miércoles, 14 de septiembre de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

Este curso, como xa sabedes moitos, imos a coñecer a través do noso proxecto da biblioteca "E ti, que pintas?" un continente moi fermoso e moi querido por todos nós, xa que son moitos os compañeiros e compañeiras que naceron nel. Temos a gran oportunidade de que nos podan contar moitas cousas de países cono Nigeria, Senegal ... así que temos que aproveitala. Haberá, ao longo destes meses, moitas sorpresas relacionadas con África, e faremos todo o posible para que cando remate o curso este continente sexa un lugar do que nunca nos esqueceremos, e quen sabe, ao mellor algún día poderedes visitar. Para ir empezando esta interesante andaina, aquí tedes un video que montamos para todos vós.A música é de Cesarea Évora, unha cantante de Cabo Verde. Disfrutádeo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario