jueves, 10 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA





A LÚA

A Señora Lúa
aínda está solteira.
A Señora Lúa:
a Lúa lueira!


A Lúa lueira,
ten gana de troula
e quer ir de rúa!


E quer ir de rúa,
de troula ir quería,
que sinte morriña
e melancolía!



A señora Lúa
a Lúa rueira
como anda de noite,
sempre está tristeira.


Sempre con tristura
e melancolía
que anda pola noite
e dorme de día.


Que a señora Lúa
co sol quere casar.
E andao buscando
sen podelo achar!


A Señora Lúa
a Lúa tristeira:
se non da co slo
quedará soterra.

                                             Manuel María

No hay comentarios:

Publicar un comentario