xoves, 30 de maio de 2019

VENRES DE CONTO



Ola amiguiñas e amiguiños, moito rin con este conto do Grúfalo. Menudo pillaban o rato, mira que son listos!!!
Espero que riades tanto como o fixen eu coa miña amiga Herculina.

Bicos herculinossssss!!!!







O GRÚFALO


xoves, 23 de maio de 2019

VENRES DE CONTO





Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe vos deixo un conto que xa case é un clásico, pero a min gústame moito porque fala de algo moi importante. A ver si sabedes que é?

Bicossssssss Herculinossssssss!!!





ELMER




domingo, 12 de maio de 2019

A SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Este curso, o equipo de Normalización Lingüística, fixo un traballo moi fermoso sobre o autor ao que están dedicadas as Letras Galegas 2019, O historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo, Antonio Fraguas.
Que mellor forma de coñecer a súa vida que a través destes carteis, que iremos colgando ao longo desta semana.

Desde o equipo da biblioteca, queremos dar os nosos parabéns a tod@s por este interesante e fermoso traballo!!!






xoves, 9 de maio de 2019

VENRES DE CONTO




Ola amiguiñas e amiguiños, estiven mirando no voso blog todas as actividades da semana do libro. Moito me gustaron, sodes fantástic@s, e canto estou aprendendo de vós.

Hoxe apetéceme moito deixarvos hoxe unha canción para celebrar esa semana de historias tan fermosas.

Estou seguro que xa sabedes os números, pero así cantados... a que soan mellor!!!

Bicos herculinosssssssss!!!!



luns, 6 de maio de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe no recomendamos, temos un conto moi especial que contaron as compañeiras de 3º

Visitamos as aulas de 6º de EI e pasámolo xenial.

Moitas grazas ás dúas por ser tan boas conta contos!!!

Resultado de imaxes para cuento tito busca nariz








domingo, 5 de maio de 2019

xoves, 2 de maio de 2019

E, ASÍ DE BEN REMATAMOS A NOSA SEMANA DO LIBRO

Non podiamos rematar mellor a semana que facendo unha perfomance. Sandra, Raquel, Olga e Xiana, mesturáron a música e a palabra. Mais tamén tivemos con nós personaxes, mulleres que fixeron historia e que formaron parte importante do avanca das mulleres na nosa sociedade.

Aquí tedes o video da representación.













Moitas grazas a Sandra (contrabaixo), Raquel (vilonchelo), Olga (guitarra e bandurria); Xiana (a nosa gran narradora). Así como á marabillosa caracterización que fixeron: Sabela (Merrit Moore, unha física cuántica con zapatillas de ballet); Olga (María Moliner e o seu importante dicionario); Yaiza (Pepa a Loba, esa gran bandoleira galega); Noa Brea (Pilar Minguillón, a pintora) e Digna (Ella Fitzgerald, a gran cantante de jazz). 
Nas vindeiras semanas vos iremos contando algo máis destas importantes mulleres.

mércores, 1 de maio de 2019

ASÍ FOI A NOSA SEMANA DO LIBRO NA BIBLIOTECA

XOVES

O xoves tivemos o pracer de escoitar contos coa autora e conta contos, Charo Pita. O pasamos xenial, grandes e pequenos; xa que os máis maiores do colexio tivéchedes a oportunidade de tomar nota, para aprender a contar moi ben un conto.

Velaí a reportaxe...



























MOITAS GRAZAS, CHARO. POR COMPATIR FERMOSOS CONTOS CON NÓS!!!