domingo, 29 de marzo de 2020

CURTAS DE ANIMACIÓN DE HERCULINO PARA ESTES DÍAS.





Ola amiguiñas e amiguiños, como temos que seguir uns días máis coidándonos na casa, aquí tedes algúns videos que fun atopando. Este de hoxe é da película Nemo, a min gústame moito, seguro que a vós tamén.
Eu sigo lendo libros, vendo películas, tamén fago biscoitos e busco vídeo para vós.
Moitos, moitos, bicos herculinossssssss.








domingo, 22 de marzo de 2020

CURTAS DE ANIMACIÓN DE HERCULINO PARA ESTES DÍAS.




Ola amiguiñas e amiguiños, como levades estes días na casa? Espero que xoguedes moito, leades contos e fagades algo de deporte. 
Esta semana vos deixo outra curta de animación cada día, espero que as vexades todas.
Bicos herculinossssssssssss.



JOY AND HERON



luns, 16 de marzo de 2020

CURTAS DE ANIMACIÓN PARA ANIMAR ESTES DÍAS




FAMILIERS


CURTAS DE ANIMACIÓN PARA ANIMAR ESTES DÍAS



Ola amiguiñas e amiguiños, sei que estes días están a ser moi especiais sen poder saír da casa. Eu tamén estou metido na miña casa árbore, pois aínda que no bosque o aire é moi puro, tamén chegan os virus.
Vou aproveitar para ler moitos contos, pero como sei que vos gustan moito as curtas de animación, ides a ter unha cada día neste blog. 

Moitos bicos herculinosssssss!!!!

INVISIBLE


mércores, 11 de marzo de 2020

CANTAMOS?




Como sei que o outro día as nenas e nenos das aulas de catro anos fixéchedes pastel de mazá, aquí vos deixo esta canción.
A ver se outro día que fagades algo me deixades diante da porta un anaco, xa pasarei a recollelo.








domingo, 8 de marzo de 2020

CONTOS CURTOS





Ola amiguiñas e amiguiños, empezamos unha nova semana e quero compartir con vós este vídeo que me enviou a miña amiga Herculina, e que tanto me gustou.
Este can, Pip, é un crack!
Gustanvos os cans?

Bicos Herculinossssssssss!







venres, 6 de marzo de 2020

DEBUXA UNHA MULLER IMPORTANTE!

Na aula de cinco anos do noso colexio, a mestra pediulles que debuxaran a unha muller importante para elas e eles. O resultado non necesita máis palabras.



xoves, 5 de marzo de 2020

CANTAMOS?




Ola amiguiñas e amiguiños, rematamos a semana con esta canción que espero cantedes e bailedes!
Feliz Día da Muller!
Bicos Herculinossssss!









domingo, 1 de marzo de 2020

SEMANA DE CONTOS POLA IGUALDADE. 8 DE MARZO DÍA DA MULLER



Ola amiguiñas e amiguiños, seguro que pasáchedes moi ben nas festas de Entroido. Agora quero lembrarvos que o domindo 8 de marzo é o Día da muller. E, para celebralo, estas semana vou dexarvos cada día un conto.
Espero que vos gusten moito, moito!
Bicos Herculinosssssssss!

ROSA CARAMELO