xoves, 26 de abril de 2018

luns, 23 de abril de 2018

O PATIO DO NOSO COLEXIO ENCHEUSE DE HISTORIAS

Hoxe o patio do noso colexio encheuse de voces que leron fermosas historias, de nenas e nenos que escoitaron e gozaron delas. Preme na imaxe para ver máis fotos.

Grazas a tod@s por compartilas!!!


RECOMENDAMOS




Hoxe vos recomendamos que pasedes pola biblioteca e leades este fermoso e interesante libro sobre a vida da autora á que se adican as Letras Galegas, María Victoria Moreno.
Sabedes quen escribiu este libro? As nenas e nenos de 3º seguro que si. A autora é Eli Ríos, a mesma que escribiu Marta e a pintega e que veu visitarnos a nosa biblioteca.

Veña, a por el!!!

domingo, 22 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO


Morris Lesmorre amaba as palabras
Amaba as historias.
Amaba os libros.
A súa vida era un libro que el mesmo escribía,
metódicamente, páxina tras páxina.
O abría cada mañá e escribía sobre as súas penas,
alegrías e todo o que sabía e anhelaba.


En vós tamén hai unha historia para escribir, porque iso é o que conteñen os libros, historias.
Escribir é buscar as palabras que dan significado as vosas alegrías, desexos, tristezas... 
Desde que nacedes, ides construindo ese libro único, irrepetible,  e quen sabe se algún día unha nena, cos pes de punta e o brazo estirado, colle a vosa historia dun andel dunha biblioteca, a leva a casa, e na noite da súa habitación, coa lámpada acesa, empeza a ler.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!


luns, 16 de abril de 2018

QUEDAN 6 DÍAS PARA...



Por culpa do fachendoso galo don Pío, as galiñas e os paxariños son as únicas criaturas que non poden vivir en liberdade na aldea.
A envexa e a ambición que sinte son tan grandes que o levarán a soidade máis absoluta.

O Cataventos. María Victoria Moreno.

QUEDAN 7 DÍAS PARA...


luns, 9 de abril de 2018

RECOMENDAMOS.



María Victoria Moreno


Ata o 17 de maio, nesta sección do noso blog imos ir coñecendo un pouco máis á autora á que se lle adican as Letras Galegas 2017, María Victoria Moreno. Na biblioteca podedes gozar dos seus libros.

María Victoria era unha boa estudante. Gustábanlle as matemáticas, parecíalle que abondaba con entendelas, pero deixou as contas polos contos, escolleeu letras debido á fascinación que espertaron nela o latín es as historias do mundo clásico da man da profesora Rosa Juliá. En Barcelona decidiu que quería dedicarse ao ensino e ali descubriu o Quixote, que leu dunha sentada. As cousas que lle pasaban ao fidalgo non a facían rir, nin sequera cando o cabaleiro libera das cadeas uns presos que ían camiño de galeras e que lle pagan guindándolle pedras e moéndoo a paus, nin na loita contra os muíños, nin cando tomou un rabaño de ovellas por un exército que viña cara a eles... Non había na historia loitas, encantamentos, desatinos, disparates ou amores que lle parecesen divertidos. Metíase na pel de don Quixote e só podía sentir mágoa do que lle pasaba ao bondadoso e soñador cabaleiro andante. Ela mesma tivo na súa maneira de entender a vida e na entrega ás causas que lle parecían xustas, un xeito quixotesco de proceder ás veces, como na seguinte historia:

Se chegaba á libraría alguén a quen lle interesaba un libro e dicía que non levaba cartos, ela facíalle levalo de todos os xeitos. En moitos casos esquecían volver para pagar. Outras veces, xa directamente os regalaba, o mesmo que facía cos préstamos de diñeiro da súa conta persoal.

Texto extraido do libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito"

domingo, 8 de abril de 2018

CONTOS CURTOS. ISAO TAKHATA



O xoves 5 de abril, recibimos a triste noticia de que Isao Takahata deixounos. Sen este cineasta o mundo do anime non sería o que é. Moitas xeracións lle debemos tardes moi entretidas con Heide e Marco. Mais tamén, entre outras, a fermosa película "La tumba de las luciérnagas". Nesta historia podemos escoitar frases como esta: 

"Se a túa noite é escura, xoguemos a ser vagalumes"

Aquí vos deixamos o trailer desta película.


Este é o trailer da película "El cuento de la princesa Kaguya"



Paga a pena que vexades as súas películas, que sempre contan historias, unha veces tristes e outras non, máis sempre cunha grande sensibilidade e fermosura de imaxes.
Premendo no seu nome, podedes saber máis da vida de Isao Takahata

Que a terra lle sexa leve.

mércores, 4 de abril de 2018

UNHA CANCIÓN PARA O DÍA DO LIBRO



O 23 DE ABRIL CELEBRAREMOS O DÍA DO LIBRO E IMOS BUSCAR CANCIÓNS QUE FALEN DISO, DOS LIBROS. INTERPRÉTAA PABLO DÍAZ E FORMA PARTE DO SEU LIBRO-DISCO TIC-TAC. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.

luns, 2 de abril de 2018

RECOMENDAMOS


O día 2 de Abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil. Escolleuse esta data porque é o día que naceu o escritor Hans Christian Andersen. Autor de contos tan coñecidos como: "A Sirenita", "O reiseñor", "O patito feo" ou "O soldadiño de chumbo".

Seguro que leíchedes algún dos seus contos, non si?