xoves, 5 de outubro de 2023

TRABALLANDO NO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA". AULA DE 5ºB

 



Ola amiguiños e amiguiñas, que me chegou esta foto do traballo tan chulo que están a facer na aula de 5ºB de Educación Infantil para o proxecto.

Moitos parabéns a todo o alumnado, e quero máis e máis fotos!!!!

Bicos Herculinos!!!!





martes, 3 de outubro de 2023

UN CURSO DE PELÍCULA


Ola amiguiños e amiguiñas, estou seguro de que vos coñecedes a Mickey Mouse con moitas cores, pero as primeiras peliculas deste simpático rato eran en blanco e negro. Por que o cine cando comezou, que o saibades, non tiña cores!
Velaí vos deixamos unha delas, esperamos que a desfrutedes.




 

domingo, 1 de outubro de 2023

BENVIDAS E BENVIDOS


 

Ola amiguiñas e amiguiños, non sabedes o felices que estamos Herculina e eu de volver a compartir con vós este curso.

Pasamos un verán fantástico, estivemos con moitos amigos e amigas, e menos mal que tiñamos o frescor das árbores do bosque, porque fixo moita moita calor.

Esperamos que as vosas vacacións tamén fosen fantásticas, seguro que si, e agora toca desfrutar deste curso que promete moito, porque díxome un paxariño que vai ser un "Curso de película".

Como a nós tamén nos gusta moito o cine, seguro que poderemos compartir películas e que faredes actividades sobre o cine estupendas!

Por certo, agora somos tres vivindo na casa. Este verán, a miña amiga Herculina, coñeceu a que é a súa noiva, así que a familia aumenta. Chámase Lúa, mirade que nome máis fermoso, e seguro que a ela tamén lle apetece compartir con vós as súas lecturas e películas.

E, como xa sabedes que empezou a miña estación favorita, o outono, hoxe deixámosvos un conto animado sobre esta estación que espero que vos guste!

Veña, que pronto comeremos castañas! ÑAM ÑAM!!!


BICOS HERCULINOS!!!!


AUTOMNE