martes, 28 de xaneiro de 2020

CANTAMOS?


Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo a canción que imos bailar no bosque o Día da Paz, "O baile da Paz" do grupo Mamá Cabra.

Veña todas a bailar!





domingo, 26 de xaneiro de 2020

CONTOS CURTOS







Ola amiguiñas e amiguiños, esta semana celebramos o Día da Paz. Aquí no bosque tamén imos facer moitas actividades e xa sei que vos tedes unha moi chuli. 
Hoxe vos deixo este vídeo, porque a xenerosidade tamén é importante para chegar á Paz. Espero que vos guste.
Bicos herculinosssssssss.








venres, 24 de xaneiro de 2020

VENRES DE CONTO



Ola amiguiñas e amiguiños, xa chegou o noso venres de conto. O de hoxe titúlas Mister Corvo e espero que vos guste tanto como min.
Que teñades unha feliz fin de semana!
Bicos Herculinosssssssss







mércores, 22 de xaneiro de 2020

CANTAMOS?




Ola amiguiñas e amiguiños, seguimos Herculina e máis eu coa nosa loita por un planeta limpa. Así que vos deixamos esta canción con tres palabras fundamentais: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR.
Bicos herculinossssssss








martes, 21 de xaneiro de 2020

luns, 20 de xaneiro de 2020

POETAS, QUEREDES PARTICIPAR?

Ola amiguiñas e amiguiños, entereime que convocan este premio de poesía na vosa biblioteca para celebrar o día da gran poeta Rosalía de Castro. Aquí tedes a información.
Xa teño ganas de ler os vosos poemas.
Bicos herculinossssssss

Animádevos a escribir poesías ou Haikus e os deixedes non caixón da poesía que hai na biblioteca. Tedes até o venres 21 de febreiro. O día 24 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía de Castro, faremos entrega dun premio á mellor poesía.

Ánimo poetas. Este é o voso espacio!!!


domingo, 19 de xaneiro de 2020

CONTOS CURTOS








Ola amiguiñas e amiguiños, empezamos unha nova semana con moita enerxía. Hai que facer exercicio que logo ven o Entroido e imos comer moito cocido, orellas, filloas..., mais tamén queremos empezala Herculina e máis eu cun vídeo sobre a reciclaxe, algo que para nós os gnomos do bosque é moi importante.
Esperamos que vos guste! E, xa sabedes non tiredes cousas ao chan!
Bicos herculinossssssssss






xoves, 16 de xaneiro de 2020

VENRES DE CONTO












Ola amiguiñas e amiguiños, o conto de hoxe titúlase Rosa Caramelo. Hai moitas elefantas e elefantes que, como xa sabedes, teñen moita, moita memoria.
Espero que vos guste!

Bicos herculinossssssss, e boa fin de semana!






mércores, 15 de xaneiro de 2020

CANTAMOS?




Ola amiguiñas e amiguiños, que vos parece bailar un pouco. Queredes entrar comigo a bailar? A min gústame moito!

Pois aí deixo unha canción para que bailedes. Bicos Herculinosssssssssssss.




martes, 14 de xaneiro de 2020

PALABRAS PARA UNHA IMAXE











Ola amiguiñas e amiguiños, onte pola tarde Herculina e máis eu estivemos mirando fotografías de pingüinos, e esta gustounos especialmente. Imaxinades por que? Tamén podedes investigar sobre estes animais tan especiais.

Bicos Herculinosssssssssss!





                                                                          Imaxe recollida de Pinterest.





















domingo, 12 de xaneiro de 2020

CONTOS CURTOS



Ola amiguiñas e amiguiños, supoño que o pasastes moi ben nas vacacións de Nadal. Eu engordei un pouco con tantas larpeiradas, pero agora vou empezar a camiñar polo bosque para baixar estes quilos de máis. Tamén estou moi contento porque o Apalpador me trouxo todos os libros que pedín de agasallo, e agora teño moito que ler.
Hoxe vos deixo unha curta de animación que moito me gustou. Espero que a vós tamén.

Bicos Herculinossssssssssss!!!!




A IMPORTANCIA DE PENSAR NAS DEMAIS PERSOAS.



xoves, 9 de xaneiro de 2020

VENRES DE CONTO


Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un conto ben divertido. A que liou o  gato!
Boa fin de semana!
Bicos Herculinossssssssss!!!!


UN GATO NA ÁRBORE



CANTAMOS?



Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixamos a primeira canción do ano. Herculina e máis eu xa aprendimos a letra desta Pitusa Semifusa que anda un pouco despistada.
Veña a cantar todas e todos.
Bicos Herculinosssssss!!!!



              CANCIÓN DE SONÁRBORE. GALAXIA

martes, 7 de xaneiro de 2020

PALABRAS PARA UNHA IMAXE


















Cales son as vosas palabras para esta imaxe?





                                                        Ilustración de Jesuso Ortiz.