luns, 22 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA




Ola amiguiñas e amiguiños! Esta semana esto moi contento. Xa sabedes que me encanta ler, e tamén comer chocolate. Ás veces fago as dúas cousas xuntas, pero se o libro me gusta moito, esquezo o chocolate e é a miña gatiña a que o remata comendo.
Esta semana o bosque estará cheo de libros e todas e todos imos saír a ler o noso conto favorito a unha amiga ou amigo. Estou moi ilusionado!!!
Xa sei que ides ter moitas actividades, pero eu tamén quero mandarvos algunha cousiña cada día.

Hoxe, pensando, pensando... e como sei que sodes moi listos e listas, aquí vos deixo unha adiviña.
Bicos herculinosssss!!!



Entre as miñas follas, escóndense
fadas, meigas e trasnos
Cando me les de noite
sen darte de conta, dormes e soñas.

Que é?

Ningún comentario:

Publicar un comentario