xoves, 31 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA. MANUEL MARÍA.





O Mar

Ti nunca fiches o mar,
cos seus berros bruadares,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e os pescadores.


- Ti nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azuís que van
a praia mansa a morrer?


E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?


- Ti nunca fiches o mar?
E sabes que non repousa o mar.
-Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa.

                                                 Manuel María.

mércores, 30 de marzo de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe imos a coñecer o pintor elexido polas compañeiras e compañeiros da aula de 2ºB. Georges Pierre Seurat.

Aquí tedes dous vídeos para empezar a comprender a súa interesante e orixinal obra. O vindeiro xoves, saberemos máis da súa biografía e obra artística.

Disfrutade!!!











martes, 29 de marzo de 2016

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS E CONTOS PARA AS NENAS E NENOS REFUXIADOS EN LESBOS.


Como xa sabedes a nosa sección dos mércores titúlase "Sabedes que...? e sempre a dedicamos a temas do noso interés, curiosidades, a nosa contorna...
Nesta ocasión o tema, como xa veredes é, non só do noso interés senón do interés de todos os cidadáns do mundo.

Unha das maiores lacras da nosa historia son as guerras. Os motivos polos que os seres humanos acabamos provocando conflitos que só levan á morte inxusta de moitas persoas e a destrución de países enteiros, por desgraza, ten que ver, case sempre, con decisións equivocadas e con países dirixidos por dictadores. 
Só cando somos capaces de vivir en democracia, en liberdade; respectando as opinións, as ideas, as relixións, aínda que sexan diferentes as nosas, das outras persoas; poderemos vivir en paz.

Neste momento no mundo hai moitos países que están en guerra, cando esto acontece case sempre é a poboación civil a que carga coas peores consecuencias. E dentro desa población son os nenos e nenas os máis perxudicados.

O pobo Sirio é un destes paises. Familias enteiras tiveron que abandonar o seu fogar, o seu país. Agora están en campos de refuxiados e precisan a nosa axuda. Por iso desde o colexio imos a facer unha Campaña de recollida de alimentos e contos. 
Os alimentos porque é a primeira necesidade de todo ser humano. Os contos porque igual que alimentamos o corpo, tamén necesitamos alimentar a nosa mente.
Para estes nenos e nenas, que non teñen nada, un conto pode ser un motivo de alegría e de axuda para, durante un anaco de tempo, esquecer a inxusta situación na que están vivido. Por iso, precisan a nosa axuda e desde o colexio contamos con tos@s vós.

Aquí podedes ver algunhas imáxenes dos Campos de refuxiados. Estas fotografías sacounas Laura Lizancos Mora, unha amiga que o deixou todo para ir a axudar a estas familias e que teremos a honra de coñecela o vindeiro venres.

Un campo de refuxiados visto desde o aire.



Facendo cola para poder coller algún alimento



Un ovo cocido e un vaso de leite.



Alimentos que van chegando desde moitas partes do mundo.


Roupa.



Afortunadamente a moitas persoas que deciden deixar a súa vida, para axudalos.


Nen@s no campo de refuxiados.






Un can é un motivo de alegría. Sempre o son. Só con cariño o canciño xa non quere marchar.





Laura Lizancos no campo de refuxiados, sempre cun sorriso.





Como ya sabéis nuestra sección de los miércoles se titula "Sabéis que...? y siempre la dedicamos a temas de nuestro interés, curiosidades, nuestro entorno...
En esta ocasión el tema, como ya veréis es, no sólo de nuestro interés sino del interés de todos los ciudadanos del mundo.

Una de las mayores lacras de nuestra historia son las guerras. Los motivos por los que los seres humanos acabamos provocando conflictos que sólo llevan a la muerte injusta de muchas personas y la destrucción de países enteros, por desgracia, tiene que ver, casi siempre, con decisiones equivocadas y con países dirigidos por dictadores. 
Sólo cuando somos capaces de vivir en democracia, en libertad; respetando las opiniones, las ideas, las religiones, aunque sean diferentes las nuestras, de las otras personas; podremos vivir en paz.

En este momento en el mundo hay muchos países que están en guerra, cuando esto acontece casi siempre es la población civil a que carga con las peores consecuencias. Y dentro de esa población son los niños y niñas los más perxudicados.

El pueblo Sirio es uno de estos paises. Familias enteras tuvieron que abandonar su hogar, su país. Ahora están en campos de refugiados y precisan nuestra ayuda. Por eso desde el colegio vamos a hacer una Campaña de recogida de alimentos y cuentos. 
Los alimentos porque es la primera necesidad de todo ser humano. Los cuentos porque igual que alimentamos el cuerpo, también necesitamos alimentar nuestra mente.
Para estos niños y niñas, que no tienen nada, un cuento puede ser un motivo de alegría y de ayuda para, durante un trozo de tiempo, olvidar la injusta situación en la que están vivido. Por eso, precisan nuestra ayuda y desde el colegio contamos con tos@s vosotros.

Aquí podéis ver algunas imáxenes de los Campos de refugiados. Estas fotografías las sacó Laura Lizancos Mora, una amiga que lo dejó todo para ir a ayudar la estas familias y que tendremos el honor de conocerla el próximo viernes.

venres, 18 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA

Empezamos as vacacións de Semana Santa, cun poema do escritor das Letras Galegas 2016, Manuel María. Se xa coñecemos os poemas dedicados ao Sol e a Lúa, hoxe tócanos O Arco da Vella.




O arco da vella.

O arco da vella
no ceo subido
co seu colorín,
co seu colorido.


O arco da vella
con sete colores
que tejen, no ceo,
beleza de flores.


O arco da vella
no ceo chantado
co seu colorín
co seu colorado.


O arco da vella 
é un arco triunfal
con sete guerreiros
que a ninguén fan mal.


O arco da vella
de luz feito é.
Resulta un milagre
que siga de pé.

                                          Manuel María.

mércores, 16 de marzo de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Imos a coñecer máis detalles do pintor Wassily Kandinsky, do que xa vimos un video o pasado aoves.


Esta é a primeira acuarela abstracta que pinta Kandinsky.





Que é o que vemos? Como o describiriamos? Se pretendedes recoñecer  figuras, obxectos, ou persoas pintadas con máis ou menos destreza no cadro, non atoparedes nada. Kandinsky desde facía anos non tiña interese en definir obxectos.



Nos cadros que ides a ver a continuación poderedes ver ese proceso cara a abstracción:
















Impresionante Kandinsky, non si?













Que es lo que vemos? Cómo lo describimos? Si pretendeis reconocer figuras, objetos o personas pintadas con más o menos destreza en el cuadro, no vais a encontrar nada. Kandinsky desde hacia años no tenía interés en definir objetos.

En los cuadros que vais a ver, podréis ver ese proceso hacia la abstracción.




SABEDES QUE ...

NA NOSA CIDADE TEMOS UN LUGAR MOI FERMOSO CHAMADO OS XARDÍNS DE SAN CARLOS?






 Estes xardíns están nunha situación privilegiada, xa que desde eles podemos observar todo o peirao. 







Neste fermoso lugar podedes atoparvós coa tumba de Sir John Moore, morto na batalla de Elviña.



Como vedes tamén están cheos de romanticismo.

Resultado de imagen de jardines de san carlos coruña


Neles plantáronse moitas especies autóctonas, mais tamén exóticas doutros países.


Os xardíns de San Carlos, gardan unha fermosa lenda que ten que ver coa aparición fantasmal todos os 16 de Xaneiro da que supostamente foi amante do Xeneral Moore.
Falamos de Lady Hester Stanhope.




Lady Hester foi sobriña do primeiro ministro británico Pitt, con quen conviviu en Downing Street. Chegou a ser a raíña da alta sociedade británica, apuntan algunhas crónicas da época.
Mortos Pitt, Moore e Charles, a dama emprendeu unha viaxe polo mundo en compañía dun home 14 anos máis novo. Sufriu un naufraxio, e entre o pouco que puido rescatar estivo unha luva que o seu amado Moore luciu na Coruña.
Cando se cansou do novo mozo, devolveuno ás illas e continúo viaxe. Asentouse no Líbano, onde alugou un mosteiro en ruínas.
En 1823 recibiu a noticia de que o seu irmán James suicidouse despois da morte da súa esposa durante o parto do que ía ser o seu segundo fillo.

Bloqueou as portas con ladrillos e non volveu saír do mosteiro. Só deixaba ir aos seus criados a por auga. Faleceu, desequilibrada e pobre, en 1839.

A lenda di que as noites de todos os 16 de Xaneiro, a pantasma de Lady Hester, regresa aos xardíns de San Carlos para reecontrarse co seu amado. Hai mesmo algún testemuño recolleito nalgunhas publicacións antigas de persoas que aseguran ver a unha fermosa dama vestida de branco cun bonito tocado na súa cabeza, que tras deambular polo corredores dos xardíns, acaba o seu percorrido aos pés da tumba do xeneral Moore para posteriormente desaparecer súbitamente.

Xa sabedes, este xardíns son unha visita obrigada.




Este lugar tan bonito y visitado por los turistas que se acercan a Coruña, guarda una hermosa leyenda que tiene que ver con la aparición fantasmal todos los 16 de Enero de la que supuestamente fue amante del General Moore.
Hablamos de Lady Hester Stanhope.


Lady Hester fue Sobrina del primer ministro británico Pitt, con quien convivió en Downing Street. Llegó a ser la reina de la alta sociedad británica, apuntan algunas crónicas de la época. Muertos Pitt, Moore y Charles, la dama emprendió un viaje por el mundo en compañía de un hombre 14 años más joven. Sufrió un naufragio, y entre lo poco que pudo rescatar estuvo un guante que su amado Moore lució en A Coruña.
Cuando se cansó del nuevo mozo, lo devolvió a las islas y continúo viaje. Se asentó en el Líbano, donde alquiló un monasterio en ruinas.
En 1823 recibió la noticia de que su hermano James se había suicidado después de la muerte de su esposa durante el parto del que iba a ser su segundo hijo.

Bloqueó las puertas con ladrillos y no volvió a salir del monasterio. Sólo dejaba ir a sus criados a por agua. Falleció, desequilibrada y pobre, en 1839.


La leyenda dice que las noches de todos los 16 de Enero, el fantasma de Lady Hester, regresa a los jardines de San Carlos para reecontrarse con su amado. Hay incluso algún testimonio recogido en algunas publicaciones antiguas de personas que aseguran haber visto a una hermosa dama vestida de blanco con un bonito tocado en su cabeza, que tras deambular por lo pasillos de los jardines, acaba su recorrido a los pies de la tumba del general Moore para posteriormente desaparecer súbitamente.

luns, 14 de marzo de 2016

RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DOS MARTES

¡Eu non fun!, iso é o que dicimos todos cando nos pillan facendo algo que non debemos, non si?

Pois na biblioteca temos un conto que titúlase ....¡EU NON FUN!


xoves, 10 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA





A LÚA

A Señora Lúa
aínda está solteira.
A Señora Lúa:
a Lúa lueira!


A Lúa lueira,
ten gana de troula
e quer ir de rúa!


E quer ir de rúa,
de troula ir quería,
que sinte morriña
e melancolía!



A señora Lúa
a Lúa rueira
como anda de noite,
sempre está tristeira.


Sempre con tristura
e melancolía
que anda pola noite
e dorme de día.


Que a señora Lúa
co sol quere casar.
E andao buscando
sen podelo achar!


A Señora Lúa
a Lúa tristeira:
se non da co slo
quedará soterra.

                                             Manuel María

mércores, 9 de marzo de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe empezamos coa vida e obra do pintor elexido polos compañeiros e compañeiras da aula de 2ºA,
Vasili Kandinski.
Neste video ides a coñecer a súa biografía.

martes, 8 de marzo de 2016

SABEDES QUE ...

NA NOSA CIDADE HAI UNHA ESTATUA DUNHA MULLER QUE TIVO MOITA AFOUTEZA?

Esta muller chámase María Pita.



E loitou contra a armada inglesa, dirixida polo corsario Francis Drake.


Nesta pintura podedes ver a María Pita en plena loita por defender a nosa cidade.


Por iso ten unha estatua na praza que leva o seu nome, a Praza de María Pita.


Esta mujer se llama María Pita. Luchó contra la Armada Inglesa, dirigida por el corsario ingles Francis Drake.
En este cuadro podeis ver a la valiente coruñesa en la pelea. Por eso tiene una estatua en la plaza que lleva su nombre, Plaza de María Pita.

8 DE MARZO. DIA INTERNACIONAL DA MULLER.

Hoxe celebramos o Día Internacional da muller, e queremos facelo  a través da arte, xa que este curso estamos aprendendo moito sobre pintura co noso proyecto "E ti, que pintas?"
Neste video poderedes ver a evolución do rostro da muller a través de 500 anos de arte.




Feliz día a todas!!!

domingo, 6 de marzo de 2016

xoves, 3 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA

O SOL
O sol chámase Lourenzo
e é un señor moi finchado
que está no alto do ceo
todo o día rebrillando.
Vai vestido de marelo,
leva chaleque encarnado.
Moi seguro de si mesmo
a súa calor nos vai dando.
O sol chámase Lourenzo
e é un señor moi sinalado.
Se non fora polo sol
estaría o mundo xeado!
Só o sol manda no ceo;
moi solemne, moi barbado.
As súas barbas son os raios
con que nos vai alumando.
Manuel María. Autor das Letras Galegas 2016

mércores, 2 de marzo de 2016

SABEDES QUE ...

NA CORUÑA TEMOS UN CASTELO?





Chámase o "Castelo de San Antón". É do século XVI. Desde esta Castelo houbo loitas contra piratas, como Francis Drake e outros invasores, xa que está nun lugar moi estratéxico.

Aquí tedes un video para coñecelo mellor:

martes, 1 de marzo de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Hoxe imos a coñecer un pouco máis ao pintor escollido polos nenos e nenas da aula de 1ºB.




Piet Mondarni naceu o 7 de marzo de 1872 en Amersfoort (Holanda). Foi o segundo fillo de cinco da familia do mestre Pieter Cornelis Mondriaan e da súa esposa Johanna Christian Kok.
Mestre de educación primaria, en 1892, inicia estudos de pintura na Escola de Arte en Amsterdan.

Foi un pintor que evolucionou e investigou moito, como podedes ver nestes dous cadros. O primeiro de cando empeza a pintar, e o segundo, polo xeito de pintar que xa é mundialmente coñecido.




Viviu varios anos en Paris e Londres, pero foi en Nova York onde pasou os derradeiros anos da súa vida, morrendo nesta cidade dunha pulmonia.


Aquí tedes dous vídeos estupendos sobre este pintor. No primeiro veredes como o seu xeito de pintar, inspira curtametraxes de animación. No segundo veredes a Piet Mondrian dun xeito moi divertido, misturando a súa pintura cunha música que a el lle gustaba moito, o Boogie Woogie.

A bailar Boogie Woogie!!!







Hoy vamos a conocer un poco más al pintor escogido por los niños y niñas del aula de 1ºB.

Piet Mondarni nació el 7 de marzo de 1872 en Amersfoort (Holanda). Fue el segundo hijo de cinco de la familia del maestro Pieter Cornelis Mondriaan y de su esposa Johanna Christian Kok.
Maestro de educación primaria, en 1892, inicia estudios de pintura en la Escuela de Arte en Amsterdan.

Fue un pintor que evolucionó e investigó mucho, como podéis ver en estos dos cuadros. El primero de cuando empieza a pintar, y el segundo, por la manera de pintar que ya es mundialmente conocido.

Vivió varios años en Paris y Londres, pero fue en Nueva York donde pasó los últimos años de su vida, muriendo en esta ciudad de una pulmonia.


Aquí tenéis dos vídeos estupendos sobre este pintor. En el primero veréis como su manera de pintar, inspira cortometrajes de animación. En el segundo veréis a Piet Mondrian de una manera muy divertido, misturando su pintura con una música que a él le gustaba mucho, el Boogie Woogie.

A bailar Boogie Woogie!!!