mércores, 31 de xaneiro de 2018

UNHA CANCIÓN PARA O ENTROIDO


DESPOIS DO DÍA DA PAZ, TEMPUS FUGIT, ACHEGÁMONOS AO ENTROIDO. E, CLARO, NESTE TEMPO NON O IMOS PASAR MAL, NON SI? POIS AÍ VAI UNHA CANCIÓN DE PACO NOGUEIRAS PARA DEMOSTRARDES O BEN QUE BAILADES, DESTA VOLTA, MÚSICA DISCO.

martes, 23 de xaneiro de 2018

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ



A CANCIÓN QUE IMOS INTERPRETAR NESTA ACTIVIDADE CONMEMORATIVA TITÚLASE CANTARELA DOS NENOS E, OLLO, DAS NENAS TAMÉN. PARA IR APRENDÉNDOA, AQUÍ TENDES A SÚA LETRA, DE XOSÉ NEIRA VILAS:

Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.

Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistar.

Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.

E ESTA É A VERSIÓN EN PICTOGRAMAS:

luns, 22 de xaneiro de 2018

RECOMENDAMOS





Hoxe no Recomendamos temos unha entrada especial, a visita da escritora María Reimóndez a nosa biblioteca.
Falounos das súas viaxes a un país ao que ela quere especialmente, Ethiopia, e como xurdiu a idea de escribir "Corredora". 
Fixemos con ela un xogo de palabras e imaxes; coñecimos a moitas atletas como Genet, a protagonista do seu libro e gozamos con algunha das historias que nos contou.



Moitas grazas María!!!




mércores, 10 de xaneiro de 2018

MARÍA PITA VISTA POR LUCRECIA



O VINDEIRO MARTES IMOS PUBLICAR UN ARTIGO SOBRE UNHA HEROÍNA CORUÑESA: MARÍA PITA. COMO ADIANTO, COLGAMOS ESTA CANCIÓN INTERPRETADA POR LUCRECIA. ESTADE ATENTOS E ATENTAS AO BLOG PORQUE, ADEMAIS, IMOS PUBLICAR EN BREVE UNHA VERSIÓN EN PICTOGRAMAS DESTA CANCIÓN. 

domingo, 7 de xaneiro de 2018

BENVIDXS

Empezamos un novo ano e con el un novo proxecto. E, para darvos unha pista a ver se adiviñades cal é o tema deste novo proxecto, aquí tedes un conto.

"El príncipe ceniciento"



Xa sabedes de que trata no noso proxecto?