miércoles, 28 de septiembre de 2016

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

A arte africana está chea de fermosas historias. Pero para ir aos poucos coñecendo a pintura africana, temos que empezar polas pinturas rupestres, que son as que pintaban en rocas ou cavernas. 

A historia da arte africano  é moi antiga. As pinturas máis antigas que podemos atopar son as pinturas e gravados en pedra dun lugar chamado Tassili, que está no deserto do Sahara.

Un lugar máxico, no que pola noite o ceo énchese de milleiros de estrelas.







Os homes e mulleres que viviron aquí hai uns 8.000 anos fixérono nun verdadeiro paraíso de prados verdes e bosques.
Nelas poden verse animais propios da Sabana africana. E aos humanos que conviviron con eles, os seus deuses, os seus símbolos, os seus mitos.

Aquí tedes algúns exemplos. Fermosas, non si?




No hay comentarios:

Publicar un comentario