luns, 9 de abril de 2018

RECOMENDAMOS.



María Victoria Moreno


Ata o 17 de maio, nesta sección do noso blog imos ir coñecendo un pouco máis á autora á que se lle adican as Letras Galegas 2017, María Victoria Moreno. Na biblioteca podedes gozar dos seus libros.

María Victoria era unha boa estudante. Gustábanlle as matemáticas, parecíalle que abondaba con entendelas, pero deixou as contas polos contos, escolleeu letras debido á fascinación que espertaron nela o latín es as historias do mundo clásico da man da profesora Rosa Juliá. En Barcelona decidiu que quería dedicarse ao ensino e ali descubriu o Quixote, que leu dunha sentada. As cousas que lle pasaban ao fidalgo non a facían rir, nin sequera cando o cabaleiro libera das cadeas uns presos que ían camiño de galeras e que lle pagan guindándolle pedras e moéndoo a paus, nin na loita contra os muíños, nin cando tomou un rabaño de ovellas por un exército que viña cara a eles... Non había na historia loitas, encantamentos, desatinos, disparates ou amores que lle parecesen divertidos. Metíase na pel de don Quixote e só podía sentir mágoa do que lle pasaba ao bondadoso e soñador cabaleiro andante. Ela mesma tivo na súa maneira de entender a vida e na entrega ás causas que lle parecían xustas, un xeito quixotesco de proceder ás veces, como na seguinte historia:

Se chegaba á libraría alguén a quen lle interesaba un libro e dicía que non levaba cartos, ela facíalle levalo de todos os xeitos. En moitos casos esquecían volver para pagar. Outras veces, xa directamente os regalaba, o mesmo que facía cos préstamos de diñeiro da súa conta persoal.

Texto extraido do libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito"

Ningún comentario:

Publicar un comentario