mércores, 19 de outubro de 2016

E TI, QUE PINTAS?

Seguro que queredes saber algo máis das máscaras africanas. Hoxe imos a coñecer ao artistas que as crean e o significado que teñen.


Artistas

Un artista de máscaras é unha persoa respetada e admirada na tribo.  E cóstalle moito aprender a facer as máscaras.
Nas tribos africanas, as máscaras son obxectos moi importantes.






Significado profundo


Cando un bailarín ponse unha máscara africana, non está a actuar. A máscara é vista como a conexión ao mundo espiritual, e os deuses, espíritos e devanceiros están convidados a posuír o corpo do bailarín. 
É importante que entendades, que as máscaras africanas, asi como os abalorios que levan na súa vestimenta teñen un significado importante para cada tribo. Non é só unha cuestión estética e moito menos pensedes que é como cando nos disfrazamos no entroido. 
Para eles é unha expresión artística con un significado moi profundo e importante.



Ningún comentario:

Publicar un comentario