martes, 30 de novembro de 2021

CANTA COMIGO


 Ola amiguiñas e amiguiños, hoxe vos deixo unha canción dos meses do ano. Xa que só nos queda un mes para rematar este ano, imos cantar os doce meses do vindeiro!

Bicos Herculinossssssss!


OS MESES DO ANO. MAGÍN BLANCO



domingo, 28 de novembro de 2021

CONTOS ANIMADOS


Ola amiguiños e amiguiños, vou a contarvos unha historia. Cando era neno, tiña moito medo a subir ás árbores, pero tamén sentía moita envexa cando vía aos meus amigos e amigas trepar como se fosen chimpances. Eu sentíame torpe, porque cada vez que o intentaba, caía, e logo doíame o cu toda a tarde.

Pero grazas a ese medo que tiña a trepar ás árbores, coñecín a miña amiga Herculina. Ela é unha gran trepadora, e cando se decatou do meu medo, animoume a acompañala a subir a unha árbore que non era das máis altas, pero así collín confianza e agora xa son un bo trepador, non tan bo como ela, pero estou feliz de ter superado ese medo.

Lembrei esta historia cando vin este vídeo. Espero que vos guste.

Bicos de Herculinosssssssss!




xoves, 25 de novembro de 2021

O CONTO DOS VENRES


Ola amiguiñas e amiguiños, o conto de hoxe é tamén un dos nosos favoritos. Nos esquezades que é moi importante axudarnos entre todos e todas. Herculina e mais eu temos as tarefas da casa repartidas e cando imos recoller froitos ao bosque tamén levamos unha bolsa cada un de nós para así repartir o peso.
Estamos seguros de que vós tamén axudades nas tarefas da casa, non si?
Moitos bicos herculinossssssss!!!!

ARTURO Y CLEMENTINA






 

martes, 23 de novembro de 2021

CANTA COMIGO

 



Ola amiguiñas e amiguiños, unha preguntiña que vos facemos Herculina e mais eu: Os nenos e as nenas somos iguais?





domingo, 21 de novembro de 2021

CONTOS ANIMADOS


 

Ola amiguiñas e amiguiños, esta semana, como o 25N é unha data moi importante para eliminar a violencia contra a muller. Por iso, Herculina e mais eu estivemos pensando que esta semana imos escoller contos que nos contan historias sobre como as persoas, sexamos do xénero que sexamos, nenas ou nenos, somos todas iguais.

O de hoxe titúlase Rosa caramelo. Esperamos que vos guste!

Bicos de Herculina e Herculino!


ROSA CARAMELO. Adela Turin











xoves, 18 de novembro de 2021

O CONTOS DOS VENRES


 

Ola amiguiñas e amiguiños, aquí vos deixo un conto moi fermoso que titúlase A viaxe das bolboretas.

A min gústanme moito as bolboretas, e a vós?

Boa fin de semana do voso amigo Herculino!

Bicos Herculinosssssss!


A VIAXE DAS BOLBORETAS




martes, 16 de novembro de 2021

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, entereime que o outro día estivo no colexio o meu amigo Paco Nogueiras. Canto me alegro de que poidesedes desfrutar das súas alegres cancións. Por iso, hoxe, xa imaxinades de quen é canción... e ademais gústame moito porque fala das árbores do bosque.

Espero que vos guste!

Bicos Herculinossssss!

COS PES NA TERRA. PACO NOGUEIRAS



luns, 15 de novembro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 


Ola amiguiñas e amiguiños, estou moi contento porque xa empezáchedes a gravar vídeos recomendando libros. Así tamén eu podo coñecer contos e buscalos na biblioteca.

Gústoume moito o que nos conta a compañeira Alejandra de 2ºB, e como non coñecía estes contos, pois agora penso lelos. Como mola a vosa comunidade de Booktubers!

Moitas grazas, Alejandra!!!

Bicos Herculinosssssss!




domingo, 14 de novembro de 2021

CONTOS ANIMADOS

 


Ola amiguiña e amiguiños, esta fin de semana estivemos facendo limpeza no bosque, si, aínda que vos sone raro, tamén temos que limpar o bosque, e sabedes por que? Pois porque hai persoas que cando veñen a disfrutar da natureza, non se molestan en deixala limpa e tiran plásticos, papeis... eu sei que vós non facedes iso e que cando paseades polo bosque ou pola praia, recolledes e deixades todo limpo.

Pois como vin esta curtametraxe que me gustou moito, aquí vola deixo para que sigades a ser persoas limpas e respectuosas coa natureza.

Iso si, como me doen as costas de tanto recoller!

Bicos Herculinosssssssss!



LEMON










xoves, 11 de novembro de 2021

O CONTO DOS VENRES

 


Ola amiguiñas e amiguiños, xa vedes que esta semana ando moito polo ceo, por iso este conto que todas e todos seguro que xa coñecedes, pero a que mola moito!


A QUE SABE A LÚA?





martes, 9 de novembro de 2021

CANTA COMIGO

 


Ola amiguiñas e amiguiños, pois xa que andiven mirando tanto para o fermoso ceo, aquí vos deixo unha canción sobre a lúa, porque eu tamén quero a lúa!




LÚA. SONÁRBORE





domingo, 7 de novembro de 2021

CONTOS ANIMADOS

  


Ola amiguiñas e amiguiños, vou contarvos unha actividade moi fermosa que fixen esta fin de semana. Como foi tan bo tempo, fun con Herculina e uns amigos e amigas a ver estrelas. E claro, vos estaredes a preguntar como vin as estrelas! Un dos meus amigos ten un telescopio, mira agora que o penso é un bo agasallo para pedir en Nadal! Pois ao que ía, que me perdo! Quedamos para ver estrelas e disfrutamos moito porque son moi fermosas. Sabedes que ademais, as estrelas forman constelacións e tiven a sorte de ver á Osa Maior! Que ben o pasei!

Por iso vos deixo este corto animado, espero que vos guste!

Bicos Herculinosssssssss.


SOAR



xoves, 4 de novembro de 2021

O CONTO DOS VENRES


 

Ola amiguiñas e amiguiños! Vou poñelo con letras maiúsculas... CANTO ME GUSTOU A VOSA CABAZA DAS EMOCIÓNS, MOLA, MOLA MOITO!!! MOITOS PARABÉNS ÁS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE 4ºB de E. Infantil!!! Ata teño unha foto!!!


Pois xa que imos de Samaín, espero que vos gustara a canción, aquí vos deixo un conto que xa sei que é un dos vosos favoritos.

Boa fin de semana e moitos bicos Herculinossssss!




CORRE CORRE CABACIÑA. Eva Mejuto e André Letria. Edt. OQO





martes, 2 de novembro de 2021

CANTA COMIGO


Ola amiguiñas e amiguiños, que tal estivo o voso Samaín? Eu paseino moi ben! Fixemos unha festa no bosque e pasei algún momento de medo. Un amigo fixo un tunel do terror nunha árbore e que sustos levei. Até me deron cunha pota na cabeza, menos mal que con este pucho que levo aínda non me doeu moito, pero o susto non mo quitou ninguén.

Aquí vos deixo unha canción do Samaín, porque o outro día con todos os recados que tiven que facer para decorar a casa, tedes que perdoar, pero esquecín poñer unha canción dedicada a esta festa.

Velaí a tedes!

Bicos Herculinosssssss!



O SAMAÍN. UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA