domingo, 23 de decembro de 2018

CONTACONTOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DO BARRIO


Chegou o Nadal e, desde a nosa Biblioteca Escolar Solidaria, preparamos unha actividade para achegar aos máis pequenos e pequenas ao marabilloso mundo dos libros. Adaptamos ao galego o conto Dear Santa de Rod Campbell e Karina e Xiao de 6º de EP prepararon unha sinxela interpretación para levala de xira polas escolas infantís da zona.
Visitamos a EIM Agra do Orzán e a EI O Ventorrillo (por certo, grazas por acollernos) e a función foi un éxito de público e crítica.
Esta converteuse na primeira doutras visitas que, ao longo do curso, brindaremos a algunhas institucións do barrio.

xoves, 20 de decembro de 2018

BO NADAL



Escoitade ben!!! Quero que pasedes unha festas marabillosas; que descansedes, xoguedes e que leades moitos contos fermosos.
Xa vos contarei que agasallos me trouxo o Apalpador ou os Reis Magos, que eu teño de todo. 
Espero que non me pase como o nadal anterior que de tantos doces que comín, estiven un día enteiro na cama sen poder moverme.

Quero desexarvos un Bo Nadal en todas estas linguas e tamén deixarvos esta panxoliña...




        BO NADAL

                                    FELICES FIESTAS

DEWÉNATI

أعيادا سعيدة

BONES FESTES


                                MERRY CHRISTMAS

HOLIDAYAASHA DHEXDIISA

                                              SARBATORI FERICITE





mércores, 19 de decembro de 2018

PANXOLIÑAS III: POLO NADAL, TURRÓN E MAZAPÁN



E AQUÍ VAI OUTRA PANXOLIÑA. SE VOS FIXADES NO VÍDEO, É UN LID UP INTERPRETADO POLA XENTE DA EEI NOSA SEÑORA DO CARME DE MARÍN (PONTEVEDRA). SE A QUEREDES CANTAR CON PICTOGRMAS, EMBAIXO TENDES A LIGAZÓN. BOAS FESTAS!


domingo, 16 de decembro de 2018

O APALPADOR


Ola amiguiñas e amiguiños, chegan unhas datas moi fermosas para todos e todas nós, o Nadal. Eu xa estou decorando a miña casa e preparando os doces para cando veñan a pasar estas festas as gnomas e os gnomos do bosque.
Cada ano o celebramos nunha casa, este tócame a min e estou moi emocionado.
Sempre contamos este conto e esperamos con ilusión os agasallos.
Espero que vos guste tanto como a min.
Moitos bicos herculinos. Sempre co narisssssss!!!!!


O APALPADOR




xoves, 13 de decembro de 2018

VENRES DE CONTO








Ola amiguiñas e amiguiños: hoxe vos deixo un conto sobre un rato moi viaxeiro, e non conto máis que logo todo se  sabe....
Vémonos a vindeira semana e contareivos todos os preparativos que estou argallando para as festas do Nadal.

Bicossss herculinossss!!!!




MARUXA








mércores, 12 de decembro de 2018

PANXOLIÑAS II: BUSCANDO UNHA ESTRELA



CHEGAN ESTAS DATAS E, COMO EN TODAS, APETECE CANTAR, NON SI? POIS XA SABEDES QUE AS CANCIÓNS TÍPICAS DO NADAL EN GALÍCIA CHÁMANSE PANXOLIÑAS. NESTAS DÚAS SEMANAS QUE QUEDAN DE CLASE IMOS VER DÚAS. A PRIMEIRA CÁNTAA TINO BAZ E TITÚLASE BUSCANDO UNHA ESTRELA. PREME NA FOTO DE EMBAIXO PARA VÉRDELA EN PICTOGRAMAS E CANTALA MÁIS FACILMENTE.
 A CANCIÓN EN PICTOS

venres, 7 de decembro de 2018

RECOMENDAMOS: O APALPADOR

 Ver o conto en ISsUU
Imaxe: captura de Issuu.

Ola a todos e a todas:
Xa que imos cara o Nadal e eu teño unha amistade moi especial cun homiño que anda polos bosques de O Caurel, hoxe quérovos recomendar este conto, O Apalpador, de Xoán G. Se premedes enriba, colgueivos o conto co texto adaptado máis para vós, os nenos e nenas de Eduación Infantil. Se queredes o orixinal, premede na imaxe de embaixo.

Imaxe: captura de Calaméo.
E, claro, non todo vai ser ler, non si? Tamén sei que vos gusta, e moito, cantar. Pois aquí tendes a canción do gran Pablo Díaz do seu disco Toc Toc. Fixádevos que fermosa!


E para seguir mellor este temazo, aquí vos deixamos a canción en pictogramas.
Espero que vos guste moito a historia do meu amigo.
Bicos gnómicos. Sempre con nariz.
Herculino.

mércores, 5 de decembro de 2018

PANXOLIÑAS I: XA ME TARDAN ESTES MAGOS

XA ESTÁ AQUÍ O NADAL E IMOS COMEZAR CUNHA DIVERTIDA PANXOLIÑA. A MAMÁ CABRA ESTANLLE TARDANDO OS MAGOS DE ORIENTE E FÁNNOLO SABER NESTE TEMAZO.