luns, 21 de decembro de 2020

FELICES FESTAS!

 



Ola amiguiñas e amiguiños, xa chega o Nadal e con el un tempo de vacacións estupendo para ler. Desde a biblioteca queremos desexarvos unha felices e literarias festas. E tamén facervos algunha recomendación de libros para que pidades como agasallo ou para agasallar a outras persoas.

En moitas culturas, nestas datas, os libros son os protagonistas. E, un deses países é Islandia, no que eu teño moitos amigos que viven en bosques moi fermosos.  Islandia é unha isla, aquí tedes o seu mapa:



En Islandia os libros son os protagonistas do día de Noiteboa. Todas as persoas agasallan libros e pasan a noite lendo na compaña dunha taza de chocolate ben quente. Esta boa e fermosa costume recibe o nome de Jólabókaflód.

E, na biblioteca, fixemos este vídeo con  recomendacións literarias!!!

BO E LITERARIO NADAL!!!






xoves, 17 de decembro de 2020

RAKONTO VERDE

 Ola amiguiñas e amiguiños, mirade por onde ando hoxe!



Sabedes por que?

Esta semana saín da miña fraga e fixen un roteiro por diferentes espazos verdes da cidade. Seríades quen de recoñecelos? Que vos parece aproveitar as vacacións de Nadal para achegarvos a algún deles?
Aquí vos deixo o nome destes fermosos lugares polos que podedes pasear coa familia nestes días:

Foto 1- Parque de Sta. Margarida
Foto 2- Parque do Monte de San Pedro.
Foto 3- Parque de Vioño.
Foto 4- Torre de Hércules.
Foto 5- Parque escultórico da Torre de Hércules.
Foto 6- Parque de Bens.
Foto 7- Xardíns de Méndez Núñez.
Foto 8- Xardíns de San Carlos.

Espero que fagades algún destes roteiros e xa me contaredes!!!
Bicos herculinosssssssss

O CONTO DA SEMANA

 




Esta semana o famoso contos  dos sete cabritiños!!!

Espero que vos guste e boa fin de semana!!!
Bicos herculinossssss!!!






martes, 15 de decembro de 2020

luns, 14 de decembro de 2020

A COMUNIDADE DE BOOKTUBERS DO RC RECOMENDA...

Que mellor para estrear a nosa comunidade de booktubers que empezar con esta recomendación do alumnado de 5ºA de EI.

Moitos parabéns!!!

E o libro é....



xoves, 10 de decembro de 2020

O CONTO DA SEMANA

 




Ola amiguiñas e amiguiñas, para despedir a semana, deixovos este conto que xa o tedes na vosa biblioteca para ler cando queirades.
Espero que vos guste!
Bicos herculinossss e boa fin de semana!


A ESCALEIRA




martes, 8 de decembro de 2020

CANTA COMIGO


Ola amiguiñas e amiguiños, nin imaxinades que frío vai na fraga e ata nevou. Estaba moi, moi fermosa! 

                                            Aquí vos deixo unha fotografía para que a vexades!


                                              Pois hoxe unha panxoliña da neve:


Bicos herculinossss!!!




xoves, 3 de decembro de 2020

O CONTO DA SEMANA

 


Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un conto que moito me gusta!!! O conto do elefante Elmer!

Bicos herculinosssssss!!!!




domingo, 29 de novembro de 2020

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, moito me gustaron os vídeos que fixestes para o 25N. Tanto me gustaron, que llos enviei a todos e todas as miñas amigas. Os meus parabéns!!!

Hoxe vos deixo un conto animado dun paxaro chamado Piper que ten medo a saír do seu niño, pero pronto descubrira que se traballamos en equipo, podemos superar case todos os medos.

Bicos herculinosssss!!!!

PIPER



xoves, 26 de novembro de 2020

CANTA COMIGO.














Ola amiguiñas e amiguiños, xa vedes que esta semana estou moi lunático, por iso vos deixo esta canción tan fermosa sobre a lúa. Quen poidera collela!!!
Bicos Herculinosssssss!!!! E mirade a lúa que esta semana esta medrando!!!!



A LÚA


 

mércores, 25 de novembro de 2020

O CONTO DA SEMANA.








Ola amiguiñas e amiguiños, seguro que coñecedes este conto, pero senon é así seguro que vai a divertirvos moito a historia destes Chibos Chibóns, o pequeno, o mediano e o grande.
Bicos herculinosssss!




 

martes, 24 de novembro de 2020

domingo, 22 de novembro de 2020

CONTOS ANIMADOS



Ola amiguiñas e amiguiños, moito me gustou este conto animado e espero que a vós tamén.
Moitos bicos herculinossssssss!



A LÚA



 

martes, 17 de novembro de 2020

CANTA COMIGO. SEMANA DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS



Ola amiguiñas e amiguiños, deixovos esta canción e, como sodes moi listos e listas, tamén vos deixo unha pregunta: sabedes por que todos os nenos e nenas da canción moven as mans ao tempo que cantan?
Bicos herculinossssss!!!


VEN COMIGO VEN. 
                                                     SONÁRBORE.



 

domingo, 15 de novembro de 2020

CONTOS ANIMADOS. SEMANA DOS DEREITOS DAS NENAS E NENOS.


Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe vos deixo un video que é moi interesante para que coñezades os Dereitos dos nenos e as nenas en todo o mundo.
Escoitade con atención e se non entendedes algo, preguntádelle a vosa mestra ou mestre.
Espero que vos guste e que pensedes moito nestes dereitos.
Bicos herculinosssssssss!!!!



 

xoves, 12 de novembro de 2020

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiña e amiguiños, que vos parece se volvemos a cantar xuntos! Encantoume esta canción de Sonárbore! As nubes molan moito, non é?

Bicos herculinosssssss!!!





luns, 9 de novembro de 2020

RECOMENDAMOS

 

Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe, no Recomendamos, temos un libro que imos gozar moito no noso colexio, especialmente a rapazada das aulas de primeiro e segundo.

A súa autora, Eva Mejuto, é moi querida na nosa biblioteca. Os seus libros son dos nosos favoritos: Corre, corre cabaciña; A casa da mosca chosca... 



O libro é...



Dez gatiñas curiosas, rebuldeiras, intrépidas, van coas súas mochilas precorrendo toda Galcia. Ata onde as levará a súa viaxe?

Espero con ilusión o que nos conten as compañeiras e compapañeiros das aulas de primeiro e segundo. 

A min encantoume!!!

Bicos herculinosssssssssss

domingo, 8 de novembro de 2020

CONTOS ANIMADOS

 

Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe o conto animado titúlase...

LÉVAME A CASA

E xa sabedes, se tedes animais de compañía. tratádeos moi ben e con moito cariño.

Bicos herculinossssssssss!!!





domingo, 1 de novembro de 2020

BENVIDAS E BENVIDOS!!!

 

Ola amiguiñas e amiguiños! 
Cantas ganas tiña de volver a estar con vós! E, aínda que este é un curso un pouco especial, entre todos e todas imos pasalo moi ben. 
Aquí no bosque tamén usamos a máscara para protexernos do virus e sempre, sempre lavamos as mans con auga e xabón. 
É moi importante que respectemos as normas, e claro, na biblioteca tamén temos que seguilas, por iso vos deixo aquí uns imaxes para que saibades o que tedes que facer. 
Espero que vos sirvan de axuda e a partir de agora xa nos vemos todas as semanas.

Que alegría volver estar con vós!

Bicosssss herculinos!!!





sábado, 13 de xuño de 2020

UNHA CARTA PARA VÓS!

Prezadas lectoras e lectores:

Grazas! Por compartir, por traballar, polas vosas risas, por facer da biblioteca o lugar máis fermoso do colexio. 
Algunhas e algúns de vós, marchades este curso, pero non deste lugar no que as vosas voces, a pegada das vosas mans nos libros, eses letreiros que duran pouco pero contan moito da nosa vida cotiá na biblioteca, xa forman parte de nós para sempre.
Grazas, ás voluntarias e voluntarios polo voso esforzo diario, polo compañerismo, a imaxinación, as aportacións. Sen vós non sería posible! 
Grazas ás familias, por estar sempre dispostas a participar das nosas aventuras con cariño e complicidade.
Tusitalas, grazas por ter o corazón da maxia, atopar tesouros en illas, medrar con Calpurnia, poñervos o pixama de raias para entender a inxustiza, navegar polo mar de Ardora, poñer patas arriba cal Escaquis a Romeu as nosas cabezas e por entender que Fóra do normal é un lugar para todas e todos.
Grazas, a todas as autoras e autores, por pechar o círculo da palabra escrita para nós imaxinar.
Grazas tamén, do Equipo da biblioteca, a todas as compañeiras mestras e mestres do colexio, polo voso apoio, por axudar a tecer esa rede feita de palabras.
Lémonos!


mércores, 3 de xuño de 2020

SOMOS LIMPOS?







Este venres 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e, desde o noso blog queremos celebralo recomendando libros e colgando vídeos. 
Como ben dí na frase da imaxe, as boas intencións non son suficientes. Si cando imos á praia, temos a boa intención de non deixar o lixo tirado pola area e recollelo para logo tiralo no contenedor, mais non o facemos; a nosa  boa intención non serve de nada.
O planeta necesita que o axudemos, porque nós sin el non poderíamos vivir. Pensade canto gozades cun baño no mar, paseando polos bosques, xogando coa area, vendo as estrelas... a natureza ademais de darnos momentos alegres e divertidos, tamén nos alimenta, é vida, grazas a ela respiramos, medramos... por iso, temos que coidarnos xunt@s.


LEMON


mércores, 27 de maio de 2020

MENSAXE DE HERCULINO
















Hello amiguiñas e amiguiños! A que a primeira palabra xa a coñecedes! Pois si, estou intentando aprender inglés, porque a miña amiga Herculina que algún día vaiamos visitar os bosques ingleses, e claro, temos que aprender a falar na lingua dos gnomos de alí. Por iso, hoxe, vos deixo unha canción en inglés.
Seguro que vos xa a coñecedes e a sabedes cantar mellor ca min.
Moitos bicos Herculinossssssss!



venres, 22 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe temos a sorte de contar co noso alumno Daniel e un dos seus contos favoritos. Non deixedes de escoitar este vídeo e, como Dani, animádevos a seguir mandando as vosas historias con letras galegas.

Moitas grazas Dani!!!


xoves, 21 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Que alegría recibir, no noso blog, a poesía e o cariño do autor Antonio García Teijeiro!
O alumnado de 4º de EP, gozaron moito este curso co seu libro Poemar o mar, e nós felices do seu goce coa poesía. A labor de Antonio García Teijeiro a prol da poesía para nenas e nenos, sempre terá o noso agradecemento como lector@s e, a súa cercanía, o noso cariño.
Atent@s alumnado de cuarto, os videos teñen sorpresa!




Aquí tedes os dous vídeos que nos enviou!

Moitas grazas!





martes, 19 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

A ilustradora e escritora Laura Veleiro, visita hoxe o noso Rakonto para contarnos unha fermosa historia, que ten por título O paxariño do limoeiro. Non vos perdades o conto nin as ilustracións!



Moitas grazas! 


HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Sabedes quen nos visita hoxe no Rakonto, unha autora que tamén é  das mellores contadoras de contos galegas e que tivemos a sorte de escoitar e compartir historias con ela na nosa biblioteca.

Ela é... Charo Pita.

Moitas grazas!







domingo, 17 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Que sorte temos coas nosas autoras e autores galegos! Elas e eles xenerosos, enviáronvos tantos vídeos que imos seguir celebrando o maio das letras galegas.
Hoxe temos con nós a unha autora que creou presonaxes como Escarlatina ou A Señorita Bubble que xa sempre quedaran con nós.
Nesta ocasión tráenos unha primicia... tachan... tachan... a primeira páxina do seu último libro Vampira de biblioteca, que teremos a sorte de ler o vindeiro curso.



Moitas grazas!


venres, 15 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe temos un vídeo moi especial! As mestras e mestres de Educación Infantil quixeron facer a súa especial homenaxe o autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas, Carvalho Calero. 
Como ides ver, prepararon unha fermosa narración do conto deste autor As pitas baixo a choiva.
E, que saibades que seguiremos este mes de maio, mes das nosas letras, con vídeos de compañeiras e compañeiros, así como doutras autoras.

Así empeza... adiante vídeo!


xoves, 14 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

No Historias con Letras Galegas de hoxe, temos unha convidada moi especial!

Escoitade, escoitade a Olivia!

Moitas grazas!


mércores, 13 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Hoxe, no Historias con Letras Galegas temos un conto moi viaxeiro. A súa autora, Eva Mejuto cóntanos un anaco desta historia dunhas gatiñas e, que no vindeiro curso,  saberemos como rematan esta andaina tan divertida e interesante. 
Sabedes que Eva é tamén a autora de A casa da mosca chosca e de Corre corre, cabaciña.
O conto, Dez gatiñas viaxeiras, ten unhas ilustracións moi fermosas do ilustrador Victor Rivas.




Aqui tedes o vídeo que nos envía Eva! 
Moitas grazas!


martes, 12 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Quen esta hoxe con nós no Historias con Letras Galegas? Xa vos damos unha pista... unha protagonista moi querida... Lea.



Este é o vídeo que fixo para vós a súa autora, Andrea Barreira.

Moitas grazas!


domingo, 10 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

O primeiro vídeo que nos chega ao noso Historias con letras galegas e cheo de enerxía é...




Aquí tedes o vídeo que nos enviou a escritora Elí Rios.

Moitas grazas!!!


xoves, 7 de maio de 2020

HISTORIAS CON LETRAS GALEGAS

Ola a tod@s!

Como xa sabedes o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e, por suposto, non imos renunciar á gran festa das nosas letras. Mais, para que unha festa saia ben e sexa divertida, precisamos, como nos libros, de... unha historia que contar, personaxes, lugares... e o temos todo.
Vós, seredes os nosos personaxes; as historias, as temos nos libros; o lugar, o voso fogar, o xardín... e con todo isto, xa veredes a que montamos.
Só tedes que escoller un conto en galego, contárnolo, representalo sos ou coa vosa familia, o que mais vos apeteza. O enviades grabado nun vídeo a esta dirección de correo (ramonparis@edu.xunta.es)  e os colgamos no blog, na páxina web do colexio e nas nosas redes sociais.
Esperamos con ilusión que nos contedes un conto galego que vos guste especialmente! Podedes empezar a enviar XA!

                Que voen os contos, como se fosen bolboretas!





                                          Ilustración de Great- Oharu

martes, 5 de maio de 2020

UNS POEMAS DIVERTIDOS DE GLORIA FUERTES



Ola amiguiñas e amiguiños, sabedes que a min gústame moito a poesía? Pois si! Hoxe vou deixarvos uns poemas da escritora Gloria Fuertes que a min me gustan moito. Ollade este vídeo!
Bicos Herculinossssssssss


MARCA LIBROS

Moitas grazas a todas e a todos por esta masiva participación no marca libros, da gusto saber que estades aí, sempre dispost@s a participar. 
Seguiremos publicando segundo van chegando.