martes, 17 de outubro de 2017

CARTA DE HERCULINO










Queridas amiguiñas e amiguiños:

Sei que estaredes preocupados por que o luns non vos mandei unha carta, pero estou moi tristeiro y non podía escribir nada.
Seguro que xa sabedes porque poño esta fotografía. Esta fin de semana houbo moitos incendios en Galicia. Arderon moitos bosques e morreron moitos animais. Aos gnomos, que como sabedes, vivimos nos bosques, isto ponnos moi tristes xa que é o noso fogar.

Os bosques son moi importantes para todos nós, sin eles non poderíamos respirar, son como os nosos pulmóns. Por iso, temos que querelos e coidalos moito.

Cando vaiades a pasear polo campo ou por un bosque, nunca prendades lume, vixiade que os maiores non tiren gabichas e se ides a comer, non tiredes papeis no chan, gardadeos nunha bolsa e despois tirades o lixo nun contenedor.
Tamén é moi importante que os maiores coiden e manteñan limpo o campo, e que non se planten tantos eucaliptos que non son bos para a nosa terra e arden con moita facilidade.

Xa sabedessssss… COIDADE OS BOSQUES.
BICOS GNOMICOS SEMPRE CO NARIZ.


HERCULINO.

Ningún comentario:

Publicar un comentario