Ola nenas e nenos:
supoño que xa me coñecedes pois tiven a
sorte de ser retratado por un gran pintor na vosa biblioteca.
Chámome Herculino,
teño 230 anos e estou aquí para axudar a Draco, que como vedes xa está tan
maior que pasa os días tombado na cadeira de brazos.
Eu son un gnomo, e
por se non o sabedes unha das nosas características é ter telepatía, por
iso estou seguro que a través dela
poderemos comunicarnos moi ben.
E vos estaredes
preguntando que é eso da telepatía? Pois é cando dous ou máis seres coinciden
nos seus pensamentos aínda que non teñan pistas de ningún tipo, xa me
entendedes.
Mais teño que
recoñecer que ás veces a telepatía sofre interferencias e non me preguntedes o
porqué. Así que imos facer unha cousa: todos os venres teredes unha notiña miña
nesas caixas de cores que tedes colgadas polos corredores do colexio ou nas
vosas aulas e na fin de semana eu, ou un dos meus axudantes, pasara a recoller
as que vós me deixedes a min.
Sabedes que aos
gnomos gústannos moito as pedras pintadas de cores e con letras? Se queredes
deixarme algunha estarei encantado de recibila.
Gussssstanme moito
os agassssallossss. Vaia, xa se me escapou o “S” pásame ás vecessss, tedes que
perdoar. Tamén teño outros problemiñas, pero xa volos irei contando.
Espero ser un bo
axudante de Draco e que me collades moito cariño.
PD: por certo,
unha das cousas que máis me gusta é ler. Se queredes podedes recomendarme
libros.
Bicos gnómicos. Xa sabedes co nariz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario