martes, 28 de marzo de 2017

SABEDES QUE...

QUE O NOME DOS PLANETAS TEN QUE VER CO NOME DAS DIVINIDADES GREGAS?



A montaña máis alta do sistema solar é o Monte Olimpo, un volcán marciano que ten unha altura de 27 quilómetros, tres veces maior ao monte Everest.





O nome en castelán dos planetas do Sistema Solar, con excepción da Terra, corresponde ao nome dalgunhas divinidades das mitoloxías romana ou grega; Mercurio é o deus romano do comercio; Venus é a deusa romana do amor e da beleza; Marte é o deus da guerra; Júpiter é o deus supremo do panteón romano e creador do universo; Saturno é o deus romano da agricultura; Urano é o deus grego do ceo e Neptuno é o deus romano dos mares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario