mércores, 30 de novembro de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

A que tamén vós podedes pintar así nun papel longo, longo. Fixádevos e veredes que algunha desas pinturas xa as fixestes.

Cal será?


martes, 29 de novembro de 2016

domingo, 27 de novembro de 2016

APADRIÑANDO LECTOR@S.

O martes empezamos a apradiñar lector@s na nosa biblioteca. Foi para todos unha experiencia fermosa, e por iso, estamos dispostos a seguir todos os martes disfrutando de contar e escoitar contos.








MOITÍSIMAS GRAZAS! TEDES MOITO CONTO E SODES MARABILLOS@S!!!

CONTOS CURTOS

O Conto Corto de hoxe titúlase " Se os animais comeran comida rápida".



XA SABEDES HAI QUE COMER ALIMENTOS SANS!!!

xoves, 24 de novembro de 2016

VENRES DE CONTO

O conto de hoxe titúlase "Guau", e fálanos da sabana, que seguro xa sabedes onde está.





Disfrutádeo!!!

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Hoxe imos  coñecer a un artista africano moi peculiar, xa que traballa con materiais de refugallo.

RECICLA CON "EL ANATSUI"




Este escultor está en contra das políticas de reciclaxe actuais de moitos países de África, que non tratan debidamente os residuos por exemplo os tapóns metálicos de botellas, e é por iso que, a modo de protesta, traballa sempre con estes materiais desechables.

.Queredes ver algunhas das obras do Anatsui?




Na creación das súas obras o artista fai homenaxe á a vestimenta que el utilizaba durante a súa infancia en África, creada a partir de retales de roupa. Á súa vez, con estas divisións ou cambios de tonalidade presentes nos seus murais de tapóns, El Anatsui simboliza e critica a división e conflitos existentes entre os diferentes pobos africanos.

El Anatsui creando la instalación para su obra con tapones reciclados DIY







martes, 22 de novembro de 2016

SABEDES QUE ...

NO CONTINENTE AFRICANO HAI UN PINGÜIN CHAMADO, "PINGÜIN DO CABO"?

Resultado de imagen de PINGÜINO DEL CABO


Resultado de imagen de PINGÜINO DEL CABO




 A QUE É GRACIOSO? IMOS A COÑECER ALGO MÁIS SOBRE EL:

O pingüín do Cabo, chamado tamén pingüín de Jakass, mide uns sesenta centímetros de longo total. Adáptase tamén a climas tépedos, polo tanto vive en zonas que non son excesivamente frías; aniña na parte meridional de África e ás veces ata en Natal e Angola. É o que comunmente se exhibe nos xardíns zoolóxicos do mundo.

Tamén é o máis común nas peliculas de animación:

Resultado de imagen de PINGÜINO DEL CABO




Todo o torpes que parecen os pingüíns camiñando, deixan de selo cando están no mar. Alí vólvense veloces como un corredor de fondo e áxiles coma se fosen soldados dunha guerra que non poden perder. O inimigo de sempre espéralles dentro da auga, aínda que nos últimos séculos o ser humano ocupou ese podio facendo que a poboación de pingüín africano mingüe de tal maneira que só quedan na actualidade ao redor de 50.000 exemplares (catro veces menos que no ano 2000 e un 99% menos que a principios do século XX).

Pingüinos africanos en Stony Point (Betty`s Bay, Sudáfrica)


E aqui tedes un viedo dun afeccionado, e os pingüins en movemento:


martes, 15 de novembro de 2016

SABEDES QUE ...

HOXE HOUBO UNHA LÚA MOI ESPECIAL?

Imos deixar por un mércores os páxaros, xa que paga a pena que vexades esta fotografía da lúa que poidemos observar onte. Unha lúa moi fermosa que só podemos ver cada 70 anos.

Mirade que fermosa:







Esta fotografía sacouna un amigo fotógrafo que vive preto de A Coruña, en Arteixo.

luns, 14 de novembro de 2016

domingo, 13 de novembro de 2016

O NOSO MAGOSTO 2016

ASÍ FOI O NOSO MAGOSTO 2016

"Fíate das castañas asadas, que se estoupan, saíranche á cara"



Pero as nosas castañeiras non lles estoupou ningunha


Probablemente porque estaban protexidas non só polas nosas meigas, tamén polos espiritos bis vidos desde África


Como vedes o entusiasmo era grande


E, xa todos xuntos no pavillón, demos boa conta dunhas castañas riquísimas








Magosto que estivo acompañado dos Premios ás mellores cabazas, nas distintas categorías












E tamén as tres gañadoras do Concurso de Relatos "Dame medo"




Parabéns a Tod@s @s premiad@s!!!

E un especial agradecemento as castañeiras e a todos os que fixéchedes posible un día tan especial !!!



sábado, 12 de novembro de 2016

CONTOS CURTOS

O Conto Curto de hoxe titúlase "Piper- So Cute Bird". O paxaro é un lavandero, e mirade que listo é , como supera os seus medos.



xoves, 10 de novembro de 2016

mércores, 9 de novembro de 2016

E TI QUE PINTAS? ÁFRICA

África é un continente cheo de curiosidades artísticas. Unha delas pertence á tribu Ndebeles, na África do sur e en Zimbabwe. Alí teñen o fermoso costume de estampar as súas casas con moitas cores e formas moi marcadas.
Estes murais de estilo único son sempre pintados por mulleres, sendo unha tradición que pasa de familia en familia.
Mirade que fermosas!!!








E AGORA UN VIDEO DESTA TRIBU, OS NDEBELES, QUE SON TODOS UNS ARTISTAS!!!