domingo, 28 de febreiro de 2021

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe como é luns, empezamos cun dos nosos contos animados. O seu título é La casa del árbol. Eu entendo moi ben o que sinte o neno desta historia, pois tamén lle teño moito cariño a miña casa árbore e non me gustaría nada ter que deixala.

Moitos bicos herculinossssss!



venres, 26 de febreiro de 2021

RAKONTO VERDE

  


Ola queridiñas e queridiños, hoxe van dúas entradas porque non quería eu quedar sen celebrar a unha das miñas poetas máis queridas, Rosalía de Castro, que escribiu sobre a natureza, os ríos, as fontes...

VIVA ROSALÍA!!!

Aquí vos deixo o fermoso traballo que fixeron os vosos compañeiros e compañeiras.

Como sabedes o mércores 24 de febreiro foi o Día de Rosalía e as nenas e nenos de 6º prantaron unha camelia na honra da nosa poeta máis querida.

Velaquí tedes as imaxes desta especial homenaxe que a Natureza  será quen de repetir ano tras anos agasallándonos coa súa "flor de inverno".

Sabedes que as camelisa son das poucas flores que aparecen no inverno? Xa dicía Cunqueiro que as camelias son coma luces no inverno galego.

Animádevos a pescudar sobre a camelia, compartide as súas curiosidades, que son moitas e moi interesantes.

Ah! E moi importante! O luns 22 de marzo todas as aportacións recibidas terán un agasallo para recibir a primavera.

Ollade que fermosura de fotografías!!!

e

Moitas grazas as nosas xardineiras e xardineiros!




xoves, 25 de febreiro de 2021

SEMANA DE ROSALÍA. CANTÁMOLA?


Ola amiguiñas e amiguiños, e xa para rematar a semana, a mover o cu con esta canción de basada non poema de Rosalía A grasia non era moita. Veña a cantar e bailar!

Bicos herculinossssss!


A GRASIA NON ERA MOITA

 


martes, 23 de febreiro de 2021

CANTAMOS A ROSALÍA.



Asi de ben celebramos a nosa poeta Rosalía de Castro!

Moitas grazas a Bruno, Mariama, Gabriela e Andrea!

Sodes marabillos@s!!!



luns, 22 de febreiro de 2021

SEMANA DE ROSALÍA. CANTÁMOLA?


 

Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe Herculina e mais eu escollemos esta canción para vós!

Bicos herculinoooooos!!!


ROSALÍA PEQUENIÑA



domingo, 21 de febreiro de 2021

IMOS INVESTIGAR SOBRE A POETA DESTA SEMANA. ROSALÍA DE CASTRO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, esta semana quero celebrar con vós a unha poeta moi querida para min, Rosalía de Castro, e que mellor que coñecéndoa un pouco e cantando os seus poemas. A miña amiga Herculina e mais eu preparamos esta semana un blog moi rosaliano.

Hoxe vos deixamos un xogo de pistas, a ver se axudades as académicas e académicos da Real Academia da Lingua.

Só tedes que premer na palabra "enlace que tedes enrriba da imaxe"

Bicos herculinosssss!


ENLACE



mércores, 10 de febreiro de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 


Ola amiguiñas e amiguiños, pero que traballo máis chulo estades a facer as nenas e nenos da aula de 1ºB co conto de Eva Mejuto, Dez gatiñas viaxeiras. Estou seguro de que a Eva lle vai a gustar moito moito.

A min, encantaaaaaronme! Moitos parabéns!

Bicos Herculinosssss!!!












martes, 9 de febreiro de 2021

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, xa que este curso non podemos xuntarnos todas e todos no patio, que vos parece se bailamos na clase esta canción para empezar o Entroido!

Veña, imos bailar, piri pipi piri pipi

Bicos herculinos!!!!






domingo, 7 de febreiro de 2021

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe vos deixo un conto animado que compartiu comigo a miña amiga Herculina e que me gusto moito. Despois podedes falar do necesario que é ter empatía. Que palabra! Pero seguro que podedes falar na vosa aula coa mestra ou o mestre do seu significado e do importante que é tela.

Bicos herculinossssss!


A CAIXA





xoves, 4 de febreiro de 2021

O CONTO DA SEMANA


Ola amiguiñas e amiguiños, xa que esta semana estivemos moito con gatiñas e gatiños, hoxe vai un contos de ratos!
Bicos herculinossssss! E boa fin de semana!

 

FREDERICK



martes, 2 de febreiro de 2021

CANTA COMIGO


Ola amiguiñas e amiguiños, esta semana xa que vai de gatiñas e gatiños, aquí vos deixo a canción Todos queren ser xa gato jazz, da película os Aristogatos.
Espero que vos guste!
Bicos herculinosssssss!






TODOS QUEREN SER XA GATO JAZZ




 

luns, 1 de febreiro de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 Falando de gatiñas, sabedes para que lles serven os bigotes?


Esos bigotes son indicadores do espazo. Úsanos para medir a distancia con outro obxecto e orientarse.
Será  por iso que gatiñas viaxeiras atopaban tan ben os lugares? Vós que pensades?