mércores, 12 de outubro de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA.


Imos a continuar aprendendo sobre as máscaras africanas ...


Desde o inicio da historia, as tribos africanas nas súas danzas usan máscaras que representan deuses, espíritos .... As máscaras son unha parte da súa cultura.

Cal é proposito destas máscaras?

As máscaras non se levan postas todos os días, son para momentos especiais. Cando agradecen aos deuses as boas colheitas nos campos; cando celebran que unha nena convertesse nunha moza; tamén cando se pon o sol no solsticio de inversno...






Que materiais empregan?

As máscaras africanas poden estar feitas de madeira, cobre, bronce, marfil ou terracota. Soen decoralas con cunchas, contas, peles de animais, ósos ou follas de plantas. Con todo, o material preferido é a madeira, xa que cren que as árbores teñen alma, facendo da máscara de madeira un recipiente natural para que o espírito poida vivir nela.
Cando se termina de tallar, unha máscara pode ser pintada cunha variedade de tinguiduras vexetais, pinturas feitas de terra ou insectos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario