martes, 20 de octubre de 2015

SABEDES QUE ...

O CEREBRO É O XEFE DO NOSO CORPO?


Como é que lembras o camiño á casa dun amigo? Por que parpadeas sen sequera pensalo? De onde veñen os soños? O teu cerebro está a cargo destas cousas e de moitas outras máis.

De feito, o cerebro é o xefe do teu corpo. Dirixe todo, controlando case todo o que fas, aínda cando estás a durmir. Isto é incrible, tendo en conta que parece unha gran esponxa gris e engurrada.

Nestes videos Fundi vos explica como funciona o noso cerebro, unha tarefa moi difícil.


No hay comentarios:

Publicar un comentario