mércores, 20 de decembro de 2017

BO NADAL

Ola a tod@s:

aaaaaaachiiiiisssssss!!! Perdón, estou moi arrefriado co frío que vai no meu bosque. 
Quero felicitarvos o Nadal, dexesarvos que o pasedes moi ben nas vacacións e que leades moitos contos.
Eu pasareinas na miña casiña do bosque cos meus amigos e amigas.
Aos gnomos e as gnomas gústanos moito facer festas xuntos. Cear, cantar, ler historias; cada Nadal o celebramos nunha casa distinta e nesta ocasión tócame a min.

Este é o menú que vou preparar para a cea de Noiteboa:

Setas do bosque con amorodos.

Castañas con salsa de arándanos.

Tarta de noces con chocolate negro e blanco

Que vos parece o meu menú?

Tamén quero deixarvos unha canción que a min gústame moito porque fala dun mundo marabilloso.

MOITOS BICOS GNOMICOS!!! SEMPRE CO NARIZ!!!

FELIZ NADAL!!


عيد ميلاد سعيد
عيد ميلاد سعيد





































O APALPADOR

INCREIBLE, O APALAPADOR ESTIVO NO NOSO COLEXIO!!!

 AQUÍ TEDES A PROBA. ALGUÉN MÁIS O VIU?



UNHA DEBUXANTE DE PREMIO NO NOSO COLEXIO

A nosa compañeira Nerea Busto Pan de 6ºA, ven de gañar o Concurso de Top Model de Debuxo.

Noraboa Nerea!!! Estamos moi orgullos@s de ti!!!



xoves, 14 de decembro de 2017

VENRES DE CONTO

O APALPADOR

O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e gústalle compartir connosco estes bonitos días. É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.
Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.


mércores, 13 de decembro de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA. DESPEDIDA

Ola a tod@s:

Este xoves despedímonos do Proxecto da Biblioteca "E ti, que pintas? África.
Foi un curso moi interesante no que aprendimos tod@s moitas cousas que non sabíamos deste fermoso e interesante continente, no que naceron algúns d@s nos@s compañeir@s.
Aínda queda moito por aprender, pero... quen sabe... ao mellor... algún día... calquera de vós decide coller a mochila e viaxar a África.
Estou seguro que xa sodes moito máis sabios, que aprendíchedes o importante que é respetar a cultura de outras persoas por moi diferente que sexa da nosa. Non deixedes nunca de ter curiosidade por coñecer.

Que mellor despedida que lembrando o que case se converteu no noso himno ... e tamén o Día da Paz, do curso pasado, xa que o noso querido continente africano leva anos na búsqueda da Paz e a Xustiza.

Bicos gnómicos. Sempre co nariz.
Herculino.


luns, 4 de decembro de 2017

RECOMENDAMOS

Ola rapaces e rapazas, esta é a miña recomendación literaria.

Ás veces queremos falar con alguén e non nos atrevemos, danos vergoña; queremos dicir "Ola" e poñémonos coloradas. Tímida tampouco se atrevía, ata que ...

Espero que vos guste!!!

Bicos gnómicos. Xa sabedes, sempre co nariz.

Herculino.









Resultado de imaxes para TIMIDA CUENTO

mércores, 29 de novembro de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Seguimos escoitando as fermosas cancións de Playing for change. 




DON'T WORRY BE HAPPY! XA SABEDES.

EU TEÑO ALGUÉN



TODOS E TODAS TEMOS (OU DEBERIAMOS TER) ALGUÉN. POIS ISO É O QUE NOS CONTA O TEMA DE MARÍA FUMAÇA. APROVEITANDO QUE ESTE DOMINGO TOCAN EN A CORUÑA CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL POLA DIVERSIDADE FUNCIONAL E SENSORIAL, HOXE COLGAMOS UN VÍDEO SEU. É UNHA CANCIÓN QUE SE VÉN TRABALLANDO NAS NOSAS AULAS HAI UNS DÍAS TRATANDO DE APRENDERMOS A COREOGRAFÍA EN LINGUAXE DE SIGNOS. TODO UN RETO!

mércores, 22 de novembro de 2017

E TI, QUE PINTAS?

Xa que temos que ir despedindo o noso proxecto sobre África e como temos a gran sorte de ser un colexio multicultural, que mellor que facelo coa música de Playing For Change, que nos acompañará ata o Nadal.
Playing for change é un movemento social que utiliza como vehículo a música para cambiar o mundo. De que xeito?
Conectando todo o planeta a través da música. Como metáfora desta unión, nas súas cancións participan músicos de todo o planeta.
Todo comezou cun grupo de mozos que querían realizar un documental sobre música rueira no mundo,  co obxectivo de gravar aos músicos no seu hábitat, xurdiu a idea de conectalos a todos. Percorreron practicamente todo o planeta, desde as rúas das cidades máis transitadas ata as máis deshabitadas aldeas de calquera lugar do mundo.
O proxecto acolle a músicos de todos os niveis desde os máis consagrados ata estudantes ou afeccionados ata chegar a máis de cen, pertencentes ás máis variadas nacionalidades.
Pero este proxecto non se conformou con conectar músicos, formaron unha fundación, a fundacion Playing for Change,  que creou multitude de escolas de música nos lugares máis desfavorecidos da terra, dando así a oportunidade de aprender a nenos que doutro xeito non puidesen facelo. The playing for change foundation aposta por unha educación para todos, un lugar onde os nenos poidan expresarse libremente a través dunha linguaxe universal, a música. 
A música, como a pintura, a literatura ... son a máis fermosa creación dos seres humanos, e son capaces de crear unha unión cuxos froitos son dunha grande riqueza. E se non que nolo digan a nós!!!


martes, 21 de novembro de 2017

ESTIVO CONNOSCO A ESCRITORA MARÍA CANOSA BLANCO.

Hoxe recibimos na nosa Biblioteca unha visita moi especial. A escritora María Canosa Blanco veu a falarnos de Megumi, a súa especial Cazadora de estrelas. Tamén nos contou a súa paixón pola escrita e polos libros; como foi o momento no que conseguiu publicar o seu primeiro libro ...
Esta é a maxía dos libros, poder compartir unha historia todos xuntos e saber como a autora argallou todo un mundo para a protagonista da historia.

Moitas grazas aos alumn@s das aulas de 5º polo seu interese e participación. A Brenda e Unai por ser, nesta ocasión, uns profesionais do xornalismo e a Carme e a Vanessa, as titoras, pola súa imprescindible colaboración.

O vendeiro día 30, teremos con nós á escritora Elí Ríos para falarnos de "Marta e a píntega".

Seguimos compartindo historias que farán de nós persoas capaces de pensar e de elexir por nos mesmas.











mércores, 15 de novembro de 2017

DEREITO A UNHA FAMILIA (PARTE I)



E, SEGURAMENTE, DEREITO A UNHA TÍA (OU TÍO, QUE MÁIS DÁ?). O 20 DE NOVEMBRO CONMEMÓRASE DO DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA E NÓS, REVISANDO A CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO E DA NENA, DECIDIMOS INSISTIR NUN DELES: O DEREITO A VIVIR EN FAMILIA. HAI MOITOS TIPOS DE FAMILIAS (MIRADE, POR EXEMPLO, A PÁXINA 14 DESTE DOCUMENTO) E EN CASE TODAS HAI UNHA TÍA OU UN TÍO ENTRAÑABLE. POIS DISO TRATA A CANCIÓN DE HOXE, QUE SE TITULA A MIÑA TÍA E INTERPRÉTAA MAMÁ CABRA NO SEU ÁLBUM: BICOS DE MÚSICA.

IMAXE: CASA DEL LIBRO.

A LETRA PODÉDELA VER NESTE PDF. A BAILAR!

martes, 14 de novembro de 2017

HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA.

RÍO ARCO DA VELLA

.


O río Caño Cristais é un verdadeiro arcoíris fluvial. Atópase no medio dos Chairos orientais de Colombia, rodeado dunha flora e unha fauna exuberantes e extremadamente diversa (estímase que a biodiversidade ornitolóxica é a maior do mundo)

Este río tamén se coñece como «O río que se escapou do Paraíso», pois máis que auga, o río parece arrastrar o arco da vella misturando as súas cores co fluir da auga. 

O segredo das súas cores

.

Estas cores tan variadas prodúcense pola presenza dunha planta acuática chamada a Macarena Clavijera.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste fermoso e peculiar río.
Esperamos que vos guste!!!




luns, 13 de novembro de 2017

RECOMENDAMOS

HOXE NO RECOMENDAMOS...


 ¡MUCHO OJO CON LOS PIOJOS!




Resultado de imaxes para MUCHO OJO CON LOS PIOJOS




Cando Leo ráscase e vólvese a rascar a cabeza, é que os piollos 
están a xogar nela... pasouche algunha vez?

martes, 7 de novembro de 2017

A HERCULINO GUSTOULLE O CONTO








Ola nenas e nenos:

Canto me gustou o conto de “Os sete cabritiños” que contaron as vosas compañeiras.
Ejem… eu andaba agachadiño pola biblioteca, pero deume moita vergoña saír a saudarvos, érades tantosssss!!! e eu son tan tímido!!! O meu nariz empeza a poñerse de cor vermella e a sentir calor nas orellas… non o poido evitar, tedes que perdoar.
Pero quero dar a noraboa ás rapazas que contaron o conto, gustoume moito, moito.
Aquí vos deixo unhas fotografías que saquei, espero que vos gusssssten.

Bicos herculinos, sempre co nariz.

Herculino.