jueves, 3 de marzo de 2016

VENRES DE POESÍA

O SOL
O sol chámase Lourenzo
e é un señor moi finchado
que está no alto do ceo
todo o día rebrillando.
Vai vestido de marelo,
leva chaleque encarnado.
Moi seguro de si mesmo
a súa calor nos vai dando.
O sol chámase Lourenzo
e é un señor moi sinalado.
Se non fora polo sol
estaría o mundo xeado!
Só o sol manda no ceo;
moi solemne, moi barbado.
As súas barbas son os raios
con que nos vai alumando.
Manuel María. Autor das Letras Galegas 2016

No hay comentarios:

Publicar un comentario