As plantas e as palabras que as nomean, son iguais de fermosas. O noso alumnado de 3ºA fixo estes letreiros marabillosos que podemos ler antes de entrar na biblioteca: romeu, pemento, cabaza, margaridas, amorodos, menta, loureiro... todas estas palabras levan con elas o recendo da planta que as nomea.
xoves, 29 de abril de 2021
VENRES DE CONTO
Bicos herculinossssss!
martes, 27 de abril de 2021
CANTA COMIGO!
Ola amiguiñas e amiguiños, e hoxe imos cantar con este crocodilo namorado!
Veña, imos aló!
O crocodrilo tiña frío e tremía, nin con bufanda, nin con luvas resistía....
Bicos herculinossssss!
domingo, 25 de abril de 2021
CONTOS ANIMADOS
Ola amiguiñas e amiguiños, ollade que historia máis fermosa dunha balea! A herculina e a min gústanos moito este animal. Sabedes que é o máis grande do planeta, é a que máis a balea azul antártica!
Bicos herculinossssss!
WHALE
xoves, 22 de abril de 2021
23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO
Non hai mellor forma de ser lectoras e lectores que compartindo as nosas lecturas e a emoción que nos producen!
Velaquí a proba!
Moitas grazas a todas e a todos!
luns, 19 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO NA NOSO RAKONTO
Pero lembrei este vídeo da vosa biblioteca ese lugar de encontro cos contos e, que só con vós é máxico.
domingo, 18 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO NO NOSO RAKONTO
Gozádeo!
Bicos herculinossss
xoves, 15 de abril de 2021
O CONTO DOS VENRES
Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un conto que sei que vos vai gustar moito, moito. Titúlase Cocorico. Polos pelos. Que eu sei que vos gusta moito Cocorico, pois a min tamén!
Bicos herculinossssssss!
mércores, 14 de abril de 2021
RAKONTO VERDE.
Ola amiguiñas e amiguiños, esta semana no Rakonto Verde temos un vídeo sobre as abellas moi interesante. Eu respecto moito ás abellas e espero que vós tamén. Sábedes que son fundamentais para a nosa vida? Sabedes o que é a apicultura ou un apiario? Seguro que si, e se non o podedes aprender neste vídeo. Pero elas precisan de nós para poder alimentarse e reproducirse, tamén para facer esa mel tan rica e que tanto nos gusta:
Escoitade, escoitade!
Bicos herculinossssssss!
martes, 13 de abril de 2021
SEMANA DO LIBRO NO NOSO RAKONTO.
Ola amiguiñas e amiguiños, canto estou a disfrutar desta semana do libro! Hoxe quero deixarvos imaxes con textos sobre libros, para que reflexionedes sobre a importancia da lectura na nosa vida e na de toda a sociedade.
Neste vídeo veredes que a través dos libros tedes moitos mundos de cores, de escoita, de viaxes... e, que si, coa lectura podemos mudar e abrir as nosas ideas!
Sen dúbida, esta tamén é unha mostra de cariño!
Protexéndonos da ignorancia, protexemos a nosa liberdade e a das persoas que nos rodean!
Pois iso!
Podedes abrilo unha e outra vez, nunca se cansan!
Os libros, como as flores, tamén teñen o seu olor particular. Non deixedes de gozar do pracer de ulir un libro!
Sen dúbida, o noso cerebro precisa novas aplicacións, unha das que máis o alimenta é a lectura.
Sexamos esquíos!
Como vos sentides ao estar sumerxidas na lectura? Asi, por exemplo!
Usémolos! A eles gústalle a pegada que imos deixando nas súas páxinas!
E así viaxamos co vento a noso favor!
E, xa para rematar, que saibas que...
CANTA COMIGO
Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe quero enviarvos bicos de música para cando vaides durmir!
Bicossssss de música e herculinosssssssss!
domingo, 11 de abril de 2021
CONTOS ANIMADOS
Ola amiguiños e amiguiñas, aquí vos deixo un historia animada de un polbo femia e un polbo macho namorados, que non hai nada que os deteña para estar xuntos. É o que ten o cariño! Esta curta de animación foi realizada por estudiantes da escola de animación francesa Les Gobelins. Mirade que fermosura crearon!
Espero que vos guste!
Bicos herculinossssss!
OKTAPODI
luns, 5 de abril de 2021
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)