martes, 18 de outubro de 2016

SABEDES QUE...

EN GALICIA E EN ÁFRICA TEMOS PAXAROS MOI FERMOSOS?

Este trimestre imos dedicalo, nesta entrada do blogue aos paxaros de Galicia e aos de África. Ademáis no colexio tedes unha exposición moi interesante sobre paxaros. Pasade a vela.

Hoxe imos a coñecer ao "Colibrí".


O colibrí é un paxaro moi curioso. É o único que pode voar cara atrás. O seu corazón pode latir até 1.200 veces  e pode realizar 500 respiracións, todo nun minuto.
Non hai ningún paxaro que poida quedar suspendido no aire como el e, ademáis é capaz de facer cambios bruscos de dirección no aire, coa precisión dun helicóptero.





Este é o "Rolieiro Peito Violeta". Vive entre Namibia e Mozambique. Habita bosques e sabanas. O seu pico e os seu ollos son negros como o acibache.



Fermosos verdade!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario