xoves, 28 de xaneiro de 2016

UN VENRES DE POESÍA ESPECIAL


Hoxe é o día dedicado á poesía no noso blog, e tamén celebramos o" Día da Paz e a non violencia". Se  hai unha canción que simboliza este día, esa é "Imagine" de John Lennon. Mais, imos a escoitar unha versión diferente, a do movemento "Playing for Change".

"Playing for Change" é un proxecto musical multimedia e tamén unha fundación, ambos creados por iniciativa de Mark Johnson co obxectivo de reunir, gravar e filmar músicos de diferentes culturas.

Aquí tedes esta fermosa mistura de mundos a traves da linguaxe universal que é a música, e con unha canción que é poesía.

Desde este blog, do noso colexio, no que temos a gran sorte de ser un lugar onde convivimos en paz e disfrutamos e aprendemos de todas as culturas que nos unen, vos desexamos que todos os días sexan días de Paz.

Unha aperta.



E TI, QUE PINTAS?

Hoxe imos a coñecer ao pintor elexido polas nenas e nenos das aulas de 3 anos: Joan Miró.


mércores, 27 de xaneiro de 2016

DÁMONOS UNHA APERTA?

"Non quero que se acabe este abrazo, non deberíamos aceptar a caducidade do paraiso"
Do poeta Marwan Abu-Tahoun.











Abrazarse é moi beneficioso para todos os seres vivos. Activa no cerebro a liberación de sustancias como serotonina e dopamina o que nos provoca unha sensación de benestar, sedación, harmonía e plenitude no momento en que se dá.


 Todos funcionariamos mellor durante o día, se abrazásemos ou nos deixásemos abrazar.

 Cando damos un abrazo afirmamos a capacidade de descubrir a tenrura e a alegría que hai en nós e a riqueza interior que temos.


 Din que o tacto é o primeiro sentido que se nos desenvolve e probablemente sexa o último que perdemos.

 O abrazo é unha das formas máis puras de manifestar afecto e agarimo.



Catorce é a cantidade de abrazos que calquera persoa necesita recibir cada día para manter cubertas as necesidades afectivas básicas. Á falta deste contacto denominóuselle en psicoloxía "fame de pel".



Cun abrazo logramos dicir o que sentimos, xa que hai veces que por timidez ou porque os sentimentos atafégannos é difícil expresalo con palabras.


 Hai moitas formas de tocar, o abrazo é unha moi especial xa que contribúe dun modo moi importante á curación e a saúde.


.

"Free hugs" é o popular movemento de abrazos gratuítos, iniciado por Juan Mann, un home cuxa única misión era estirarse e abrazar a un estraño para iluminar a súa vida.





DESDE A BIBLIOTECA VOS PROPOÑEMOS QUE O VENRES, XA QUE CELEBRAMOS  
O DÍA DA PAZ, QUE MELLOR QUE DARNOS ABRAZOS.

XA VEREDES COMO IMOS A ENCONTRARNOS MOITO MELLOR!
FAGAMOS UN MURO FOTOGRÁFICO DE APERTAS!!!



luns, 25 de xaneiro de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA MOI ESPECIAL

                          
Hoxe a nosa sección de recomendacións literarias é especial, máis non por iso menos literaria.

Como sabedes o día 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz. Este día sirvenos para non esquecer que todos os días de todos os anos, as persoas temos a obriga de vivir en paz.

Este ano, por desgracía, a palabra PAZ volve a ter un significado especial, xa que son moitas as familias de refuxiados que teñen que abandoar o seu país, a súa casa, para fuxir dunha guerra inxusta, xa que todas as guerras o son.

O venres, cando celebremos o Día da Paz, un bo desexo sería o fin das guerras e a tranquilidade para todas esas familias.

Por iso, hoxe, esta sección do blog, quere  unirse a ese desexo coa palabra PAZ, xa que non pode ser en todas as linguae do mundo, si nalgunhas delas.


Africano - VREDE

      Albanes - PAQUE

                                           Alemán - FRIEDEN
Árabe - سلام

                                   Armenio - KHAGHAGHUT'YUN

Azerbayiano - SÜLH

                                            Bielorruso - CEBet

Catalán - PAU

            Checo - MIR

                                       Chino -和平

         Croata - MIR

                  Danés - FRED

Esperanto - PACO

                                                    Euskera - BAKEA

                  Estonio - RAHU

                             Inglés - PEACE

Georgiano -მშვიდობა

                                                         Italiano - PACE

                          Rumano - PACE

Gallego - PAZ

                                        Portugués -  PAZ

                   Maorí - RONGO
 Serbio -Мир 
                      Somalí - NABADDA

 Swahili-  AMANI


                                         Turco -Barış


Zulú - UKUTHULA 


                                      Wolof - JÀMM

mércores, 20 de xaneiro de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe a biografía de ...
GUISEPPE ARCIMBOLDO


Giuseppe Arcimboldo naceu, ao parecer, en Milán en 1527. O seu pai, Biagio Arcimboldo, traballaba como pintor na catedral de Milán e o fillo pronto aprendeu o oficio paterno: con só 22 anos xa debía de realizar diversos traballos para a catedral.
Xa debía de ser un artista recoñecido cando en 1562 viaxou a Praga convidado polo emperador Fernando I para converterse nun dos retratistas da corte. Con todo era tal o seu enxeño que non tardou en exceder as funcións da súa profesión para embarcarse en todo tipo de investigacións, organizar eventos e aconsellar ao emperador en materia de artes e inventivas.
Por petición da casa imperial, Arcimboldo realizou varias series de cadros (variantes sobre un mesmo tema) de onde combinaba as cousas máis diversas para configurar rostros e siluetas. Hai interpretacións para todos os gustos sobre estas curiosas colaxes. Algúns, por exemplo, ven na selección de determinados animais símbolos e significados relacionados co emperador.
En 1587 abandonou Praga, para gran desgraza do emperador Rodolfo II que lle tiña en moi alta estima, e volveu a Milán onde morrería anos despois en 1593.
E agora este interesante e divertido video para pensar un pouco.


ESPERAMOS CON MOITA ILUSIÓN O TRABALLO QUE AS NENAS E NENOS DE 4 ANOS VAN A FACER SOBRE ESTE FANTÁSTICO PINTOR.

martes, 19 de xaneiro de 2016

SABEDES QUE ...

A NEVE TAMÉN TEN AS SÚAS CURIOSIDADES?

A neve non sempre é blanca, tamén podemos vela azúl na distancia, por ser a cor que se absorbe con menos facilidade.
Outras cores como vermello ou rosa son posibles cando elementos extraños como algas ou polución, se misturan coa auga.
Aquí podedes ver neve azul en Siberia.




Nunha vila dos EEUU fixero o boneco de neve máis grande. Era máis alto que o noso colexio.




Nos planetas, Venus e Marte tamén hai neve.






En Seatle xuntáronse un día do ano pasado 6000 persoas, e que fixeron, pois unha pelexa de bolas de neve.




E, xa para rematar o fermoso festival  de esculturas de xeo e neve en China. Todo un expectáculo.



QUE FRÍO, PERO QUE FERMOSO!!!


xoves, 14 de xaneiro de 2016

VENRES DE POESÍA


Este ano 2016, as Letras Galegas están dedicadas ao poeta Manuel María. Por mor deste acontecimento, estreamos o ano nesta sección cunha visita virtual pola Casa Museo deste importante escritor e poeta galego, que pouco a pouco iremos coñecendo.

O vindeiro venres encontraredes información sobre a súa vida, e nos seguintes iremos coñecendo e disfrutando a súa obra que, entre outras cousas serviranos para coñecer mellor a nosa língua e a nosa terra.

Galiza somos nós, a xente máis a fala, se buscas Galiza, en ti tes que atopala.


Manuel María.


mércores, 13 de xaneiro de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Seguimos co noso proxecto de pintura. Agora, é o momento de escoller o noso pintor e o seu cadro.
Durante os vindeiros xoves imos a ir coñecendo os pintores elexidos por todos.
O primeiro deles é o fantástico e orixinal pintor italiano Giuseppe Arcimboldo. Seguro que non vos deixa indiferente.

Aquí tedes un video para coñecelo mellor:

martes, 12 de xaneiro de 2016

SABEDES QUE ...

O 12 DE XANEIRO DO ANO 1628 NACEU EN PARIS CHARLES PERRAULT?

Dito así ao mellor non sabedes quen é este señor, mais se falamos de contos como "Pulgarciño", "Barba Azul", "Cenicienta", "A Bella Dormente",  "Carapuchiña Vermella" e o "Gato con botas"; a que xa vos empeza a sonar algo.

Todos istes contos que formaron parte de infancia de moitas persoas foron escritos por Charles Perrault, hai 388 anos, e aínda seguen lendos os nenos e nenas.
A maior parte destes contos, foron publicados nun só libro titulado "Contos de mamá", máis coñecido como "Contos de mamá ganso", pola imaxe que ilustraba a portada.

E así o celebrou Google:



luns, 11 de xaneiro de 2016

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS MARTES.

Na nosa biblioteca temos libros tan marabillosos como este que vos recomendamos hoxe:



"Barxilón" é o nome dun peixe. Que vive nun mar de latón? Como pode ser iso?

domingo, 10 de xaneiro de 2016

CONTOS CORTOS

Despois deste descanso de Nadal, estamos aquí, no noso blog da biblioteca, para seguir contando historias.

O fermoso Conto Corto de hoxe titúlase, "Argine"



Que o disfrutedes!