña gatiña a que o remata comendo.
Esta semana o bosque estará cheo de libros e todas e todos imos saír a ler o noso conto favorito a unha amiga ou amigo. Estou moi ilusionado!!!
Xa sei que ides ter moitas actividades, pero eu tamén quero mandarvos algunha cousiña cada día.

Hoxe, pensando, pensando... e como sei que sodes moi listos e listas, aquí vos deixo unha adiviña.
Bicos herculinosssss!!!



Entre as miñas follas, escóndense
fadas, meigas e trasnos
Cando me les de noite
sen darte de conta, dormes e soñas.

Que é?

martes, 9 de abril de 2019

ASÍ APRENDEMOS NO RAQUEL CAMACHO

As compañeiras e compañeiros de 6º de EI, están aprendendo porque uns alimentos son máis bos para o noso corpo e a nosa mente ca outros. Para iso é importante saber que ingredientes levan.
A partir de agora xa sabemos a quen preguntarlle!!!










martes, 2 de abril de 2019

ESTA SEMANA, CADA DÍA UN CONTO.

Seguimos esta semana celebrando o Día Internacional do libro Infantil e Xuvenil, cun conto cada día.

E hoxe...

Loboferoz



luns, 1 de abril de 2019

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


O mellor lugar para celebrar este día é a nosa biblioteca. Queremos darvos as grazas a todas as persoas que compartides con nós este lugar cheo de historias. As lectoras e lectores; @s voluntari@s, sodes moi importantes; @s conta contos, polo voso esforzo; as familias que apoiades o noso proxecto; @s autor@s que vides a contarnos historias ás que dedicáchedes horas de soidade para que nós as gocemos; ás librarías do noso barrio... 
































FELIZ DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL!!!